Formas de ser. Andrea Costas

24.02.2003 – 30.03.2003
Sala B. Fundación Laxeiro
Comisario: Manuel Sendón
En Colaboración co Centro de Estudos Fotográficos

A Fundación Laxeiro, en colaboración co Centro de Estudios Fotográficos, inaugurou a exposición titulada Formas de ser, da artista viguesa Andrea Costas.

Na exposición figuran imaxes de tres series de fotografías:

·Tempo ao tempo,
·Incorporados
·Composturas.

ANDREA COSTAS. Nada en Vigo en 1978, estuda Belas Artes en Pontevedra e Barcelona. É membro colaborador do Grupo de Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo.

·Gañadora do concurso Novos valores de Pontevedra no ano 2001.
·Accésit do Certame de Fotografía INJUVE 2002.

Individualmente, expuxo a súa obra Miradas Virxes no Centro Torrente Ballester, en Ferrol en 2001.

Ten participado en exposicións colectivas como Estancias (Exposición Colectiva de Mulleres Artistas. Teatro Principal, Pontevedra, 2000), Identidades (IX Fotobienal de Vigo, 2000), Identidades (Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 2001) e Imaxes maiores (Caixa Galicia, Santiago de Compostela, itinerante, 2002)

PALABRAS DA AUTORA

“ As persoas somos complexas e algunhas ata complicadas. Entón ¿como se pode facer un retrato ou tan sequera un autorretrato?

Eu comezo por espirme, pois a roupa non é algo esencial para min, e precisamente iso é o que intento destilar: as esencias. Como resultado dos dous anos que durou este experimento quedan tres series fotográficas. Na primeira, Tempo ao Tempo, comparo o meu corpo co da miña avoa. Na segunda, Incorporados, colócome enriba anacos representativos dos corpos das seis persoas que máis importan na miña vida: meu pai, miña nai, miña avoa, miña irmá, miña tía e o meu mozo. Na última serie, Composturas, trato de definir un pouco máis esas seis persoas, e a min, por medio dos espacios cotiáns que compartimos e que nos condicionan tanto. As tres comparten unha visión sempre fragmentada froito da miña idea, quizais un pouco pesimista, de que o conxunto é algo inabarcable.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo