Laxeiro 2015: Silverio Rivas

para premios laxeiro

Silverio Rivas (Ponteareas, Pontevedra, 1942) foi pioneiro na escultura abstracta en Galicia, sabendo recoller a tradición escultórica galega que arranca do Mestre Mateo; o saber dos escultores galegos da xeración anterior como Camilo Nogueira ou Xoan Piñeiro e, con toda esa bagaxe, penetrar nos camiños da abstracción, a partir da síntese do construtivismo e as formas orgánicas. A súa admiración polo escultor romanés Constantin Brancusi lévalle a interesarse pola busca da forma pura, liberando á escultura de narratividade para concentrarse en cuestións de equilibrio e tensión entre forma e volume, espazo cheo e espazo baleiro, preocupacións que o artista galego leva a materiais como a madeira, o bronce, o aceiro, a fibra de poliéster, a cerámica, e a pedra, especialmente o granito.

Membro do grupo Atlántica a principios dos anos Oitenta, será a finais desa década e durante os anos Noventa, cando Silverio Rivas alcance a súa madureza artística e se faga un merecido oco no panorama da escultura contemporánea española.
Dende os anos setenta expón con regularidade, ademais de en España, en diversos países europeos, principalmente en Francia (onde mantén un dos seus estudos dende finais dos anos setenta) e Bélxica.

Outros Premios Laxeiro

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo