Laxeiro, 1930-1980

20.12.2001 – 02.02.2003
destinos da itinerancia:
Patrocina: Caixanova
PONTEVEDRA, OURENSE, A ESTRADA, VERÍN, PONTEAREAS, LUGO, VILALBA, VIVEIRO, VILAGARCÍA, NOIA, MARÍN, CULLEREDO

Despois da experiencia positiva da colaboración con Caixanova, na exposición “Laxeiro, obras da Colección permanente” que itinerou por tres concellos durante o ano 2001, a Fundación Laxeiro e Caixanova organizaron esta nova exposición itinerante, con pezas da propia Fundación e da Colección Caixanova que percorreu 12 concellos galegos durante todo o ano.

Trinta e catro pezas forman esta exposición que percorreu doce concellos de Galicia, amosando a traxectoria de Laxeiro, mediante un itinerario cronolóxico, composto por pezas da Colección permanente da Fundación Laxeiro e da Colección Caixanova que abrangueron un un expectro cronolóxico de cinco décadas, nas que se condensa a producción de Laxeiro. Destacan obras como Trasmundo da Fundación Laxeiro ou Concerto da Colección Caixanova.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo