Ficha técnica:
III Festival internacional de música contemporánea Fundación Laxeiro. Música Oikodynámica
Ed. Fundación Laxeiro
Textos: Arias Bal, J.; Camarero, C.; Lanchares, S.; Del Puerto, D.; Pérez Buján, J.; Perregard, M.; Rodeiro, M.; Torres, J.
galego, castelán
nº pax: 79
Medidas: 23,5 x 16,5 cm.
Encadernación en rústica con gardas
ISBN: 84-932643-7-7
PVP: 10 €
Programa de man da III edición do Festival internacional de música contemporánea Fundación Laxeiro que, nesta ocasión estivo dedicado ao concepto de música oikodynámica, acuñado polo compositor Javier Arias Bal. Ademais dos textos asinados polos compositores arriba indicados, contén unha breve biografía dos artistas participantes, como Javier Arias Bal, César Camarero, Santiago Lanchares, David del Puerto, M. Perregard, Polo Vallejo e Manuel Torres que comentan as súas composicións. Tamén inclúe un texto do Director artístico do Festival, Manuel Rodeiro e un texto de Javier Pérez Buján, Director artístico da Fundación Laxeiro. Os intérpretes foron Aldo Mata, Ananda Sukarland, Benjamin Kreith e Carmen Gurriarán, e contou coa participación dos artistas visuais Francesco Pistolesi, Gemma Graells, Manuel Velasco, Mette Perregard e Claudio Zulián que introduciron obras de video, realizadas específicamente para cada commposición.