Laxeiro, Catálogo Universal

A Fundación Laxeiro en colaboración con Nova Galicia Edicións,

Presenta:

CATÁLOGO UNIVERSAL DE LAXEIRO.

 

PRESENTACIÓN

 

Por primeira vez en Galicia leva a cabo un proxecto destas características no que se recolle a totalidade da produción artística do artista José Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín, 1908-Vigo, 1996). Un ambicioso proxecto que é froito de dez anos de investigación por parte da Fundación Laxeiro que agora ve a luz, nunha cuidadísima publicación realizada por Nova Galicia Edicións.

 

A publicación recolle un total de 3.581 obras catalogadas nunha completa ficha técnica que consta de:

 

Imaxe a toda cor

Referencia

Título

Data

Técnica

Medidas

Inscricións

Bibliografía

 

Editada en tres versións: galego, castelán e inglés, a publicación consta de tres tomos, nos que se conseguíu unha combinación de gozo para a vista e rigor para o estudo.

 

Os dous primeiros tomos, de máis de 300 páxinas cada un, recollen unha selección dunhas 500 obras, seleccionadas por o Comité técnico da Fundación Laxeiro, magníficamente reproducidas a toda páxina. Ademais, inclúe diversos textos sobre a figura e o traballo do pintor e 25 pezas comentadas por especialistas.

 

O terceiro tomo inclúe a reprodución reducida de todo o corpus que forma a catalogación universal que suman un total de 3.581  referencias, e un DVD no que se clasifica cada unha das obras, a ficha técnica e diferentes posibilidades de procura.

 

A CULMINACIÓN DUN TRABALLO DE DEZ ANOS

 

Nunca antes en Galicia acometerase unha catalogación tan exhaustiva do traballo dun artista galego, supoñendo, por tanto este proxecto, un fito na profundización, estudo e difusión da cultura galega, neste caso, no campo da arte, co que se converte nunha ferramenta importantísima para difundir o legado dun dos artistas galegos máis influíntes do século XX.

 

Este proxecto é a culminación de 10 anos de traballo da Fundación Laxeiro, Un camiño longo que comezou, en 1999 coa posta en marcha do servizo de catalogación e expertización, a partir do cal, a Fundación Laxeiro decatouse da necesidade de sistematizar e catalogar toda a produción inédita que chegaba ao Comité técnico da Fundación Laxeiro para ser examinada. O que nun principio parecía que ía ser unha vía de localización de pezas anecdóticas e curiosidades, pronto se converteu nunha canle de coñecemento de grandes dimensións, o que desembocou na posta en marcha do proxecto que agora presentamos.

 

Mediante este servizo de catalogación e expertización, localizáronse unhas 2.000 obras inéditas que, unidas á reordenación das que xa estaban publicadas en diversos catálogos, constituíron o corpus de investigación do proxecto.

 

O esforzo foi considerable, tanto no exame de cada obra, como no rastrexo bibliográfico e no fotografado das mesmas. Unha tarefa complexa ao ter que traballar con imaxes de moi diversas procedencias, formatos, soportes e calidades.

 

CARACTERÍSTICAS DA PUBLICACIÓN

 

Este proxecto supón a publicación máis relevante realizada sobre Laxeiro ata o momento, imprescindible para estudiosos, comisarios e críticos, así como realmente atractiva para calquera afeccionado ao mundo da arte.

 

A súa achega, ademais dunha actualización bibliográfica pormenorizada de cada obra catalogada, consiste na catalogación de 2.000 obras inéditas, das que 139 son obras sobre tea e 1.679 son obras sobre papel, ademais de 130 pezas inéditas doutras técnicas.

 

A publicación inclúe unha serie de textos técnicos como son unha bibliografía actualizada sobre o artista, con 196 referencias, unha bibliografía das súas colaboracións como ilustrador, con 37 referencias e unha crono biografía comparada cos eventos máis relevantes no ámbito político, histórico e cultural.

 

En canto á análise da obra de Laxeiro, a publicación conta cun exhaustivo texto crítico do experto na obra do artista, Xosé Antón Castro Fernández e diversos textos asinados por Antonio Bonet Correa, Luís Mª. Caruncho, Román Pereiro, Carlos García-Suárez e Javier Pérez Buján.

 

A publicación detense ademais con detalle en 25 obras que merecen ser destacadas; comentadas por outros tantos autores de prestixio, como son:

 

David Barro, Vitoria Carballo Calero, Luís María Caruncho Amat, Antón Castro Fernández, Susana Cendán, Miguel Fernández Cid, Camilo Franco, José Manuel García Iglesias, Antonio Garrido Moreno, Marta Gerveno, Alberto González Alegre, Xosé Manuel Lens Bruña, Carlos López Bernárdez, Xosé Manuel B. López Vázquez, Manuel Olveira, Román Pereiro Alonso, Javier Pérez Buján, Mercedes Rozas, Alberto Ruiz de Samaniego, Beatriz de San Ildefonso, María Luisa Sobrino Manzanares, Carlos Valle Pérez e Ramón Villares Paz.

 

TEXTOS

TOMO I

 

Presentación……………………………………… Carlos García-Suárez Otero
Laxeiro, la pintura como antropología………….. Antón Castro Fernández
Genio y figura………………….………………….. Antonio Bonet Correa
Camino a Laxeiro………………………………….. Luis María Caruncho Amat
Laxeiro, 1970-1996………………………..………. Román Pereiro Alonso

 

 

Obras comentadas

 

Carnavalada, 1931 / Autorretrato 1934………… Albeto González-Alegre
Carretón de niños, 1934……………..……………. Xosé Manuel B. López Vázquez
Mascarón, 1934…………………………………… Marta Gerveno
Trasmundo, 1946…………………………………. Antón Castro Fernández
Concierto, 1947…………………………………… Victoria Carballo Calero
Banquete de niños, 1949………………………… José Manuel García Iglesias
El Manantial de la vida, 1940……………………. Antonio Garrido Moreno
Cuento de niños, 1951…………………………… Beatriz de San Ildefonso
La virgen del pañuelo, 1951…………………… Xosé Manuel Lens Bruña
Autorretrato, 1952………………………………… Carlos López Bernárdez
Llegada del Rey Breogán a Galicia, 1954……… Javier Pérez Buján
La barca espacial, 1961…………………………. David Barro
Villancico, 1962…………………………………… José Carlos Valle Pérez
Vieja caja de música, 1962……………………… Luis María Caruncho Amat
Fue un hombre, 1963…………………………….. Carlos López Bernárdez
El mundo, 1964…………………………………… Manuel Olveira
La ciudad sumergida, 1964……………………… Marta Gerveno

 

 

TOMO II

 

Apunte biográfico ………………….………………….. Javier Pérez Buján
Crono biografía comparada………………………….. Beatriz de San Ildefonso

Antón Mascato

 

 

Obras comentadas

 

Villancico, 1962…………………………………… José Carlos Valle Pérez
Vieja caja de música, 1962……………………… Luis María Caruncho Amat
Fue un hombre, 1963…………………………….. Carlos López Bernárdez
El mundo, 1964……………………………………. Manuel Olveira
La ciudad sumergida, 1964………………………. Marta Gerveno
Abstracto (sin título), 1965. ………………………. Susana Cendán
Hans de Islandia, 1966……………………………. Miguel Fernández-Cid
Niño jugando, 1967……………………………….. Marisa Sobrino y Ramón Villares
La vida, 1968………………………………………. Alberto Ruiz de Samaniego
El espejo o personaje, 1973……………………… Camilo Franco
El color, 1974……………………………………… Javier Pérez Buján
Homenaje a Lala, 1977……………………………. Román Pereiro Alonso
La familia del Marquesado de la Romea, 1978… Mercedes Rozas
 

Exposiciones Bibliografía general (196 ref.) Bibliografía de ilustraciones (37 ref.) 

 

Tomo III

 

Este tomo leva reproducidas en pequeno formato as 3.581 referencias, co seu número de catalogación e un DVD que contén a ficha completa e a imaxe de todas as obras, con posibilidade de procura por criterios combinados, ademais, da visualización de toda a obra, ordenada cronoloxicamente.

 

Este DVD contén a modo de bonus track, unha fermosa recreación de Trasmundo, 1946 (unha das obras emblemáticas da súa primeira época) en formato vídeo, realizada polo artista Diego Santomé (Vigo, 1966).

 

 

FICHA TÉCNICA

 

Dirección del proyecto………………. Fundación Laxeiro
Dirección de la publicación…………. Antón Pulido Novoa
Producción ejecutiva………………… Carlos García-Suárez Otero
Coordinación…………………………. Javier Pérez Buján
Edición, diseño y maquetación…….. Nova Galicia Edicións
Comité técnico…………………….…. Luis María Caruncho AmatAntón Castro FernándezCarlos García–Suárez OteroRomán Pereiro Alonso (2007-2008)Antón Pulido NovoaAntón Sobral Iglesias (2000-2006) 
Textos………………………………… Antonio Bonet CorreaX. Antón Castro FernándezLuís Caruncho AmatRomán Pereiro AlonsoCarlos García-Suárez OteroJavier Pérez Buján 
Comentarios de obras…………….. David BarroM. Victoria Carballo CaleroLuis María Caruncho AmatSusana CendánMiguel Fernández CidCamilo FrancoJosé Manuel García Iglesias

Antonio Garrido Moreno

Marta Gerveno

Alberto González Alegre

Xosé Manuel Lens Bruña

Carlos López Bernárdez

Xosé Manuel B. López VázquezManuel OlveiraRomán Pereiro AlonsoJavier Pérez BujánAntón Pulido NovoaMercedes RozasAlberto Ruiz de Samaniego

Beatriz de San Ildefonso

María Luisa Sobrino Manzanares

Carlos Valle Pérez

Ramón Villares Paz.

 

 

Catalogación y revisión de fichas….. Anxos Loureiro Fontán
Coordinación documentalistas……… María Luisa Sobrino Manzanares
Documentalistas……………………… Paula García-Suárez FernándezAdrián Hiebra PardoMaría Aránzazu Pérez IndavereaClara Rodríguez Cordeiro
Fotografías…………………………… Xulio CorreaCamilo IglesiasAlfonso LubiánIria Matinez MaldonadoPablo MessilCarlos Rodríguez PrietoEnrique Touriño

Xulio Gil

Archivo Caixanova

Archivo Caixa Galicia

Archivo Concello de Vigo

Archivo Museo de Bellas Artes de A Coruña

Archivo Museo Provincial de Lugo

Archivo Fundación Laxeiro

Archivo Xunta de Galicia

Archivo Museo de Pontevedra

Archivo Museo Nacional de Bellas Artes de Buenos Aires

Archivo Museo de Arte Moderno de Buenos Aires

Archivo Parlamento de Galicia

 

Archivo Museo do Pobo Galego Archivo Fundación FeimaArchivo Fundación MapfreArchivo Fundación María José JoveArchivo Fundación Vicente Risco. Allariz. OurenseArchivo Biblioteca Francisco Fernández del Riego. VigoArchivo Centro Gallego de Buenos AiresArchivo Museo Ramoneda, Jujuy, Argentina

Archivo Museo Carlos Maside

Archivo Nova Galicia Edicións

Archivo Galería Manzano

Archivo Galería Montenegro

Archivo Guillermo Aymerich

Archivo Antón Castro Fernández

Archivo Luis Mª. Caruncho Amat

Archivo Dolores de Mello Vassao

Archivo Manuel Moldes

Archivo Antón Pulido Novoa

Archivos particulares.

 

Aplicación informática………………. Plexus

 

 

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo