Laxeiro, debuxos inéditos I

05.07.2002 – 28.07.2002
Planta Baixa. Casa das Artes. Vigo

Composta por cincuenta obras sobre papel de Laxeiro, esta é a primeira achega da serie “Debuxos inéditos” que todos os anos amosa unha pequena parte da obra sobre papel que a Fundación Laxeiro vai descubrindo como producto do seu traballo de investigación cara á catalogación completa da producción de Laxeiro.

Esta exposición, que se nutre de obras de particulares que a Fundación Laxeiro leva catalogoando desde hai dous anos, amosa o Laxeiro máis inmediato. Composta na súa totalidade por bocetos e estudios do artista, é unha ollada á parte máis procesual do pintor de Lalín.

Os motivos plasmados nas obras, dan boa conta das fontes de inspiración de Laxeiro: paisanos, paisaxes, maternidades, mulleres, etc., nos dín que Laxeiro era un artista a pe de rúa e nos amosa a vertente debuxística do artista, técnica que nunca deixou de practicar, desde os seus anos mozos, cando como barbeiro percorría as vilas da comarca do Deza, ata a última etapa da súa vida, cando era parte da paisaxe humana da cidade de Vigo, sempre preparado para debuxar en calquera soporte improvisado: desde os panos de calquera bar, ata en papeis reciclados de carteis e afiches.

Esta mostra, a primeira dunha serie que a Fundación adicará ó aspecto debuxístico do pintor, comprende pezas que van desde os anos trinta ata os anos setenta, co que se pode facer un percorrido bastante completo pola súa traxectoria debuxística, desde a súa mocedade como artista xove, ata os primeiros anos do retorno da Arxentina.

De todolos xeitos, non pretende ter un aspecto cronolóxico, senon que se prantexa como unha mostra inmediata, espontánea, como a propia obra que se amosa.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo