IV Festival internacional de música contemporánea Fundación Laxeiro

Galicia & Cataluña

28, 29, 30 de setembro de 2004
Salón de actos Museo MARCO
Producción: Fundación Laxeiro
Patrocinio: IGAEM, Xunta de Galicia; INAEM, Ministerio de Cultura; AIE, Asociación de intérpretes y Ejecutantes de España

Seis estreas absolutas no Festival Internacional de Música Contemporánea Fundación Laxeiro que adica a súa IV Edición á música galega e catalana.

28, 29, 30 de setembro. 20.00 horas.
Salón de actos do MARCO, Museo Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Entrada gratuita

Nos seus catro anos de existancia, pasaron xa polo Festival, a totalidade dos compositores máis interesantes da actualidade musical española, entre os que destacan os madrileños José Manuel López (premio Nacional de Música en 2001), Polo Vallejo, que ven de editar un interesantísimo libro sobre as súas investigacións da música infantil dos wagogo de Tanzania, César Camarero, David del Puerto, Jesús Rueda, e outros; o palentino Santiago Lanchares, ou basco Gabriel Erkoreka. Desde a súa primeira edición, o Festival sempre prestou unha espcial atención ó panorama galego, incluíndo obras de compositores como Antón L. Pulido, Javier Arias Bal, Jesús González, Juan Carlos M. Fontana, M. Rodeiro, X. Viaño, M. Balboa, Rogelio Groba, ou Enrique X. Macías de quen levou o nome nas dúa primeiras edicións. A filosofía do Festival sempre prestou especial atención á selección de intérpretes, na procura da mellor interpretación posible, destacando nomes de primeira fila mundial como o cellista francés Pierre Strauch, do Ensemble Intercontemporein de París que dirixe Pierre Boulez, o pianista indonesio Ananda Sukarland, o violista norteamericano D. Quiggle ou o percusionista valenciano Miquel Bernat, todos eles habituais do circuito musical internacional que, ademais compartiron escenario con intérpretes galegos, como a soprano viguesa Carmen Gurriarán, o saxofonista, tamén vigués Pablo Coello, o clarinetista Felipe González, o violinista Marcos Escobar ou a pianista Berta Fresco.

Na presente edición, o festival está adicado á música galega e catalana, ofrecendo un programa que o primeiro día incorpora a ópera, da man da Compañía Acteón, coa obra para soprano, contratenor e música electrónica titulada Fragor, do compositor catalán Eduard Rresina, sendo a primeira vez que se pode ver esta interesante montaxe en Galicia. Os seguintes dous días, o programa estará composto por obras do que conforma a nova xeración de músicos catalanes como A. Carles, M. Ribera, J. Riera e o desaparecido J. Nuix que convivirán coa música galega máis nova, da man de creadores como Gloria Rodríguez, Eduardo Soutullo, A. L. Pulido e Fran Pérez.

O Ensemble Siglo XXI, será o encargado de interpretar as partituras do segundo e terceiro día, na meirande parte dos casos, en estrea absoluta e coa maioría dos autores na sala, o que engade emoción a un interesantísimo programa. Siglo XXI é unha novísima formación integrada por membros da ESMUC (Escola Superior de Música de Catalunya), institución que colabora na presente edición do festival, que naceu da inquedanza de intérpretes e compositores, por establecer canles de traballo que posibilitaran rigor interpretativo á música do noso tempo. Unha idea que conecta directamente coa filosofía do Festival.

PROGRAMA

Martes 28
Eduard Resina
Barcelona, 1961
Fragor **
Ópera para Soprano, Contratenor y electrónica

Combatimento di Tancredi e Corinda
Menstruació

Compañía Acteón
Soprano: Neus Calaf; Contratenor: Xavier Sabata; Dirección Escénica: Claudio Zulian; Axudante de dirección / Ayudante de Dirección: Juanma García; Técnico de luces: Fernando Rojo, Producción executiva / Producción ejecutiva: Montse Herrera

Mércores 29 / Miércoles 29

Agustí Charles
Manresa, 1960
Luna Muerta

Jep Nuix
Barcelona, 1955-98
Fax

Eduardo Soutullo
Vigo, 1968
Quinteto*

Gloria Rodríguez
Mi*

Ensemble Siglo XXI.
Director: Diego Martín; flauta: Irene Ferrer Feliu; clarinete: Ona Cardona Curcó; guitarra: Abel Coca Marín; violín: Oleguer Beltrán; violoncello: Sara Subiela Belda; percusión: Ivan Herranz Muñoz; piano: Roger Sans

Xoves 30 / Jueves 30

Joan Riera
Barcelona, 1968
Estudio de proporciones nº 3*

Fran Pérez
Silleda, 1968
3 Cancións*

Manel Ribera
Manresa, 1974
La fi y el principi de la infantesa*

Antón L. Pulido
Ourense, 1971
Reload*

Ensemble Siglo XXI.
Director: Diego Martín; flauta: Irene Ferrer Feliu; clarinete: Ona Cardona Curcó; guitarra: Abel Coca Marín; violín: Oleguer Beltrán; violoncello: Sara Subiela Belda; percusión: Ivan Herranz Muñoz; piano: Roger Sans

*Estrea absoluta / Estreno absoluto

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo