Falece o escritor Xosé Neira Vilas, Premio Laxeiro 2010

Despois da conmoción polo falecemento de Carlos Oroza, enterámonos do falecemento de Xosé Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego, libro imprescindible das nosas letras,  e de tantos libros que recollen a memoria da emigración e o exilio. Amigo de Laxeiro dende os seus anos en Arxetina, Neira Vilas publicou en 2009 Encontros con Laxeiro, unha transcrición dunha conversa longa e chea de recordos e anécdotas do pintor. Recollemos aquí un breve resumo biográfico extraído da páxina web da Fundación Neira Vilas. Descanse en paz.

 

Neira Vilas, Laxiero e Anisia Miranda en 1991, na II Mostra Unión Fenosa, na Coruña

Neira Vilas, Laxiero e Anisia Miranda en 1991, na II Mostra Unión Fenosa, na Coruña

 

Naceu en Gres, Pontevedra, en 1928. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e Premio da Crítica Galega (ensaio), Premio Laxeiro, 2010. É un dos escritores clásicos da literatura galega.
Emigrou a Arxentina en 1949, onde fixo a carreira de Xornalismo. Foi Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, e Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega. Casou coa escritora cubana, de ascendencia galega, Anisia Miranda, en 1957. Xuntos fundaron ese mesmo ano “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro galego no continente americano.

Acto de entrega do Premio Laxeiro 2010, da man do entón Conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña. Imaxe: El correo Gallego, S.Sas/efe

Acto de entrega do Premio Laxeiro 2010, da man do entón Conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña. Imaxe: El correo Gallego, S.Sas/efe

Colaborou na prensa galega de Buenos Aires e publicou nesa cidade o poemario Dende lonxe, en 1960, e a novela Memorias dun neno labrego,en 1961, ano en que Neira e Anisia van vivir a Cuba. Alí funda é dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Desempeña diversos traballos na administración, colabora na prensa, e exerce durante seis anos a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún. Dende 1992 reside na súa parroquia natal, onde preside a Fundación que leva o seu nome. (A súa compañeira Anisia faleceu en 2009).

LIBROS PUBLICADOS (entre 1960 e 2012)

Narrativa
MEMORIAS DUN NENO LABREGO (1961)
XENTE NO RODICIO (1965)
CAMIÑO BRETEMOSO (1967)
HISTORIAS DE EMIGRANTES (1968)
A MULLER DE FERRO (1969)
REMUÍÑO DE SOMBRAS (1973)
AQUELES ANOS DO MONCHO (1977)
QUERIDO TOMÁS (1980)
TEMPO NOVO (1987)
NA OUTRA BANDA DO MAR (1992)
PAPEIS (1992)
CONTOS DE TRES MUNDOS (1995)
O HOME DE PAU (1999)
RELATOS MARIÑEIROS (2003)
A FUXIDA DE MANUEL (2007)
ESPERANDO O LEITEIRO (2012)

Narrativa para nenos

CARTAS A LELO (1971)
O CABALIÑO DE BUXO (1971)
ESPANTALLO AMIGO (1971)
A MARELA TARAVELA (1976)
O CICLO DO NENO (1978)
CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS (1983)
DE CANDO O SUSO FOI CARTEIRO (1988)
CHEGAN FORASTEIROS (1993)

Poesía

DENDE LONXE (1960)
INQUEDO LATEXAR (1969)
POESÍA RECADADA (1994)
CANTAROLAS (1995)
DENDE GRES (2004)

Testemuños

GALEGOS NO GOLFO DE MÉXICO (1980)
GUERRILLEIROS (1991)
EDUARDO BLANCO AMOR DENDE BUENOS AIRES (1995)
ENCONTROS CON LAXEIRO (2009)
CARTAS DE VELLOS AMIGOS (2011)
CORRESPONDENCIA DE XOSÉ NEIRA VILAS CON VALENTÍN PAZ ANDRADE E CELSO EMILIO FERREIRO (2012)

Ensaios / Investigacións

CASTELAO EN CUBA (1983)
A PRENSA GALEGA DE CUBA (1985)
ROSALÍA DE CASTRO E CUBA (1992)
A LINGUA GALEGA EN CUBA (1995)
MEMORIA DA EMIGRACIÓN, I (1994)
MEMORIA DA EMIGRACIÓN, II, (1995)
MEMORIA DA EMIGRACIÓN, III, (1996)
GALEGOS QUE LOITARON POLA INDEPENDENCIA DE CUBA (1998)
MANUEL MURGUÍA E OS GALEGOS DA HABANA (2000)
CRÓNICAS GALEGAS DE AMÉRICA (ROLDA I), 1999.
CRÓNICAS GALEGAS DE AMÉRICA (ROLDA II), 2000.
CRÓNICAS GALEGAS DE AMÉRICA (ROLDA III), 2001.
PRESENZA GALEGA EN CUBA (2010).
100 ANOS DO HIMNO GALEGO. (2012)

Discursos

A CULTURA GALEGA EN BUENOS AIRES: 1950-1960 (Discurso de ingreso na RAG, 2001)
DISCURSO DOUTOR HONORIS CAUSA , Universidade da Coruña (1999)

 

Lembranzas

LAR (1974)
NAI (1980)
PAN (1991)

Varios

O SARILLO DO TEMPO (2004)
PROSAS VARIAS (2004)
XENTES E CAMIÑOS (2005)
VINTE ANOS RETORNANDO (2006)
ARREDOR DO MUNDO (2007)
LÓSTREGOS (2009)
PENÚLTIMO DIETARIO (2011)

Libros traducidos ó galego

ITINERARIO GALEGO, de Víctor Luís Molinari (1958)
TRINTENOVE POEMAS DE NICOLÁS GUILLÉN (1977)
XORNAL DE PRISIÓN, de Ho Chi Minh (1978)
CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS (1983)
MITOS E LENDAS DA VELLA GRECIA, de Anisia Miranda (1983)
A HISTORIA ABSOLVERÁME, de Fidel Castro (1990)
A IDADE DE OURO, de José Martí (1991)
O CAMIÑO DE SANTIAGO, de Alejo Carpentier (1993)

A súa obra narrativa e poética aparece en diversas antoloxías. Varios libros de Neira foron traducidos a outras linguas, sobre todo Memorias dun neno labrego. Sete destas obras foron publicadas no sistema braille, para cegos. Moitos fragmentos de libros da súa autoría están incluídoso en textos didácticos.

LIBROS SOBRE XOSÉ NEIRA VILAS

-La visión de Galicia en Xosé Neira Vilas
Por María Lucas (1977)
-A recepción inmanente na obra de Neira Vilas
Por Dolores Vilavedra (1990)
-Xosé Neira Vilas e “Xente no rodicio”
Por Xesús Rábade Paredes (1992).
-Xosé Neira Vilas e Raquel de Queiroz, fabuladores artífices,
Por Cleudene de Oliveira (2000).
-Xosé Neira Vilas y “Memorias dun neno labrego”,
Por Corinne Son (2001).
-Xosé Neira Vilas (biografía),
Por Ramón Regueira (2003).
-Buenos Aires na obra de Neira Vilas,
Por Nora Longhini (2003)
-Neira Vilas na Arxentina,
Por Nora Longhini (2005).
-Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego. Varios autores (Edic. de Ismael González, 2009).
– Do A ao Z con… Neira Vilas (2011) de María Canosa.
– Da Galicia de Balbino á Galicia de hoxe. (Varios autores, 2011).
– Cartas a Balbino, (Varios autores, 2011)

 

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo