I Memorial Erique X. Macías de música contemporánea

19.11.2001- 24.11.2001

En recordo do desaparecido compositor vigués, a Fundación Laxeiro organiza a Primeira edición deste festival con nove estreas mundiais, cinco delas, encarga da Fundación Laxeiro.

BERIO – CARTER – CASABLANCAS – ERKOREKA – GONZÁLEZ – GRISEY – HUREL – KODALY LANCHARES – LIGETI – LINDBERG – LÓPEZ – MARTÍNEZ FONTANA – MURAIL PULIDO – RODEIRO – RUEDA – SCELSI – SCIARRINO – STOCKHAUSEN – STRAVINSKY TORRE – TORRES – TURINA – WOLPE – XENAKIS – ZIMERMANN

PRESENTACIÓN
O I Memorial Enrique X. Macías De Música Contemporánea xurde como unha iniciativa para recuperar e honrar a memoria do que fora un dos principais renovadores da composición musical en Galicia e unha das figuras máis transcendentais da cultura da cidade de Vigo nas últimas décadas.

Esta Primeira edición tenta ofrecer un panorama das principais tendencias da música do sséculo XX, ó tempo que unha mostra do máis vivo da creación actual. Á marxe destes contidos, quíxose facer fincapé no apoio e sustento da creación. Así, o Memorial, apresenta nada menos que oito estreas mundiais, cinco delas por encarga da Fundación Laxeiro –principalmente ós creadores galegos e moi especialmente, a un dos compositores españois de maior prestixio e recoñecemento internacional, ademais de recente Premio Nacional de Música, como é o caso de José Manuel López López. O apartado de estreas complétase coa estrea de importantes compositores da escea española, co que se espera ofrecer unha perspectiva o máis ampla posible da creación actual en España.

Para a interpretación de tan complexo programa quíxose igualmente contar co máis granado do panorama internacional –Miguel Bernat, David Quiggle ou Ananada Sukarlan- xunta unha aposta polos xoves intérpretes vigueses, que nos casos requeridos xa teñen demostrado unha moi prometedora traxectoria, que na actualidade completan nos máis prestixiosos centros internacionais; tal é o caso de Pablo Coello, Marcos Escobar ou Felipe González Agell. É por esta, e outras razóns, polas que se centrou nesta edición a programación de obras a solo, nas que o público asistente poderá disfrutar con total transparencia do moi bo facer destes intérpretes.

O Festival conta col patrocinio do CDMC (Centro para la Difusión de la Música Contemporánea, do Ministerio de Cultura) e a colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Vigo.

PROGRAMA
LUNS. 19, 20. 00 h.
Pablo Coello, saxofóns
Marcos Escobar, violín
Felipe Glez. Agell, clarinete

I
Igor Stravinsky, Elegie
Giacinto Scelsi, Maknongan
Stefan Wolpe, Second piece for violin alone
Juan Carlos Martínez Fontana,… y la luna bajo tus pies…*

II
Gérard Grisey, Anubis-Nout
Pierre Boulez, Anthemes
Philippe Hurel, Opcit
Antón L. Pulido, Dúo*
*Estrea mundial. Encarga da Fundación Laxeiro

MARTES. 20, 20. 00 h.
David Quiggle, viola
Felipe Glez. Agell, clarinete

I
Gérard Grisey, Prologue
Elliot Carter, Gra
Salvatore Sciarrino, Ai limiti della notte
Jesús González, Gregorianus 1*

II
Igor Stravinsky, Tres pezas para clarinete só
Tristan Murail, C’est un jardin secret, ma soeur, ma fiancée, une fontaine close, une source sclléee
Giacinto Scelsi, Preghiera per un ombra

*Estrea mundial. Encarga da Fundación Laxeiro

MÉRCORES. 21, 20. 00 h.
Ananda Sukarlan, piano

I
David del Puerto, Rejoice
José Luis Turina, Toccata (homenaje a M. De Falla)
Jacobo Durán-Loriga, Tres piezas (1 Invención para Ananda **, 2 Sereno, 3 Obstinato galopante)
Gabriel Erkoreka, Dos Zortzikos **
Jesús Rueda, Piano Sonata nº 1
Santiago Lanchares, Malabarista

II
György Ligeti, Estudios para piano
8 Fèm
7 Galamb Borong
3 Touchées Bloques
4 Fanfares
6 Automne à Varsovie
1 Desordre
2 Cordes à Vide
13 Le Escalier du Diable
14 Coloana Infinita

**Estrea mundial

XOVES. 22, 20. 00 h.
Miguel Bernat, percusión
Joao Cunha, percusión

I
José Manuel López, Cálculo Secreto
Jesús Torres, Tiento
Jesús Rueda, Perpetuo mobile**

II
Jesús Rueda, Luna nueva**
José Manuel López, Ékphrasis *
Iannis Xenakis, Rebounds
**Estrea mundial
*Estrea mundial. Encarga da Fundación Laxeiro

VENRES. 23, 20. 00 h.
Miguel Bernat, percusión
David Quiggle, viola
Pablo Coello, saxofón
Ananda Sukarlan, piano

Manuel Rodeiro, Continuum*, I Interludio, II Interludio, III Interludio, IV Postludio

*Estrea mundial. Encarga da Fundación Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo