15.10.2008 – 11.01.2009
Sala de Exposiciones – Sede Fundación Caixa Galicia Pontevedra – PONTEVEDRA. 15-oct-08 – 11-xan-09
Comisario: Paulo Reis
Organiza: Fundación Caixa Galicia
Colaboran: Concello de Pontevedra; Fundación Laxeiro
A nova exposición que a Sede Fundación Caixa Galicia de Pontevedra acolle nas súas salas, mostrando cinco obras fundamentais do pintor lalinense, pertencentes á Colección Caixa Galicia, ademais dunha interesante escolma de traballos doutros autores posteriores que conflúen coa visión da arte laxeiriana. Do 15 de outubro ao 11 de xaneiro, podemos achegarnos polas instalacións do Café Moderno de Pontevedra para ollala.
Esta actividade é posible grazas á colaboración entre o Concello de Pontevedra e a Fundación Caixa Galicia.Os artistas que compoñen“Debuxando a Laxeiro”, xunto con José Abeledo Otero, Laxeiro, son Ana Fernández, Luis Gordillo, Carlos Rial, Rafael Baixeras, Manuel Moldes, Antonio Saura, Valeska Soares, Francisco Leiro, Ignacio Basallo, Sergi Aguilar, Miguel Ángel Campano, Vari Caramés, Alberto Datas, José Pedro Croft, Manuel Vilariño, Almudena Fernández, Isaac Pérez Vicente e Rui Chafes. Dezaoito artistas galegos e doutros puntos da xeografía peninsular e de fóra dela que prestan a súa obra nesta magnífica exposición, homenaxe a un dos artistas fundamentais da arte galega.