Diálogos, Ángel Garraza – Miguel Vázquez

23.02.2001 – 15.04.2001
Unha proposta na que se convida a un diálogo entre a obra de dous artistas. neste caso dous escultores cerámicos que, desde Navarra e Vigo, conflúen nun mesmo espazo expositivo.

Con esta iniciativa, a Fundación Laxeiro abre un capítulo na súa programación no que enfronta a obra de dous artistas para provocar unha comunicación, un diálogo entre dúas estéticas, no que o espectador terá ocasión de experimentar significacións diversas, máis aló do discurso particular da obra de cada artista participante.

Esta exposición, concibida, non como unha colectiva de dous artistas, senón como dúas exposicións nun mesmo espazo, é unha experiencia innovadora que trata de profundar na procura de novas claves comunicativas na presentación da obra de arte.

Nesta ocasión, os artistas elixidos, do escultores do mundo da cerámica dabondo coñecidos, como son Ángel Garraza e Miguel Vázquez, proponnos unha mostra de pezas de pequeno e formato que nunca antes conviviran. Pezas que, aínda que teñen o sinal indiscutible dos seus respectivos creadores, abordan temáticas que nos falan de diferentes formas de resolver problemas formais concretos, polo que, o resultado de conxunto é un rico mosaico de discursos abertos, suxeridos, insinuados, que provocarán un xogo entre as pezas e o espectador que só atopará límites na subxetividade de quen as contempla.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo