Falece a pintora Berta Álvarez Cáccamo

O pasado xoves, 10 de maio, falecía de forma inesperada a pintora viguesa Berta Álvarez Cáccamo (Vigo, 1963). Triste noticia para a arte, como foi tamén triste a noticia do falecemento de Manuel Moldes (Pontevedra, 1949-2017) o pasado mes de decembro.

Berta e Manuel foron dous artistas diferentes que fixeron un traballo sen o que non se pode entender a pintura galega dos últimos trinta anos.

Berta Cáccamo, figura fundamental da abstracción española, licenciouse en Belas Artes na Reial Académia Catalana de Belles Erts de Sant Jordi, en Barcelona, en 1987. Comezou expoñer en 1986 e pronto destacou como unha das artistas galegas máis interesantes da xeración Post-Atlántica. Viviu en Bercelona, París, Roma e Vigo e foi merecedora de numerosos recoñecementos, o último, o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas, en 2017.

O seu falecemento inesperado, enche de consternación ao mundo da arte e a cultura de Galicia, onde Berta é unha persoa, no só valorada pola súa obra, senón moi querida pola súa especial forma de ser, sempre a contracorrente.

Manuel Moldes foi outra grande perda para a arte e a cultura galegas. Falecido o mes de decembro de 2017, deixou tamén unha fonda pegada na pintura galega dos últimos anos. Membro do grupo Atlántica, Moldes desenvolveu un traballo moi persoal. Dende postulados dunha figuración expresionista radical, a finais dos anos setenta e os anos oitenta, foi evolucionando cara outras linguaxes ata chegar a unha abstracción orgánica nos últimos anos.

Ambos foron profesores na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e ambos deixan un baleiro importante, tanto polo seu labor artístico, como pola súa calidade humana.

Descansen en paz.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo