Exposición danzada. Alt procrea en feminino

 

ALT15 e FUNDACIÓN LAXEIRO

PRESENTAN

EXPOSICIÓN DANZADA

Unha actividade especial de apoio e visibilización da creación feminina

Dentro do programa

ALT.procrea en Feminino

MÉRCORES 11 DE MARZO DE 2015. 20.30h.

FUNDACIÓN LAXEIRO

r/Policarpo Sanz, nº 15, 3º, Vigo

entrada de balde

COA COLABORACIÓN DE

SECRETARÍA XERAL DE CULTURA

ÁREA DE IGUALDADE DA UNIVERSIDADE DE VIGO E FESTIVAL ALT.15.

COA COMPLICIDADE DE

FUNDACIÓN LAXEIRO.

ver vídeo resumo das micropezas

 escoitar a noticia no diario cultural da radio galega

AlT.procrea en Feminino é un programa de apoio e visibilización da creación  feminina que se enmarca dentro das actividades do Festival ALT.15 apoiado pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo.

Exposición Danza é unha actividade especial feita para un momento concreto e un espazo concreto, a Fundación Laxeiro e a súa Colección permanente.

6 creadoras de danza e as artes do movemento, con distintas bagaxes formativas, creativas e ata de orixe, enfrontaranse cada unha, a unha obra escollida da Colección permanente da Fundación Laxeiro. Crearán así 6 un micro-pezas de danza, establecendo un diálogo entre as artes plásticas e a expresión cinética corporal, contrapoñendo o estatismo e materialidade da obra pictórica ao dinamismo físico do corpo en movemento.

Coa consecución de cada unha das micro-pezas danzadas crearase un itinerario para o público, propoñendo así unha forma nova de achegarse á obra de Laxeiro.

 

ARTISTAS PARTICIPANTES

ÁNXELA BLANCO, ANA F GOUVEIA, ANA BEATRIZ PÉREZ ENRÍQUEZ, KIRENIA CELIA MARTÍNEZ ACOSTA, OLGA CAMESELLE, “LEZ” E MERCÉ DE RANDE.

 

ÁNXELA BLANCO

Artista escénica, coreógrafa e educadora. Levo pouco máis de dez anos explorando dende estas e outras olladas a capacidade transformadora da arte. Entendo a práctica artística coma fonte de aprendizaxe, de transmisión e de vida. Sendo a capacidade performativa e a investigación escénica os bastóns, ou fachos, que eu atopei para ir ao “máis alá”, na procura de camiños novos nos que involucrarme coma ser social e corpo en movemento.

 

Ánxela Blanco

Ánxela Blanco

A SÚA ESCOLLA

Trasmundo, 1946. CU.46-46.0020

A vida, 1968. CU.68-68.0036

Autorretrato, 1934. CU.34-34.0005

 

Ana F. Gouveia

Desenvolveu un percorrido ecléctico e transversal no medio artístico portugués, dende colaboracións teórico-prácticas en danza contemporánea, a co-creacións e interpretación en danza contemporánea e teatro físico, pasando pola co-creación e construción de pezas de teatro de marionetas. O dealbar do seu percorrido artístico atopouse coas artes plásticas e o interese polo movemento levouna á danza e ao teatro non verbal. Ve a creación como un acto de compartir, que promove un encontro entre artistas e espectadores / participantes, un proceso en rede e colaborativo.

A SÚA ESCOLLA (PRESENTA PEZA XUNTO A MERCÉ DE RANDE)

Maquinaria humana, 1972. CU.72-72.0041

Os deuses, 1970. CU.70-70.0038

Xogo, 1976. CU.76-76.0052

 

Ana Beatriz Pérez Enríquez

Graduada na Escola Nacional de Artes de La Habana na especialidade de danza moderna e folclórica, durante 10 anos foi integrante Compañía de Danza Contempránea de Cuba , coa que participou en varios festivais nacionais e internacionais e diversas xiras artísticas por América e Europa, obtendo o título de Primeira bailarina.

Ana Beatriz Pérez Enríquez

Ana Beatriz Pérez Enríquez

Obtivo varios premios en Concursos Coreográficos, e traballou para o Centro Coreográfico Galego en tres das súas producións 2006-2009.

Compaxina labores formativos co seu traballo como bailarina.

Dende hai 10 anos mantén labores formativos no Centro de Danza e Teatro Artestudio de A Coruña e no curso 2013/2014 na Escola Municipal de Oleiros de A Coruña.

Impartiu talleres de danza organizados pola Universidade de Vigo. Clases regulares para a compañía Nova Galega de Danza e talleres de danza e creación na República Checa e Brasil. Colabora actualmente coa Fundación Barrié de la Maza en programas educativos.

 

A SÚA ESCOLLA

A vida ou Pintura, 1974. CU.74-74.0044

Xogo, 1976. CU.76-76-0052

Rotura, 1970-76. CU.70-76.0039

 

 

KIRENIA CELIA MARTÍNEZ ACOSTA

Bailarina, actriz , coreógrafa e modelo, naceu en Santa Clara, Cuba en 1980. Formada e titulada como actriz na Escuela Nacional de Artes de La Habana combina os seus estudos de teatro coa formación como bailarina de danza contemporánea dentro  da Compañía DANZA-TEATRO RETAZOS  (1998-2003) onde obtién o Prmeiro nivel de bailarina en Danza Contemporánea.

Kirenia

Kirenia

En 2005 integra e funda a Compañía Entremans, co-dirixindo a mesma para seguir desenvolvendo o seu traballo de investigación coreográfica. Tamén combina as súas creacións artísticas con labores formativos en varios centros, realizando colaboracións teatrais e asistencias coreográficas para outras compañías e artistas no ámbito nacional e internacional. Participa como bailarina na primeira e segunda Produción do Centro Coreográfico Galego durante os anos 2006-2008.  Ao longo da súa traxectoria recibe varios  premios coreográficos  e mostra o seu traballo en recoñecidos festivais nacionais e internacionais.

Emprende unha nova etapa como modelo  en el 2010 colaborando dende a dirección  en varios proxectos con artistas  plásticos , fotógrafos e deseñadores de moda.

A SÚA ESCOLLA

Encontro, 1976. CU.76-76.0051

Flores, 1975-79. CU.75-79.49

Figura, 1975-79. CU.75-79.0050

 

Olga Cameselle, “Lez”

Xa son décadas de moverse entre as linguaxes dancística e teatral no eido escénico, así coma de facer incursións no performático e a acción artística; en relación con este último aspecto o máis recente que teño acometido foi unha intervención no Culturgal 2014 para a presentación de Latitude contemporay fation makers, ou participando con Alfredo Rodríguez no Video aniversario para a ONG Implicadas para o desenvolvemento. Agora a liña de traballo aséntase na

Olga Cameselle, "Lez"

Olga Cameselle, “Lez”

pesquisa do imaxinario feminino, inquedanza que me levou a participar en accións artístico-reflexivas tanto en espazos abandoados coma na rúa cun grupo de mulleres reunidas baixo o nome de Carmen Gonzalez. Dentro do eido da acción, a intervención e a reflexión sobre o traballo artístico coma reivindicación do artesanado, configuramos un experimento dende Artística e La Canalla chamado De cuatreros y adelitas, co cal perpetramos no pasado ano tres accións. E non se sabe moi ben de que maneira, pero aínda manteño conxuntamente con Alfredo Rodríguez o proxecto artístico-laboral A Artística, no que se inclúe a actividade de formación (danza e teatro) e aínda seguimos en Vigo.

A SÚA ESCOLLA

Aparición, 1962. CU.62-62.0024

Retrato, 1966 CU.66-66.0033

Relax, 1978. CU.78-78.0059

 

Mercé de Rande

Combina as artes escénicas coas visuais. A súa multidisciplinaridade lévaa a unha gran versatilidade artística, pasando da danza á performance e da exposición á escena. Traballa a partir dos seus propios debuxos, pinturas, textos, fotografías e vídeos, no seu proceso creativo, apoiado no binomio experimentación-investigación e no cruce híbrido da creación contemporánea. En 2008 foi coreografa residente da Sala Nasa, onde funda A Mercé das CirKunsTanzias, plataforma de creación multidisciplinar.  Dende 2010 establécese en Suiza e privilexia as colaboracións internacionais. Na temática das súas creacións mantén un pulo oceánico e atlántico, afondando nas cuestións da identidade, a cultura e a emigración galegas. Coreógrafa oficial en residencia na Tanzhaus de Zurich en 2014, alí estrea a súa ultima produción LP4am Sculpture DeVice. Actualmente atópase en proceso de creación da súa nova peza en solitario, titulada Lost & Dead in Thunderland, na que pesquisa sobre o significado dos petroglifos, proxecto apoiado polo Festival Alt e co-producido polo Festival Nassim El Raqs de Alejandria, Exipto.

 

A SÚA ESCOLLA (PRESENTA PEZA XUNTO A ANA F. GOUVEIA)

1. Maquinaria humana, 1972 / 2. Os deuses, 1970 / 3. Xogo, 1976

 

 

 

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo