Falece o músico Fran Pérez, NARF.

A Fundación Laxeiro quere recordar a figuara de quen foi un músico cheo de talento e creatividade e unha persoa xenerosa e humilde. Fran Pérez colaborou en dúas ocasións coa Fundación Laxeiro, en dúas facetas musicais ben diferentes do seu poliédrico labor musical. Unha ocasión foi dentro do IV Festival Internacional de Música Contemporánea Fundación Laxeiro, realizado en 2004, no que Fran Pérez estreou “3 cancións” e a outra ocasión, foi dentro da Noite branca, celebrada o 8 de agosto de 2014, na que participou como músico de pop, dentro da exposición titulada O ceo das ilusións de Fausto Isorna.

A Fundación Laxeiro expresa o seu pesar desta triste noticia e envía un sentido pésama á súa familia e amigos.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo