III Festival internacional de música contemporánea Fundación Laxeiro

27 e 28 de novembro de 2003

Salón de actos MARCO. Museo de arte contemporánea de Vigo
Produce: Fundación Laxeiro
Patrocinan:
IGAEM, Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo, xunta de Galicia; IGAEM. Ministerio de Cultura

FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA FUNDACIÓN LAXEIRO
O compositor galego afinacado en Madrid Javier Arias Bal, trae por priemeira vez a Galicia, o seu espectáculo multimedia que, baixo o nome MÚSICA OIKODYNÁMICA, reúne á xeración de compositores españois que, durante a última década está a cambiar a linguaxe musical contemporánea.

MÚSICA PRESENTE. UN PROXECTO DE CREACIÓN INTEGRAL
En torno a este proxecto, froito das súas investigacións no eido da composición e da transformación sonora mediante dispositivos electrónicos reúnense, ademais dos compositores que logo citaremos, un grupo de intérpretes, formadado para a ocasión baixo o nome MÚSICA PRESENTE, que conforman un auténtico laboratorio sonoro ó máis alto nivel interpretativo, entre os que se atopa a soprano galega Carmen Gurriarán, que próximamente volverá a visitar a nosa cidade dentro do festival Are More, ou un dos mellores pianistas de música contemporánea do mundo como é o indonesio Ananda Sukarlan, a quen xa tivemos a ocasión de coñecer no ano 2001, na Primeira edición deste Festival.

Ademais, dentro da vocación interdisciplinar do proxecto OIKODYNÁMICA, no espectáculo participan tamén artistas plásticos como a dinamarquesa Mette Perregard, ou os españois Manuel e Luis Velasco, Gemma Graells e Francesco Pistolesi, con pezas de vídeo feitas expresamente para cada composición que se proxectarán simultaneamente á execución das composicións.

O CONCEPTO OIKODYNÁMICA
Como conta o propio Javier Arias Bal, o nome do concerto, Música Oikodynámica, refírese ó uso do movemento do son ó redor do público, conseguindo así un efecto de espacialización sonora que cambia o xeito habitual de escoitar música en directo, utilizando un software deseñado por Javier Arias Bal que permite fixar as traxectorias e as localizacións do son ó redor do público, xerando un espacio virtual onde o son se move.

Este espectáculo estreouse en xaneiro de 2003 no Centro de Cultura Contemporánea Barcelona, (CCCB), sendo a súa representación en Vigo, a segunda vez que se pon en escea. Todas as pezas son estrea en Galicia, agás Urlied de Manuel Rodeiro, Estrea absoluta.

ELENCO DE COMPOSITORES
Como diciamos ó principio, o programa está adicado a esa xeración de compositores españois que están entre os trinta e os corenta anos de idade. Un grupo de compositores que colleu o relevo da xeración á que pertencía o propio Enrique X. Macías ou Francisco Gerrero, e que están sendo os responsables da renovación da linguaxe musical do noso tempo, superadas xa as teses das vangardas históricas da primeira metade do século XX, e propoñendo camiños moito máis asequibles desde o punto de vista da escoita non especializada.
Así, poderemos gozar de obras do propio Javier Arias Bal e artistas da súa mesma xeración como César Camarero, Santiago Lanchares, David del Puerto, Manuel Rodeiro, Jesús Rueda, Jesús Torres e Polo Vallejo. Un elenco de compositores que resumen perfectamente as diferentes tendencias do pensamento musical do noso tempo.

FILOSOFÍA DO FESTIVAL
A Fundación Laxeiro, retorna así ás orixes do Festival, centrando os contidos nas xeracións máis novas, das que, na Primeira edición, tivemos bos exemplos con nada menos que, NOVE ESTREAS MUNDIAIS, seguindo así a vontade do propio Laxeiro de apoiar a creación dos artistas máis xoves que a Fundación amplía a manifestacións e linguaxes que van máis aló das artes plásticas.

PROGRAMA

PRIMEIRA PARTE
Jesús Torres:
Madre, madre (2002). [±5′]

Sobre poema de Vicente Aleixandre.
Do poemario Espadas como labios (1930-1931)

Carmen Gurriarán: soprano
Ananda Sukarlan: piano
Vídeo Gemma Graell.

Jesús Rueda:
Memoria del Laberinto (2000). [±13′]

Ben Kreith: violín
Aldo Mata: violoncello
Ananda Sukarlan: piano
Vídeo de Mette Perregaard

David del Puerto:
Nocturno (2002). [±12′].

Carmen Gurriarán: soprano
Ben Kreith: violín
Aldo Mata: violoncello
Ananda Sukarlan: piano
vídeo de Luis Velasco.

SEGUNDA PARTE

Javier Arias Bal:
Sirens (2002). [±7′]

Sobre un poema de Gioconda Belli chamado El Recuerdo do seu libro El ojo de la mujer

Carmen Gurriarán: soprano
Ben Kreith: violín
Aldo Mata: violoncello
Ananda Sukarlan: piano
Vídeos de Manuel Velasco, con citas (por orde de aparición) de: Garcilaso de la Vega, Marx, Homero, Rubén Darío, Neruda, Joyce, Lope de Vega, Valle Inclán, Lezama Lima, Amado Nervo, Pérez Estrada e Cernuda.

César Camarero:
Cronometría (2000). [±5′]

Ananda Sukarlan: piano

Manuel Rodeiro:
Urlied (2003) [±5′]. Estrea mundial

Carmen Gurriarán: soprano
Ben Kreith: violín
Aldo Mata: violoncello
Ananda Sukarlan: piano

Santiago Lanchares:
Sombra de luna (1996). [±3′]

Aldo Mata: violoncello

Polo Vallejo:
Contorno (2002). [±12′].

Carmen Gurriarán: soprano
Ben Kreith: violín
Aldo Mata: violoncello
Ananda Sukarlan: piano

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo