Presentación do libro «María Muñoz Portal, su obra musical en Cuba» de Irene del Río

O luns, 13 de setembro de 2010 presentouse a publicación tiutulada:

María Muñoz Portal, a súa obra musical en Cuba, da autora viguesa Irene del Río Iglesias.

 

O libro supón un auténtico descubrimento da figura desta musicóloga galega que desenvolveu na cidade de La Habana a súa interesante carreira musical, relacionándose, ademais de coa intelectualidade cubana, con compositores tan relevantes como Segéi Prokófiev e poetas como  Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca.

 

A María Muñoz pódeselle atribuír a creación do movemento coral cubano, tan importante durante todo o século XX e que pervive na actualidade. Ademais fundou a publicación, decisiva na música contemporánea sudamericana, Musicalia e a Sociedad de Música Contemporánea.

 

A autora, Irene del Río, é profesora de lingua e literatura galega no IES Castelao en Vigo e desenvolveu un importante traballo de investigación durante a súa estadía na cidade de La Habana, entre 1999-2004, como lectora da Cátedra de Cultura Galega da Facultade de Artes e Letras, da Universidade de La Habana.

 

Con esta publicación, a autora, percorre un camiño inédito na Historia da nosa cultura, actualizando a figura de María Muñoz Portal e ubicándoa así no lugar que lle corresponde no devir, sempre enriquecedor do intercambio entre Galicia e Cuba, tan fructífero en numerosos aspectos ao longo da Historia.

 

No acto participaron:

 

María Irene del Río. Autora do libro

Xosé Neira Vilas. Escritor

Xesús Alonso Montero. Escritor

Eudosio Álvarez.  Concelleiro de Patrimonio de Vigo

Carlos García-Suárez Otero. Director Xeral da Fundación Laxeiro

Javier Pérez Buján. Director Artístico da Fundación Laxeiro

Fundación Laxeiro

La Fundación Laxeiro fue constituída legalmente el 23 de febrero de 1999 por acuerdo del Ayuntamiento de Vigo y de la Familia del pintor siendo declarada por las consellerías de Presidencia y Administración Pública y de Cultura, Comunicación Social y Turismo, de la Xunta de Galicia, de INTERÉS CULTURAL y de INTERÉS GALLEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo