Laxeiro 2012. Luis María Caruncho Amat

Luis María Caruncho Amat

24.02.2012

Artista, deseñador, xestor cultural, crítico e comisario de exposicións.

A condición de galego de Luis Caruncho -nado en A Coruña en 1929-, ten proxectado o universalismo da súa obra en todo momento, tal e como corresponde a esa orixe onde tantos nomes souberon compaxinar a conservación duns valores autóctonos e a dimensión do seu pensamento a tódolos niveis. E así, Caruncho, dende a súa triple actividade de pintor, escultor e gravador soubo manter esas premisas. En unión da súa familia, en 1940 trasládase a Madrid, onde tras concluir os seus estudos de bacheralato e desistir do ingreso na Academia General del Aire, guiado por ese instinto vertixinoso que o levaba ao dinamismo e á velocidade -tamén participaría en competicións deportivas de moto e automóbil-, a súa atracción cara ós ámbitos do deseño e a construción lévanno á Escola de Enxeñeiros Industriais e á de Arquitectura. Mais a súa vocación artística xa está definida, e inicia unha formación múltiple e complexa, guiado pola curiosidade e a heterodoxia do seu carácter neste aspecto, acudindo á Escola de Artes e Oficios, ao Museo de Reproduccións Artísticas e ás clases doCírculo de Bellas Artes, levando a cabo estudos sobre Historia da Arte na Universidade de Aix-en-Provence (Francia).

Conclúe a súa formación na Escuela de Arquitectos T. y en Artes Aplicadas e viaxa constantemente por diversos países europeos e americanos, acudindo con asiduidade á casa-obradoiro do pintor Daniel Vázquez Díaz, un dos grandes representantes da vangarda histórica española, con quen lle unían lazos amizosos de familia e a quen pode considerarse o seu verdadeiro mestre. Aínda que pinta dende os anos 50, é a partires de 1970, e cunha forma xa madura, cando a obra de Caruncho aparece nas principais exposicións colectivas da nova vanguarda española, representando ao seu país nas bienais de Valparaíso, Alejandría y Sao Paulo, entre outras, ao tempo que leva a cabo importantes mostras individuais. A súa obra está representada en coleccións nacionais e extranxeiras e en máis de 30 museos, entre estes: Museo de Arte Contemporáneo de Villafamés (Castellón); Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, A Coruña; Museo de Arte Contemporáneo de Buenos Aires, Argentina; Museo de Arte Contemporáneo Zabala, Cuenca; Museo de Bellas Artes, Bilbao; Museo de Albacete; Museo de Arte Contemporáneo Andalucía (Aracena-Huelva); Museo Municipal de Córdoba, Argentina; Museo Internacional de Arte Contemporáneo, Lanzarote; Museo de la Universidad de México, (D.F.); Museo Municipal de Bellas Artes, Santander; Museo de Arte Contemporáneo de Sofía, Bulgaria; Museo de Bellas Artes de San Carlos, Valencia; Museo Municipal de Arte Contemporáneo, Madrid; Fundación Museo Salvador Victoria, Rubielos de Mora, Teruel; Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid: Museo de Arte Moderno de la Villa de París, Francia.

En 1976 asina en Nova York, durante unha exposición alí presentada, o “Manifiesto del Grupo Abierto de Arte Constructivo Tridimensional (ACT)“, cos artistas Feliciano Hernández, José María de Labra, Maribel Nazco, Salvador Soria, Senén Ubiña e Ricardo Ugarte, e o Director do Museo Español de Arte Contemporáneo e crítico de arte Carlos Areán. A principios dos anos 70 forma parte do denominado grupo de Constructivistas Españoles, e nos anos 80 funda o Grupo Ruedo Ibérico con José Caballero e Álvaro Delgado, ao que se unirán de seguido, José María Iglesias, Salvador Victoria e José Luis Fajardo, cos teóricos Profesor José Luis Morales y Marín e o poeta e novelista José Manuel Caballero Bonald.

Tras ingresar en 1957 no Gabinete Técnico do Concello de Madrid, e posterior excedencia, dirixe durante vinte anos o gabinete de proxectos dunha empresa de construción con realizacións en todo o territorio nacional, realizando numerosos proxectos como o da Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, A Coruña. A súa recoñecida experiencia en deseño e maquetación de libros e catálogos de arte e literatura, así como a súa traxectoria como organizador de grandes exposicións e eventos culturais, leváronno a facerse cargo de importantes mostras, entre outras, J. Solana, Cossío, Exposicións Nacionais do seculo XIX, O Pintores da Ilustración, A Experimentación na Arte, Sete Pintores Españois da Escola de París. Foi comisario das semanas de Madrid en Praga e de Madrid en México. Foi Comisario das 8 primeiras bienais Mostra Unión Fenosa.

Traballou igualmente no eido da escenografía, sendo autor dos espazos escénicos para o Ballet España: “El Amor Brujo” de Falla, “La Celestina” de Fernando de Rojas con música de Manolo Sanlúcar, e “Caín y Abel” para o Ballet del Teatro Lírico Nacional baixo a dirección de Maya Plisetskaya, “Esta noche ¡gran velada!” de Fermín Cabal para o Centro Dramático de la Costa del Sol.

Para o director Alberto González Vergel igualmente realizou a escenografía de “Porfiar Hasta Morir” de Lope de Vega. Director da colección bilingüe “Xanela”, autor de numerosos artigos, tendo publicado os libros “Noticia de las Corralas de Madrid” e “Primitivos Contemporáneos”, co profesor Morales y Marín. Tamén é autor dun importante traballo teórico sobre a arte constructivista, “Vicisitudes del Plano“, e extensas biografías sobre a obra de Luis Mosquera, Pedro Txillida, José Mosquera, Tino Grandío, María Antonia Dans, Laxeiro e o escultor David Marshall.

Formou parte como membro do xurado de numerosos certames. A súa dimensión cultural levouno a unha prolífera actividade como foi a fundación, asesoría e direción artística dunha asociación cultural dedicada á promoción da arte en Galicia, xunto con Camilo José Cela e Domingo García Sabell, Presidente da Real Academia Galega. En 1974 funda e dirixe en Madrid un Centro Difusor de Arte, a Sala Kandinsky; Xefe de Exposicións dos Museos Municipais de Madrid, Director do Centro Cultural Conde Duque do concello de Madrid, desde o inicio das súas actividades (durante 1992 ocupou o cargo de Director de Exposicións dos Museos Municipais e de Patrimonio Histórico Artístico do Concello de Madrid, retornando a partir de entón á dirección do Centro Cultural Conde Duque hasta 1995, ano no que se xubila). Foi nomeado Director Xeneral vitalicio da recentemente creada Fundación del Museo del Constructivismo Español, con sede en San Pedro de Alcántara – Marbella. Foi director do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (A Coruña). Foi Asesor Plástico da Fundación Marcelino Botín durante dezasete anos, e actualmente é Asesor Artístico da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, da Fundación Laxeiro e Conservador do Museo de Arte Contemporáneo “Vicente Aguilera Cerni” de Villafamés (Castellón), Membro en España da Fundación Cirilo y Metodio – España (Bulgaria), Membro da Board of Advisors de Columbus Grove Gift Corporation (USA), Membro fundador da Asociación Profesional de Galerías de Arte e da súa Xunta Directiva, das Asociacións Nacional e Internacional de Críticos de Arte, e da súa xunta directiva, Periodista de Honra. O Goberno Croata concédelle o título honorario de Reconstrutor de Dubrovnik. A Vila de Padrón nombrao “Fillo de Padrón”, polos seus relevantes méritos en pro da cultura desta cidade. Membro da xunta directiva da Asociación Amigos de Arco. É Patrono da Fundación Cultural RACE, Patrono da Fundación del Museo del Grabado Español Contemporáneo (Marbella – Málaga), Patrono da Fundación Laxeiro (Vigo – Pontevedra), Patrono da Fundación Camilo José Cela e foi responsable da rehabilitación da súa sede, e Académico Correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Malia súa actitude contraria a participar en concursos, está en posesión de relevantes premios, como Medalla do Círculo de Bellas Artes, Primer Premio L’Oréal, Congreso Nacional de Libreiros, Primeiro Premio da Bienal de Barcelona e Primeiro Premio de Pintura BMW. En 1992 concédeselle o Premio Nacional de Pintura Cultura Viva. En 1998 foille concedida pola Xunta de Galicia a Medalla Castelao “como pintor e escultor de proxección universal” e recentemente o Concello de Madrid concedeulle a Medalla o Mérito Artístico.

 

Texto: José Luis Morales y Marín.

Profesor de Historia da Arte aa Universidade Autónoma de Madrid.

Académico C. de las Reales Academias de la Historia y de Bellas Artes de San Fernando.

Outros Premios Laxeiro

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo