Fóra de clase

12.06.2009 – 21.06.2009

Exposición de debuxos de Educación Primaria do Colexio Porto Cabeiro de Redondela

Por primeira vez a Fundación Laxeiro inclúe na súa programación unha exposición baseada nos traballos das actividades didácticas.

As actividades didácticas Coñece a Laxeiro que se veñen desenvolvendo na Fundación do artista desde o ano 2003, pretenderon desde o seu inicio establecer canles de comunicación entre o colectivo educativo e as institucións culturais da cidade. Esta é a razón pola que, desde o principio, as actividades non se ceñiron únicamente ao día da visita dos alumnos á Colección permanente daFundación Laxeiro, senon que esta é o produto dun traballo previo dos educadores que, en coordinación coaFundación Laxeiro, traballan diferentes aspectos plásticos e biográficos do artista nos centro educativos para, unha vez nas instalacións da Fundación, realizar a segunda fase do programa, xa diante da obra de Laxeiro e no Espazo azul, o obradoiro onde os alumnos e alumnas realizan as actividades prácticas.

Durante estes cinco anos participaron na actividade un total de 12.500 rapaces e rapazas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, pertencentes a sesenta e sete centros educativos, principalmente da Comarca de Vigo e outras orixes, como Pontevedra, Santiago, Coruña, Pedrafita, Lalín, Lugo, Ribadeo, etc.

Esta actividade, patrocinada desde o seu inicio por Bitango promociones, S.L., está conseguindo os seus obxectivos de se converter nunha actividade clásica xa no programa extraescolar dos centros educativos, o que posibilita ir afianzando esa relación entre educadores, alumnado e a Fundación Laxeiro, nun réxime de mellora continua, e desenvolver actividades paralelas como a visita daFundación Laxeiro aos centros educativos, ou a realización de actividades extraordinarias, como as que tiveron lugar en centros como oCeip. García Barbón, o Ceip Bergantiños, o Ceip A Guía de Moaña, ou o Colexio Porto Cabeirode Redondela.

A EXPOSICIÓN

Esta exposición quere ser unha homenaxe a todos os rapaces e rapazas que participaron nesta actividade durante estes cinco anos de andaina, ademais dun recoñecemento ao labor dos educadores. Se nun primeiro momento, pensáramos o proxecto para ser montado no Espazo azul daFundación Laxeiro, pareceunos que instalalo finalmente na Sala B, espazo destinado ás nosas exposicións temporais, se ben pode parecer excesivo desde un punto de vista de programación artística, pensamos que é unha forma de darlle un protagonismo inusual, xogando co espazo expositivo coas mesmas variables que se manexan cando montamos calquera das nosas exposicións temporais.

O Colexio Porto Cabeiro dende o seu Equipo de Normalización e Dinamizacion Lingüística, homexaxea cada curso a un pintor galego e, co gallo do Centenario do nacemento de Laxeiro, celebrado en 2008, adicou todo o presente curso a traballar a figura e a obra deste artista. O coñecemento deste pintor fíxose dende diversas áreas, buscando a transversalidade curricular. Por iso houbo referencias á súa vida e obra, tanto na clase de Lingua Galega, como enCoñecemento do Medio. Os nenos de todolos cursos crearon sons para algúns dos cadros do pintor galego na clasa deMúsica. E, por suposto, foi en Plástica onde todos os nenos e nenas sentiroon a Laxeiro máis cerca, primeiro, ao debuxar un dos seus cadros, e, despois por poder admirar no propio colexio, unha exposición coas obras que, inspiradas no pintor, eles mesmos crearan, enchendo de luz e de cor o centro educativo.

A franxa de idades abrangue desde os tres aos doce anos, amosando por tanto, un abano dos mecanismos interpretativos nas diferentes idades da infancia que denota diversas fases de desenvolvemento psicolóxico ben diferenciadas.

Os debuxos que compoñen esta exposición non están seleccionados pola súa mellor calidade, senon que son unha pequena mostra sobre o traballo que os escolares levan a cabo, tendo como motivo a obra de Laxeiro. Cada cadro é a visión dun neno ou nena, a súa pequena “obra de arte” inspirada no gran artista galego.

As actividades didácticas tocan xa ao seu fin neste curso escolar, volvendo a iniciarse no mes de setembro, xa dentro do curso 2009/2010.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo