Éxito de público na inauguración de “En tránsito” de María Galán

O pasado venres, 30 de xaneiro, inauguramos a exposición titulada En tránsito de María Galán. No acto participaron o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, os concelleiros do concello de Vigo, Santos Héctor (Área de Emprego, Participación Cidadá, Educación  e Voluntariado), Carlos López Font  (Área de Seguridade, Movilidade e Xestión Municipal) e Teresa Cendón (Grupo Popular), o Secretario Xeral da Fundación Laxeiro, Carlos García-Suárez Otero, o Director Artístico da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján e a artista, María Galán. Ao acto asistiu numeroso público e puidemos gozar dun bo espumoso galego, cortesía de bodegas As Laxas.

 

A exposición poderá visitarse ata o 5 de abril.

 

Información sobre En tránsito de María Galán

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo