Cronoloxía

1908

[LAXEIRO] Nace José Otero Abeledo, Laxeiro, o 23 de febreiro, en Donramiro, Lalín.
[GALICIA] Nace Urbano Lugrís en A Coruña. Estrea do Himno Galego na Habana. I Asemblea Agraria de Monforte de Lemos.
[ESPAÑA] Nace a revista Promete1908-1912). Suspensión de garantías constitucionais en Barcelona, pola onda de atentados. Regulación do dereito á folga.
[INTERNACIONAL] Revolución fracasada en Portugal. Bulgaria convértese en Reino. Revolución dos Xoves Turcos.

1914

[LAXEIRO] Trasládase cos pais a Botos, Vilamaior (Lalín). Comeza a debuxar motivado polo maxisterio da súa mestra Teresa López.
[GALICIA] Inauguración do Tranvía Eléctrico de Vigo.
[ESPAÑA] José Francés crea os Salóns de Humoristas. España manténse neutral na Primeira Gran guerra europea. Prat de la Riva, presidente da Mancomunidade de Cataluña. M. De Falla: A vida breve.
[INTERNACIONAL] Comeza a I Guerra Mundial (1914-1918). Fortes tensións en Irlanda. Intervención de EE.UU. en México. J. Joyce publica Dublineses.

1921

[LAXEIRO] Emigra a Cuba coa súa familia. Asiste a clases de debuxo. Axudante do coreógrafo do Teatro Martí, o catalán Manuel Roig.
[GALICIA] Colmeiro participa nunha mostra colectiva con pintores arxentinos. Beca a Castelao para viaxar a Francia, Bélxica e Alemania. Constitución da Federación de Sociedades Galegas en Bos Aires. Asemblea Nacionalista en Vigo. Villar Ponte: Doctrina Nacionalista. L. Peña Novo: La Mancomunidad Gallega.
[ESPAÑA] Desastre militar en Annual, Marruecos. O Estado radicaliza a súa política: Lei de fugas. Dato, Allendesalazar e Maura sucédense no Goberno. Nace o Partido Comunista Obreiro Español.
[INTERNACIONAL] L. Wittgenstein publica en Alemania el Tractatus Lógico-Philosophicus. Exposición Construtivista en Rusia. Picasso pinta Tres mujeres en la fuente. Crise económica grave e xeralizada. Independencia do sur de Irlanda. Fundación dos PC de Italia e Checoslovaquia. ilegalizados a CXT francesa e o PC en Iugoslavia.

1925

[LAXEIRO] Visita as exposicións de Zuloaga e Jesús Corredoyra en Cuba. Traballa de proxectista de vidrieiras artísticas. Regresa cunha grave doenza pulmonar e instálase en Lalín.
[GALICIA] A Deputación de Pontevedra institucionaliza as pensións de arte. Maside trasládase a Vigo. Arturo Souto inaugura a súa primeira exposición na Casa de Galicia de Madrid. Manolo Torres é destinado como mestre a Canido (Vigo). Os nacionalistas abandonan as diputacións e concellos. Fundación do Banco Pastor.[ESPAÑA] Primo de Rivera cambia a ditadura militar pola política. Ortega y Gasset publica La deshumanización del arte. Primeira Exposición de Artistas Ibéricos en Madrid. Bilbao conéctase por cabo submariño con Gran Bretaña. Morren Maura e Pablo Iglesias. Desembarco de Alhuceas.
[INTERNACIONAL] A Exposición Internacional de Artes Decorativas, de París, supón a consagración do Art-.Decó. En Dresde celébrase a exposición da Nova Obxectividade. Franz Roh publica o Realismo Máxico. Tratado de Locamo. A. Hitler publica Mein Kamph. Ditadura en Albania.

1926

[LAXEIRO] Laxeiro Monta unha perruquería en Lalín e traballa de babeiro ambulante nas feiras do Deza, pinta clientes e tipos populares.
[GALICIA] Exposición de Arte Galega (Santiago de Compostela). Nace a revista Galaxia. Maside viaxa a París pensionado pola Deputación de Pontevedra. Colmeiro regresa de Arxentina, instálase en San Fíz de Margaride, pinta Mañá de primavera. Decreto de Redención Foral. Publícanse as obras O Mariscal de Cabanillas; Cousas, de Castealo; Dos arquivos do trasno, de Dieste e Síntese Xeográfica de Galicia, de R. Otrero Pedrayo.
[ESPAÑA] Nace a publicación Nueva España (1930-1931). Concerto económico entre o Estado español e as provincias vascas. Sanjurjada: pronunciamento republicano fracasado. Morre M. Gandhi. Viaxe do Plus Ultra.
[INTERNACIONAL] Traslado da Bauhaus ao edificio diseñado por Gropius. Ditaduras en Portugal, Lituania e Polonia. Valera abandona o Sinn Fein e funda Fiannna Fail. Ford: semana laboral de cinco días en xornada de oito horas.

1927

[LAXEIRO] Laxeiro Comeza a súa relación con Luísa Villamarín, coa que casará.
[GALICIA] Fúndase o Museo de Pontevedra. Virxilio Blanco viaxa a París. Maside e Torres pensionados da Deputación de Pontevedra. Primeiros vapores ao Gran Sol. Inaugúrase a fábrica de louza de Álvarez. Nace a editorial Nós. Dieste publica A fiestra valeira.
[ESPAÑA] Benjamín Palencia e Alberto Sánchez crean a Primeira Escola de Vallecas. Buñuel e Dalí fan a película Le chien andalu. Fúndase FUE (Federación Universitaria Española). Intentos de institucionalizar a Ditadura. CAMPSA, monopolio do petróleo. Fundación de Iberia. [INTERNACIONAL] A revolta contra a Ditadura de Carmona, en Portugal, é aplastada. Troski expulsado do PCUS. Estrea do primeiro film sonoro: O cantor de Jazz.

1928

[LAXEIRO] Laxeiro Comeza a publicar viñetas en Faro de Vigo.
[GALICIA] Exposicións de arte galega de Vilagarcía e do Heraldo de Madrid. Nace Acción. Órgano da Xuventude Católica (1928-1930). Maside, Torres e Dieste trasládanse a Madrid. Colmeiro pinta Collendo a folla. Arturo Souto pensionado da Deputación de Pontevedra. Primo de Rivera inaugura o matadoiro do Porriño. Manuel Antonio publica: De catro a catro. Otero Pedrayo publica Os camiños da Vida e Vicente Risco O porco de pé.
[ESPAÑA] Apróbase o novo Código Penal, sustitúe ao de1870. Creación da Academia Militar, en Zaragoza. Fundación do Opus Dei. A. Machado: Obras completas. F. García Lorca: Romancero gitano. Jorge Guillén: Cántico.
[INTERNACIONAL] Primero plan quinquenal na URSS. Primeiro televisor comercial, en EE.UU. B. Brech: A ópera dos tres peniques.

1929

[LAXEIRO] Laxeiro Realiza o Servizo Militar en Pontevedra. Comeza a publicar no xornal El Pueblo Gallego.
[GALICIA] Exposición de Arte Galega en Bos Aires e Montevideo. Constitúense a ORGA e a FUE en Santiago de Compostela. Luís Seoane e Arturo Souto expoñen por primeira vez. Maside pinta Tenda. Colmeiro, Mineiros e Sol de vran. Colmeiro vive entre Vigo e Margaride. Arturo Souto pinta Maternidade e Feirantes.
[ESPAÑA] Exposición Universal de Barcelona. Exposición Iberoamericana de Sevilla. Fúndase o Grupo GATPAC, en Barcelona. Revoltas estudantís, pechan as Universidades de Madrid e Barcelona.
[INTERNACIONAL] Segundo manifesto surrealista. Crak do 29. Inicio da Gran Depresión. Stalin: poder autocrático. Ditadura en Iugoslavia. Mussolini gaña as eleccións.

1930

[LAXEIRO] Laxeiro Recibe leccións de pintura co pintor arxentino Enrique Larrañaga en Vigo. Regresa a Lalín e continúa pintando. Nace a súa filla Mari Cruz.
[GALICIA] Urbano Lugrís trasládase a Madrid. Castelao pronuncia o discurso “O galeguismo na arte”. Exposición permanente de Arte Galega en Santiago de Compostela. Castelao publica 50 homes por dez reás. Maside pinta Mujer sentada. Primeira exposición individual de Maside. Publícanse os semanarios ¡Ahora! e La República. Colmeiro pinta Muller con neno. Arturo Souto viaxa a París. Manolo Torres pinta O Berbés e Bodegón dos bastóns. Pacto de Lestrove. A ORGA transfórmase en FRG.
[ESPAÑA] Demisión de Primo de Rivera. Fracasa a sublevación republicana de Jaca. Pacto de San Sebastián. Ortega: La rebelión de las masas.
[INTERNACIONAL] As tropas francesas abandonan Renania. Haile Selassie emperador de Abisinia. Vargas, presidente de Brasil.

1931

[LAXEIRO] O concello de Lalín concédelle a Laxeiro unha bolsa para estudar en Madrid, onde comparte hospedaxe con Manuel Torres. Estuda como alumno libre na Academia de Belas Artes de San Fernando. Frecuenta a tertulia da Granja del Henar, con Lugrís, Maside, Souto, Colmeiro e Torres. Pinta Carnavalada.
[GALICIA] A editorial Nós instálase en Santiago. Fúndase o Partido Galeguista. Castelao publica o Álbum Nós. Nacen as revistas Logos e Yunque. Colmeiro expón en Barcelona. Arturo Souto viaxa a París. Manolo Torres pinta Señora con sombreiro. Vitoria da coalición republicana-socialista nas lexislativas. Preséntase o Anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia.
[ESPAÑA] Cesa o goberno de Berenguer. Aznar convoca eleccións municipais. Instáurase a II República. Alfonso XIII abandona. Alcalá Zamora, presidente; M. Azaña, Xefe do goberno. Celébrase en San Sebastián a II Exposición da Asociación de Artistas Ibéricos, na que participan Souto, Cristino Mallo e Maruja Mallo. Fúndanse as Misións Pedagóxicas.
[INTERNACIONAL] O Carnegie Institute de Pennsylvania organiza a mostra Artistas Españois Contemporáneos que inclúe a Maside, Souto e Maruja Mallo. Xapón ocupa Manchuria. Plano quinquenal da URSS. Nace a Commonwealth. Inauguración do Empire State.

1932

[LAXEIRO] A Deputación de Pontevedra concédelle unha beca para estudos de pintura e continúa en Madrid. Frecuenta tertulias con Castelao, Otero Pedrayo, Risco e Vilar Ponte.
[GALICIA] Lorca visita Galicia. A Deputación de Pontevedra pensiona a Laxeiro, Torres, Virxilio Blanco, Enriqueta Huerta, Benjamín Quinteiro e Camilo Nogueira. Aparecen as revistas culturaiss Cristal, Yunque, Galicia e Resol. Nace a agrupación xuvenil Ultreya. Maside recibe unha beca da Deputación da Coruña. Torres vai a Madrid, pinta Traxe de buzo. Nace ADLAN (Amigos das Artes Novas). Conflito pesqueiro en Vigo, e naval en Ferrol. A Asemblea de Concellos aproba o proxecto de Autonomía
[ESPAÑA] Fracasa a sublevación do Xeneral Sanjurjo. Establécense o divorcio e a Reforma agraria. As Cortes aproban o Estatuto de Autonomía de Cataluña. Maciá presidente da Generalitat. Disolución dos Xesuitas.
[INTERNACIONAL] Xapón crea o Estado títere de Manchucuo. Roosevelt arrasa nas presidenciais de EE.UU. Guerra entre Bolivia e Paraguai polo Gran Chaco.

1933

[LAXEIRO] Publica un debuxo na revista Galicia en Madrid. Regresa a Lalín e pinta no estudio do Hospitalillo. Colmeiro preséntao a Maside e entra en contacto co ambiente de Compostela. Expón na Barraca Resol.
[GALICIA] Chegan a Galicia as Misións pedagóxicas. En Santiago de Compostela organízase a exposición da Barraca Resol coa participación de Maside, Colmeiro, Torres, Seoane, Laxeiro, Eiroa e Landín. A Deputación de Pontevedra suspende as pensións de Belas Artes. Nace o semanario santiagués Claridad. Eiroa e Torres expoñen conxuntamente en Vigo e Torres regresa a Marín como mestre. Folga Xeral convocada pola CNT e CRG. Diversas organizacións conservadoras intégranse na CEDA. A dereita gaña as lexislativas. Asínase o GALEUZKA.
[ESPAÑA] Torres-García organiza en Madrid o Grupo Construtivo. Represión de Casas Viejas. Dimisión de M. Azaña. Lerroux forma goberno. Voto feminino, por primeira vez nas lexislativas que gaña a dereita. A CEDA apoia a Lerroux para formar goberno. Morre Maciá. Levantamento anarquista en Aragón. Valle Inclán publica Divinas Palabras.
[INTERNACIONAL] Hitler chanceller de Alemania. Incendio do Reichstag. Comeza a longa marcha en China. Oliveira Salazar dótase de amplos poderes mediante unha nova Constitución.

1934

[LAXEIRO] Primeira exposición individual na sala de exposicións da Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela. Pinta Mascarón e Carrotón de nenos. Casa con Luisa Villamarín.
[GALICIA] Fúndase o Grupo Galeguista de Lalín, noméanno bibliotecario. Inaugúrase a sala de exposicións de arte galega da Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela. Castelao publica Retrincos e Os dous de sempre; Risco, Mitteleuropa. Nacen as revistas Spes e Alento. Arturo Souto recibe a pensión de pintura da Academia Española, en Roma. A ORGA intégrase en Izquierda Republicana. Constitúese a Federación de Mocedades Galeguistas.
[ESPAÑA] A crise económica está no punto máis grave. O goberno Lerroux recupera a pena de morte. Companys proclama o Estado catalán. J. Calvo Sotelo funda o Bloque Nacional. Revoltas revolucionarias en Asturias, Cataluña e País Vasco. Miguel Hernández publica Perito en lunas.[INTERNACIONAL] Ditadura en Austria, Estonia e Letonia. Intento de golpe de estado en Francia. Alemania: Noite dos coitelos longos; comezan os procesos de Moscú.

1935

[LAXEIRO] Trasládase a Pontevedra, donde vai expoñer; comparte pensión con Ramón Valenzuela.
[GALICIA] Nace a publicación Ser. Arturo Souto regresa a Roma e a París. Morre o escultor Eiroa. Regresan os desterrados Bóveda e Castelao. A Dereita Galeguista (Filgueira Valverde) se escinde do Partido Galeguista. Mítins unitarios (CNT, UXT, PSOE, PCE) pola unidade obreira. Mitin da Falanxe española, con José Antonio, en Vilagarcía.
[ESPAÑA] Publícase a revista madrileña PAN. O desemprego acada os 600.000 parados. Lerroux da entrada a Gil Robles no Goberno. Escándalo do estraperlo. Portela Valladares novo Xefe do Gobierno. García Lorca publica Yerma.
[INTERNACIONAL] Lei da Seguridade en EE.UU. que garante atención a parados, doentes e vellos. O paro xera disturbios en Francia. Italia invade Abisinia. Inaugúrase o trasporte suburbano de Moscú. M. Heidegger: A orixe da obra de arte

1936

[LAXEIRO]Prepara unha mostra individual en Vigo que se suspende polo comezo da Guerra Civil.
[GALICIA] A Fronte Popular gaña as elecciones. O voto de apoio ao Estatuto de Autonomía para Galicia é masivo no Referendo. A sublevación militar afortálase en quince días. Represión: consellos de guerra, paseos, cárcere, exilio. Inicio da oposición en forma de Fuxidos. Luís Seoane exíliase a Bos Aires. Arturo Souto é seleccionado para a Bienal de Venecia e ingresa na Alianza de Intelectuais Antifascistas. Camilo Díaz Valiño e outros artistas son asasinados.
[ESPAÑA] Exposición Loxicofobista organizada por ADLAN en Barcelona. Azaña á fronte do goberno da Fronte Popular. Amnistía política, restablecemento do Estatuto catalán. Incremento da conflictividade social: asasinatos do Tenente Castillo e do político J. Calvo Sotelo. Sublevación militar, comeza a Guerra Civil.
[INTERNACIONAL] O Museo de Arte Moderno de Nova Iork adícalle unha exposición ao cubismo e á arte abstracta. Fronte Popular en Francia. Ditadura en Grecia. As tropas alemás entran en Renania. Constitución do eixo Belín-Roma. Keynes publica a súa Teoría Xeral do emprego, o interese e o diñeiro. W. Benjamin: A obra de arte na era da súa reproducibilidade técnica

1937

[LAXEIRO] Participa na exposición colectiva do Salón de arte dos Telares, en Vigo. É mobilizado á fronte de Asturias onde fai amizade con Celso Emilio Ferreiro.
[GALICIA] Continúa a represión: Castelao debuxa Galiza Mártir e Atila en Galiza. Creación da Solidariedade Galega Antifeixista en Valencia. Colmeiro comeza o exilio en Bos Aires. Obras de Arturo Souto seleccionadas para o Pavillón Español da Exposición Internacional de París.
[ESPAÑA] A presidencia da República é trasladada a Valencia. A aviación de Alemania arrasa Guernica. Os sublevados entran en Bilbao. Batalla de Brunete.
[INTERNACIONAL] Guerra chino-xaponesa. Continúan os procesos de Moscova. Exposición Mundial de París. Picasso pinta o Guernica e Muller sentada (Retrato de Marie-Thérèse).

1940

[LAXEIRO]Instálase en Pontevedra. Nomeado profesor de traballos manuais do Instituto Valle-Inclán. Pinta o mural O Manantial da Vida para o Café Moderno.
[GALICIA] A Deputación de Pontevedra reanuda as pensións de Belas Artes. En Pontevedra comeza a publicarse a revista Triunfal. Arturo Souto trasládase a Nova York. Castelao establécese definitivamente en Bos Aires. Fundación no exilio da Alianza Nacional Galega e da Irmandade Galega. Radio Nacional de España instálase na Coruña, Nestlé en Cesures. Franco pasa parte do verán en Meirás. [ESPAÑA] Lei de Unidade sindical. Tribunal especial para a represión do comunismo e a masonería. Entrevista de Hitler e Franco en Hendaya. España declara a non belixerancia no comezo da segunda gran guerra. Iníciase a construción do Valle de los Caídos. Companys fusilado. Azaña morre no exilio.
[INTERNACIONAL] Constituido o eixo Berlín-Roma-Toquio. Rendición de Holanda, Bélxica e Francia. Churchil primeiro ministro británico. Os alemáns ocupan París. Roosevelt reelixido. Comeza a batalla de Inglaterra. Troski é asasinado. Hemingway: Por quen dobran as campás. Chaplin: O gran ditador.

1941

[LAXEIRO] A Deputación de Pontevedra concédelle outra pensión para estudos de arte. Pinta o mural do Cine Balado, de Lalín, destruído posteriormente.
[GALICIA] Rafael Dieste publica a primeira monografía sobre Colmeiro. Castelao impulsa dende o exilio o pacto Galeuzka e Irmandade Galega. Creación de ASTANO. Fusilados varios ferroviarios acusados de sabotaxe. Reaparece A Nosa Terra no exilio.
[ESPAÑA] Reinstáuranse as Exposicións Nacionais de Belas Artes. Eugenio d’Ors crea a Academia Breve de la Crítica de Arte. Alfonso XIII abdica no seu fillo Juan. Constitúese a RENFE. Franco entrevístase con Mussolini e Petain, Hitler con Serrano Súñer.
[INTERNACIONAL] O Museo de Arte Moderna de Nova Iork adica unha exposición a Miró e Salvador Dalí. Alemania controla os Balcáns. Xapón bombardea Pearl Harbor. Guerra no Pacífico. Alemania invade a URSS. Italia e Alemania declaran a guerra a EE.UU. O mariscal Rommel comeza a retirar as tropas alemanas do norte de África.

1942

[LAXEIRO] A Deputación de Pontevedra concédelle outra pensión para estudos de arte. Trasládase a Vigo. Pinta Fanatismo.
[GALICIA] Lugrís comeza a súa primeira etapa viguesa (1942-1948). En Bos Aires, Luís Seoane, encargado da impresión da revista De Mar en Mar. Díaz Pardo viaxa a Italia. Arturo Souto establécese en México. Guerrilleiros e Garda Civil ocasionan numerosas vítimas. Sucédense as homenaxes populares a Franco.
[ESPAÑA] O Código Penal inclúe o adulterio como delicto. Aprobado o seguro obrigatorio de enfermidade. A Igrexa católica eximida de pagar impostos. Destituído Serrano Súñer como Ministro de Exteriores. Camilo José Cela publica A familia de Pascual Duarte.
[INTERNACIONAL] Batalla de Midway. Alemania pon en marcha a solución final: campo de exterminio en Tblinka. Eisenhover nomeado comandante en xefe. Confórmase a Escola de Nova Iork. A. Camus: O extranxeiro.

1944

[LAXEIRO] Subsiste realizando retratos e murais en tabernas.
[GALICIA] Nace a revista Sonata Gallega. Luís Seoane viaxa a Uruguai e coñece a Torres García. Suminstro de Wolfram a Alemania. Constitución do Consello de Galiza, en Montevideo. Castelao publica Sempre en Galiza.
[ESPAÑA] Implántase o DNI. Forte restrición enerxética. Novo Código Penal. Importación dun millón de toneladas de trigo de Arxentina. R. Llopis secretario xeral do PSOE no exilio.
[INTERNACIONAL] En Bos Aires publícase a revista Arturo. Desembarco de Normandía. Rendición das tropas alemanas en Francia. De Gaulle, xefe do goberno. EE.UU. invade Birmania, ocupada por Xapón. Atentado contra A. Hitler. Roosevelt reelixido.

1945

[LAXEIRO] Expón na Sala do Casino e no Bodegón O Capitán, en Vigo.
[GALICIA] Edición das revistas Posío, en Ourense e Galeuzka, no exilio. Intensifícase a actividade guerrilleira. A Pasionaria escribe unha carta a Castelao. Radio Pirenaica empeza a emitir para Galicia. As Cortes republicanas no exilio aproban o Estatuto de Autonomía para Galicia.
[ESPAÑA] Exposición “La joven Escuela de Madrid” (Galería Buchholz. Madrid), que da orixe á chamada Escola de Madrid. Exposición de “Acuarelas y Aguadas Españolas” (Madrid). Primeiro “Salón Nacional de la Acuarela” (Madrid). Fundación do monopolio de Tabacalera. Manifesto de Juan de Borbón en Lausana. Apróbase o “Fuero de los Españoles”, e a Lei do Refererendo. Carmen Laforet publica o premio Nadal: Nada.
[INTERNACIONAL] Rendición de Alemania. Morre Roosevelt. Hitler suicídase. Mussolini é fusilado. EE.UU. lanza bombas atómicas en Hiroshima e Nagasaki. Finaliza a II Guerra Mundial. Exposición Art Concret en París. Fundación da ONU. En Bos Aires fúndase a Asociación Arte Concreto-Invención.

1946

[LAXEIRO] Expón na Sala Estilo (Madrid) e nas Galerías (Vigo). Pinta Trasmundo.
Urbano Lugrís pinta Cuarto dun vello mariñeiro. R. Piñeiro entrevístase co goberno da República no exilio. Castelao nomeado ministro da República presidida por Giral. Intensa actividade guerrilleira, intensifícanse os consellos de guerra e as execucións. Conflitos navais en Ferrol e Vigo.

[ESPAÑA] Fúndase o Grupo Indaliano, en Almería. A Asemblea Xeral da ONU condena o réxime de Franco. O réxime proclama que resistirá. A ONU aproba a retirada de embaixadores. Créase o INE. Morre no exilio Largo Caballero.
[INTERNACIONAL] IV República francesa. Ho Chi Min eleito presidente de Vietnam. Telón de aceiro. Primeira Asemblea Xeral da ONU. Condena dos xefes nazis en Nuremberg. Guerra civil en Grecia. Partición de Palestina. Exposición de Art Brut, en París. O crítico Robert Coates utiliza por primeira vez o termo expresionismo abstracto aplicado á nova pintura de Nova Iork. H.Hesse nóbel de literatura.

1947

[LAXEIRO] Expón xunto a Virxilio Blanco en Santiago de Compostela e individualmente na Sala Estudio (Bilbao), a Sala Estilo (Madrid), a Asociación de Artistas de A Coruña e o Padroado de Turismo de Santiago de Compostela.
[GALICIA] Luís Seoane e Arturo Cuadrado fundan, en Bos Aires, a editorial Botella al Mar. Detencións de dirixentes anarquistas e comunistas. Castelao regresa a Bos Aires. Fundación da E.N. Bazán.
[ESPAÑA] Nace o Grupo Pórtico (Zaragoza) e o grupo PIC (Pintores Independientes Canarios); e Grupo Indaliano (Almería) preséntanse en Madrid. Referendo sobre la lei de sucesión que establece que España é un reino. Seguro obrigatorio de vellez y enfermidade. Folga xeral en Biscaia.
[INTERNACIONAL] Inicio da guerra fría. Plan Marshall. Independencia da India. O presidente Truman lanza a primeira mensaxe emitida por televisión. A ONU aproba a partición de Palestina e a creación do Estado de Israel.

1948

[LAXEIRO] Expón na Sala Velázquez de Vigo. Exposición Lóstrego, Taberna O Capitán. Morre Virxilio Blanco. Nace a revista de poesía Alba. Díaz Pardo abandona profesionalmente a pintura. Anúlase a intervención no sector conserveiro. Fúndase LARSA. Castelao pronuncia o discurso Alba de Gloria.
[ESPAÑA] Nace o Dau al Set, en Barcelona. Francia abre as fronteiras con España. Primeiras probas da emisión de TVE. Premios á natalidade. Entrevista Franco e Juan de Borbón: Juan Carlos, príncipe, estudará en España. Delibes publica La sombra del ciprés es alargada.
[INTERNACIONAL] En Holanda fúndase o grupo CoBrA. Creación do Estado de Israel. Bloqueo de Berlín. Era Mac Carthy: Caza de bruxas. Asasinato de Gandhi. Truman presidente de EE.UU. A ONU aproba a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

1950

[LAXEIRO] Participa na exposición colectiva de Arte Galega inaugural da Sala Velázquez de Vigo. Pinta catro murais na nova lonxa do Berbés de Vigo.
[GALICIA] O PG disólvese. O PCE abandona a estratexia de resistencia guerrilleira. Fúndase a editorial Galaxia e Maside é o seu director artístico. Colmeiro viaxa a España e dende entón faráo en repetidas ocasións. Morren Castelao e Casares Quiroga.
[ESPAÑA] Nace a SEAT. A ONU renuncia á recomendación de retirar embaixadores. España ingresa na FAO. Franco e Oliveira Salazar entrevístanse en Meirás.
[INTERNACIONAL] Tratado de amizade Chino-soviético. Guerra en Corea.

1951

[LAXEIRO] Publícase a primeira monografía do autor, obra de José Ruibal. Expón debuxos na Sala Velázquez de Vigo. Trasládase a Arxentina para participar na Exposición Colectiva de Arte Galega da Sala Velázquez de Bos Aires, establécese nesta cidade. O Centro Galego de Bos Aires organiza a exposición colectiva de Arte Galega na Sala Velázquez, coa participación de Laxeiro, Díaz Pardo, Maside, Julia Minguillón, Pesqueira, Manuel Prego y Failde, a exposición foi coordinada por Luís Seoane.
[GALICIA] Nace a revista Sal-Lux. Edítase a revista Grial. Eleccións municipais gañadas polas candidaturas franquistas. Cabanillas: Antífona da Cantiga. Carballo Calero: A xente da Barreira.
[ESPAÑA] I Bienal de Arte Hispanoamericana (Madrid). Folgas en Barcelona e no País Vasco: mil detidos. Carrero Blanco no Goberno. España entra na OMS. Cela publica La Colmena.
[INTERNACIONAL] En París celébranse o Salón des Realistes Nouvelles, adicado á arte abstracta, xeométrica e cinética, e a exposición Significants de l´Informel, organizada por Tapié, onde xurde o termo informalismo. Perón reelixido Presidente de Arxentina e Vargas de Brasil. Independencia de Libia. EE.UU. realiza ensaios da bomba de hidróxeno no Pacífico.

1952

[LAXEIRO] Expón debuxos nos Martes Bohemios de la Boca (Bos Aires) e participa na Exposición Colectiva de Arte Galega da Asociación de Artistas da Coruña. Pinta Autorretrato. Inicia a súa relación con Eulalia de Prada, Lala. Contacta cos intelectuais galeguistas do exilio: Díaz Pardo, Seoane, Cuadrado, Lorenzo Varela, Dieste…
[GALICIA] A Luís Seoane encárganlle carteis para Otard-Dupuy e Cinzano. Nace a revista coruñesa Atlántica. Continúa a represión contra a resistencia, Foucellas fusilado. UTECO crea LEYMA. Fundación do Instituto de Investigacións Pesqueiras, en Vigo. Seoane publica Fardel do exiliado. Otero: Polos vieiros da saudade.
[ESPAÑA] Finaliza o racionamento de pan; liberdade de circulación de alimentos. Plano de regos: Badaxoz. España ingresa na UNESCO. Discursos de Franco contra o comunismo.
[INTERNACIONAL] Créase o termo action painting para a pintura de Pollock, Kline y Motherwell. Ano clave na xénese do hapening en Nova Iork. Morre Eva Perón. Batista presidente de Cuba. Hussein rei de Xordania. Heisenhower presidente de EE.UU. Hemingway: O vello e o mar.

1954

[LAXEIRO] Expón na Sociedade Iberoamericana (Bos Aires). Participa na Exposición de Arte Galega Contemporánea (Santiago de Compostela).
[GALICIA] Nace a revista Atlántida. En Bos Aires publícase Galicia Emigrante. Denunciada ante a UNESCO a persecución do idioma galego. Inaugúrase o aeroporto de Peinador. Fundación de Automóbiles Barreiros. A VI flota de EE.UU. atraca en Ferrol.
[ESPAÑA] A filla de Franco recibida na Casa Branca. Nova reunión de Franco con Juan de Borbón. Lei de construción de vivendas de renda limitada. Proxecto Costa do Sol. Iníciase a fabricación do Biscuter. Protesta pola presenza de tropas británicas en Xibraltar.
[INTERNACIONAL] Nace o Neodadaísmo. EE.UU. intervén en Vietnam. Alemania Federal entra na OTAN. Ben Bella lidera a sublevación en Arxelia. Nasser chega á presidencia de Egipto. Nace Eurovisión. Stroesner presidente de Paraguai. Primeiros discos de Elvis Presley.

1955

[LAXEIRO] Expón individualmente no Centro Lucense de Bos Aires e fai unha viaxe a España.
[GALICIA] Díaz Pardo instálase en Bos Aires e crea unha empresa de cerámica en Magdalena. Franco inaugura o Arquivo do Reino de Galicia. Perdo Barrié: Conde de FENOSA. Cunqueiro: Merlín e Familia. Fole: Terra Brava. Novoneyra: Os Eidos.
[ESPAÑA] III Bienal de Arte Hispanoamericana. España ingresa na OCDE, e admitida na ONU. Franco recibe ao secretario de Estado de EE.UU. Morre Ortega y Gasset. Blas de Otero: Pido la palabra. Celaya: Cantos ibéricos. Bardem: Muerte de un viajante.
[INTERNACIONAL] Celébrase a primeira Documenta de Kassel. Exposición O Movemento en París. Utilízase por primeira vez o termo pop-art. Constitución do Pacto de Varsovia. Conferencia dos Non aliñados en Bandung. A URSS anuncia experimentos de foguetes con cabezas nucleares. Martín Luther King inicia o Movemento polos dereitos civís. Morren Einstein e James Dean. Marlon Brando recibe un Óscar por A leI do silencio.

1956

[LAXEIRO] Expón individualmente no Ateneo Iberoamericano de Bos Aires; xunto Seoane e L. Nóvoa na Windsor Gallery de Montevideo. [GALICIA] I Congreso da emigración en Bos Aires. Créase Celulosas de Pontevedra. G. R. Mourullo: Memorias de Taims. A. Cunqueiro: As crónicas do Sochantre. V. Taibo: Da agra aberta.
[ESPAÑA] Fúndase o Grupo Parpalló (1956-1961). I Salón de arte Abstracta de Valencia. Incidentes na Universidad Central de Madrid. Estado de excepción. España ingresa na OIT. Crease o Instituto Español de Emigración. Juan Ramón Jiménez, Nóbel de literatura. TVE comeza a emitir regularmente.
[INTERNACIONAL] N. Kruchev empeza a desestalinización e a coexistencia pacífica. As tropas do pacto de Varsovia invaden Hungría. Independencia de Marrocos. Nacionalización do Canal de Suez.

1958

[LAXEIRO] Expón na Sala Velázquez de Bos Aires.
[GALICIA] Maside morre en Santiago; realízase unha homenaxe no Centro Lucense de Bos Aires, á que asisten Laxeiro, Díaz Pardo, Dieste e Seoane. Inauguración da Fábrica de armas de A Coruña, o treito ferroviario O Carballiño-Santiago. Nacen FRIGSA e TAFISA. Fúndanse cooperativas vitivinícolas no Ribeiro e Valdeorras. Fúndase o grupo Brais Pinto. Ferrín: Percival e outras historias.
[ESPAÑA] Detencións masivas de dirixentes comunistas. O PCE formula a Reconciliación Nacional. O Consell de Forças Políticas é constituido no exilio. España ingresa no FMI. Lei de Principios Fundamentales del Movimiento.
[INTERNACIONAL] Xoán XXIII, novo Papa. Comeza a carreira espacial. O xeneral De Gaulle elixido presidente de Francia. Creación da UNESCO. O ruso Pasternak Nóbel de literatura. G. Debord funda A Internacional Situacionista

1959

[LAXEIRO] Pinta o mural Traballo galego.
[GALICIA] Nace en México Vieiros, Revista do Padroado de Cultura Galega de México. Comeza a construirse naves para Citroën, en Vigo. ASCÓN inicia a súa actividade como estaleiro. Gómez Franqueira preside as UTECO de Ourense. Nacen as primeiras asociacións culturais: O Galo, de Santiago. Morren R. Cabanillas e A. Gaos. Blanco Amor publica A esmorga; Pimentel: Sombra de aire na herba.
[ESPAÑA] Plan de estabilización económica. Fundación de ETA. Heisenhower visita España. Rematan as obras do. Severo Ochoa Nóbel de medicina. Buñuel: Viridiana.
[INTERNACIONAL] Trunfo da Revolución cubana. Constitución da OCDE. R. Nixon y N. Kruchev fan visitas á URSS e EE.UU. respectivamente. Mobutu encabeza un golpe de estado no Congo contra Lumunba. Gunter Grass: O tambor de folla de lata.

1960

[LAXEIRO] Participa na Primeira Mostra Antolóxica de Arte Gallega, do Círculo das Artes de Lugo. Ilustra A esmorga, de Eduardo Blanco Amor.
[GALICIA] Exposición Rexional de Arte Galega, en Vigo. Nace o Grupo A Gadaña. Nacen CENSA e PEBSA. Primeiras eleccións a enlaces sindicais. Martínez Risco presidente da RAG. Morren Cruz Gallástegui e o pintor Sotomayor. Otero: O señorito da Reboraina.
[ESPAÑA] Primeira exposición de arte normativa español. Fundación da Universidade de Navarra. Decreto lei sobre rebelión, bandidaxe e terrorismo. N. Kruchev critica o réxime de Franco na ONU. Dous millóns de españois na emigración.
[INTERNACIONAL] Nace o Pop-art norteamericano. Les nouveaux réalistes primeiro manifesto do novo realismo. Sucédense a independencia de países en África. Fundación da OPEP e da EFTA. A URSS abate un avión espía. Zapatazo de N. Kruchev na ONU. John F. Kennedy elixido presidente de EE.UU.

1961

[LAXEIRO] Participa na exposición XXX Aniversario do Primeiro Salón de Artistas Noveles, Círculo Mercantil, de Vigo. Exposición 20 pintores galegos, organizada por la Asociación O Galo, en Santiago de Compostela.
[GALICIA] Luís Seoane comeza as súas frecuentes viaxes a Europa e visita España. Xosé Velo, J.Fernández Soutomaior e o Capitán Galvao secuestran o trasatlántico Santa María. Fundación de Pescanova, polo grupo Fernández-Paz Andrade e da Caixa Rural de Ourense, por Euloxio Gómez Franqueira.
[ESPAÑA] Finalizan as Exposicións Nacionais. Fúndase o Grupo Hondo. Sabotaxes ferroviarias de ETA. Comeza a fabricarse o tecido sintético Tergal. A peseta convertible, un dólar equivale a sesenta pesetas. Folga universitaria en Barcelona.
[INTERNACIONAL] Dase a coñecer, en Nova Iork, o movemento Fluxus. Comeza a erguerse o Muro de Berlín. Kennedy: a nova fronteira. Asasinado Lumunba. Conferencia de países non aliñados en Belgrado. Fracasa a invasión de Cuba, en Bahía Cochinos. Adenauer reelixido presidente da Rep. Federal de Alemania. Primeiras actuacións dos Beatles e de Bob Dylan.

1962

[LAXEIRO] Expón na Sala Prisma de Madrid e participa na colectiva Cincuenta anos de pintura figurativa española, na Galería Charpentier (París). En Bos Aires pinta os murais Villancico e A fuxida a Exipto.
[GALICIA] Arturo Souto viaxa a España. Protestas contra a concentración parcelaria en Mazaricos: un morto. Fúndanse FINSA, COREN-UTECO e CENOR (Cementos del Noroeste). Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra.
[ESPAÑA] Fortes mobilizacións obreiras e estudiantís. Aparición do sindicato CC.OO. A oposición franquista reúnese en Múnich. Detido dirixente comunista Julián Grimau.
[INTERNACIONAL] Conságrase o Pop-Art no artigo de Swenson en Art News. Andy Warhol expón a primeira serie de latas de sopa Campbell. Concilio vaticano II. Independencia de Arxelia e Ruanda. Morren Faulkner e Marilyn Monroe. O Guggenheim de Nova Iork dedica unha gran retrospectiva a F. Bacon.

1964

[LAXEIRO] Elixido vicepresidente da Asoc. Arxentina de Artistas Plástico. Conferencia O bicho creativo. Expón individualmente en Bos Aires, nas salas Lascaux: Sociedad Estímulo de Bellas Artes, Galería Boado e Sala Velázquez; e na Galería Prisma de Madrid. Pinta O Mundo.
[GALICIA] Arturo Souto falece en México. Lugrís regresa a Vigo. Polos de desenvolvemento en A Coruña e Vigo. Nace o Banco do Noroeste. Franco inaugura a refinería Petroliber. Día das Letras adicado a Castelao con reiteradas censuras do Ministerio de Información. Fundación da UPG.
[ESPAÑA] Nace ZAJ. Fúndase o Equipo Crónica. Campaña do réxime: 25 anos de paz. O Mercado Común conxela o ingreso de España. Franco preside a final de copa europea na que España gaña á URSS. Un centenar de intelectuais asinan un manifesto contra a represión dos mineiros asturianos en folga.
[INTERNACIONAL] Zambia e Kenia independízanse. Nelson Mandela encarcerado. Destituido N. Kruchev, sustituido por Bresniev. M. Luther King, Nóbel da Paz. China explosiona a súa bomba atómica

1965

[LAXEIRO] Expón na Sala Lascaux (Bos Aires). Viaxa a Vigo. Expón na Asociación de Artistas de A Coruña. Conferencia As Barrigas verdes da pintura. Pinta O enterro da marioneta e alborada
[GALICIA] Abaten ao guerrilleiro O Piloto. Franco honoris causa na USC. Creación da cátedra de Lingua e Literatura Galega na USC. Primeira misa en galego do Padre Seixas. Carta a Quiroga Palacios en favor do uso do galego na liturxia.
[ESPAÑA] Nace o Equipo Crónica. Bloqueo a Xibraltar. Manifestaciós obreiras e estudantís. Tierno Galván e Aranguren separados das súas cátedras. Segundo canal de TVE. López Rodó inicia novos Planos de Desenvolvemento.
[INTERNACIONAL] Xurde o Op-art e o Body-art. Fortes disturbios raciais en EE.UU. Marcos Presidente de Filipinas. Primeiras fotos de Marte. Finaliza o Concilio Vaticano II. Morren Churchill, Nat King Cole, o arquitecto Le Corbusier e Malcom X.

1966

[LAXEIRO] Expón na Sala Quixote (Madrid).
[GALICIA] Fúndanse as CC.OO de Galicia. Fortes protestas polo encoro de Castrelo de Miño.
[ESPAÑA] Inauguración do Museo de Arte Abstracta de Cuenca. Nace o Equipo Realidad. Aprobada a lei de prensa inspirada por Manuel Fraga. Enerxía atómica en Palomares.
[INTERNACIONAL] Bresniev nomeado secretario do PCUS. Revolución cultural en China. M. Foulcault: As palabras e as cousas.

1967

[LAXEIRO] Expón na Sala de Arte da Caixa de Aforros de Vigo. Participa nas colectivas Nove Pintores Galegos (Galería Quijote) e na Galería Toisón, ambas en Madrid.
[GALICIA] Torres xubílase como mestre en Marín. Concerto de Raimon en Santiago. Acto de despedida a Celso Emilio Ferreiro. Carlos Casares: Vento ferido.
[ESPAÑA] Nace o Equipo Realidad. Juan Antonio Aguirre presenta a mostra Nueva Generación, na sala Amadís de Madrid. Detención do profesor Aranguren. Estado de excepción en Biscaia. Carrero Blanco vicepresidente do Goberno.
[INTERNACIONAL] Primeiras manifestacións da Arte Povera y da Land-art. Abaten a Ernesto Che Guevara. Guerra árabe-israelí. Primeiro trasplante de corazón. G. García Márquez: Cien años de soledad. Guy Debord: A sociedade do espectáculo

1968

[LAXEIRO] Creación do Museo Laxeiro (Lalín). Expón na Galería Biosca (Madrid) Exposición Antolóxica na Sala da Caixa de Aforros de Vigo. Pinta La vida.
[GALICIA] Fúndase Estampa popular galega. I Exposición ao Aire libre, Praza da Princesa, en Vigo. Luis Seoane e Díaz Pardo inician o Laboratorio de Formas. Primeiro recital de Voces Ceibes. Homenaxe a Otero Pedrayo en Santiago. Mobilizacións xeralizadas de estudantes. Fúndase o PC de Galicia.
[ESPAÑA] Nace o grupo Antes del Arte e o grupo Mente. Inícianse os seminarios de Arte e Computadoras no Centro de Cálculo da Universidade Complutense de Madrid. Primeiros mortos de ETA. Estado de excepción no País Vasco. Protestas do clero vasco.
[INTERNACIONAL] Revoltas en París, maio do 68. Primavera de Praga. Matanzas de estudantes en México. Asasinados Luther King e Robert Kennedy. Stanley Kubrick: 2001, unha odisea no espazo.

1969

[LAXEIRO] Participa na Primeira Exposición de Artistas Galegos pro Instituto Antón Beiras, en Vigo. Viaxa a Amsterdam para ver a retrospectica de Rembrandt. Pinta O Naranxo.
[GALICIA] II Exposición ao Aire Libre da Praza da Princesa, en Vigo. I Bienal Provincial de Arte de Pontevedra. O Vaticano recoñece o galego como lingua de liturxia. Actos do Día da Patria Galega en Santiago, con intervención policial. Carlos Casares expulsado da docencia.
[ESPAÑA] Xeralízase o Estado de excepción. Franco designa a Juan Carlos de Borbón como sucesor. Caso MATESA, crise de goberno. [INTERNACIONAL] Disturbios en Irlanda do Norte. Chegada do home á lúa. Arafat á fronte da OLP. Dimite De Gaulle. Primeiras noticias do que será Internet.

1970

[LAXEIRO] Exposición retrospectiva na Art Gallery Internacional (Bos Aires). Regresa definitivamente: Lalín, Vigo e Madrid. Expón na Galería Biosca (Madrid) e participa na Terceira Exposición de Arte ao Aire Libre na Praza da Princesa (Vigo).
[GALICIA] I Bienal Regional de Arte de Pontevedra. Inaugúranse a Fábrica de cerámica de Sargadelos e o Museo Carlos Maside. Plano de accesos a Galicia. Naufraxio do Polycomander. Xohana Torres: Adiós, María.
[ESPAÑA] Consello de guerra de Burgos. Peche da Universidade. Lei Xeral de Educación. Luís Buñuel: Tristana.
[INTERNACIONAL] Primeira exposición, en París, do grupo Suppors-Surfaces. Salvador Allende, presidente de Chile. Matanza de palestinos en Xordania. Proclamación da República de Camboxa. Implantación do primeiro simulador cardíaco. O Centro Pompidou inicia as súas actividades.

1971

[LAXEIRO] Expón na sala de arte Jorge Juan (Madrid) e a Sala Roizara (Vigo). Participa nas colectivas viguesas: IV Exposición de Arte ao Aire Libre, Praza da Princesa; Grandes Pintores Galegos, Museo Municipal Quiñones de León e Serigrafías de Pintores Galegos (Sala Roizara.)
[GALICIA] Nace o grupo pontevedrés La Pecera. I Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. Fundación do Instituto da Língua Galega. Méndez Ferrín: Retorno a Tagen Ata. Neira Vilas: Cartas a Lelo.
[ESPAÑA] Manifestacións de apoio a Franco. Revoltas universitarias. Represión policial intensa.
[INTERNACIONAL] P. Picasso expón no Louvre. Guerra indo-paquistaní. Pablo Neruda, premio Nóbel. Primeiro microprocesador. L. Visconti: Muerte en Venecia.

1972

[LAXEIRO] Expón nas galerías Sargadelos e Torrado de Barcelona. Participa na mostra Expresionistas españoles, Galería Theo, Madrid Participa na V Exposición de Arte ao Aire Libre. Praza da Princesa (Vigo).
[GALICIA] II Bienal Regional de Arte de Pontevedra. Folgas obreiras en Vigo e Ferrol: 2 muertos. X.M. Beiras: O atraso económico de Galicia.
[ESPAÑA] Celébranse os Encuentros de Pamplona. Museo de Escultura ao Aire Libre, de Madrid. I Exposición Internacional de Escultura, en Tenerife. Nace o Grup de Treball. Igualdade de maioría de idade entre homes e mulleres (21 años).
[INTERNACIONAL] Inglaterra suspende o Goberno de Irlanda do Norte. Caso Watergate. F. F. Coppola: O Padriño. B. Bertolucci: O derradeiro tango en París.

1973

[LAXEIRO] Expón na Galería Orfila (Madrid). Participa na VI Exposición de Arte ao Aire Libre. Praza da Princesa (Vigo). Obtén unha Primeira Medalla na Bienal Nacional de Arte de Pontevedra.
[GALICIA] Morre Urbano Lugrís, en Vigo. Luis Seoane deseña o Monumento ao emigrante, para o Concello de A Coruña, que se inaugurará en 1994. I Mostra de Teatro en Rivadavia. Nacen as Comisiós Labregas. X. Alonso Montero: Informe –dramático- sobre a língua galega.
[ESPAÑA] Atentado de ETA contra Carrero Blanco. Proceso xudicial contra as CC OO. Franco enferma gravemente. Buñuel: Oscar por El discreto encanto de la burguesía. Aparece a revista de arte, deseño e arquitectura Batik. I Exposición Internacional de Escultura na Rúa (Tenerife).
[INTERNACIONAL] Morre Picasso. Golpe de Pinochet en Chile, asasinados Allende e Victor Jara, represión masiva. EE.UU abandona Vietnam. Crise do petróleo. Invención do escáner. A. Solzhenitsin: Arquipélago Gulag.

1974

[LAXEIRO] Expón nas galerías Mestre Mateo (A Coruña) e Grosvernor (Madrid). Participa nas colectivas viguesas: Exposición de Artistas Galegos pro Instituto Beiras e Seis mestres da pintura española, exposición inaugural da Sala de Arte Van Gogh. DedÍcaselle unha sala monográfica no Museo Quiñones de León, Vigo.
[GALICIA] VII Exposición ao Aire Libre da Praza da Princesa, en Vigo. Exposición de Escultura ao Aire Libre, en Vigo. Nace o grupo coruñés Sisga. I Mostra de Arte Galega, en Santiago de Compostela. I Mostra de Arte de Cambados. I Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. Explotación de mineral en As Pontes de García Rodríguez. Manifestacións en Xove, contra un plano nuclear.
[ESPAÑA] Xurde o grupo aragonés Pintura-Pintura. Fracasa o espírito de apertura de Arias Navarro. Execución de Puig Antich. ETA intensifica os atentados.
[INTERNACIONAL] Xurde o Hiperrealismo. Exposición Video et Confrontation no Museo de Arte Moderna (París). En Alemania nace o grupo denominado Os Novos Selvaxes. Revoluçao dos cravos, en Portugal, o 25 de abril. Independencia de Cabo Verde, Mozambique e Guinea Bissau. Fin da ditadura en Grecia.

1975

[LAXEIRO] Expón na Galería Columela (Madrid) e na Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Realiza o cartel para a Feira do cocido, Lalín.
[GALICIA] Nace o grupo coruñés A Carón. VIII Exposición de Arte ao Aire Libre da Praza da Princesa, en Vigo. Mostra do Cárcere, en Vigo. Mostra de Pintura, na Praza da Leña de Pontevedra. III Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. II Mostra de Arte de Cambados. Fundan a AN-PG, o SLG, e a Xunta Democrática de Galicia. Morte de Moncho Reboiras. C. Casares: Xoguetes pra un tempo prohibido.
[ESPAÑA] Decreto Lei antiterrorista. Execucións de opositores ao réxime. Inaugúrase o Museo Español de Arte Contemporánea. Morre Franco. Juan Carlos de Borbón ocupa la Xefatura do Estado. Marcha verde de Marrocos no Sahara. Descolonización en África. Grave crise económica, alta taxa de desemprego.
[INTERNACIONAL] Independencia de Angola. Perón presidente de Arxentina. Guerra civil no Líbano. Poder vermello en Camboxa.

1976

[LAXEIRO] Expón nas galerías Torques (Santiago de Compostela), Orfila (Madrid) e Birger (Bos Aires) e na colectiva da Galería Kandinsky (Madrid).
[GALICIA] II Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. Princesa 76, IX Exposición ao Aire Libre de Vigo. Xurde o grupo de Comunicación Poética Rompente. Nacen o Colectivo da Imaxe e o grupo compostelano Foga. III Mostra de Arte de Cambados. Pintores Galegos ao Ar Libre, en Vilagarcía. Comeza a obra da Autoestrada, con conflitos. Constitución do Consello de Forzas Políticas. Morre Otero Pedrayo. Fundación do Museo do Pobo Galego. Ferrín: Con pólvora e magnolias.
[ESPAÑA] Adolfo Suárez, Presidente do Goberno. Lei da Reforma política. Amnistía parcial. Detención de Santiago Carrillo.
[INTERNACIONAL] Golpe de Estado en Arxentina, encabezado polo xeneral Videla. Matanzas en Soweto. J. Carter, presidente de EE.UU. Comercializado o primeiro superordenador. Morre Mao. M. Scorsese: Taxi Driver.

1977

[LAXEIRO] Expón con Fauto de Lima na Nova Sala da Caixa de Aforros de Vigo e na Galería Giannini (A Coruña). Pinta Homenaxe a Lala.
[GALICIA] IV Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. X Exposición ó Ar Libre, en Vigo. Pintores ó Ar Libre en Vilagarcía. Constitución da Asemblea de Parlamentarios e a Xunta preautonómica. Reaparece A Nosa Terra.
[ESPAÑA] Primeiro número da revista Humo. Legalización do PCE. Primeiras eleccións democráticas. Preautonomía en Cataluña e País Vasco.
[INTERNACIONAL] Agrupamento dos sete estados máis ricos. Bokassa preside a República Centroafricana. Bomba de neutróns. W. Allen: Annie Hall

1978

[LAXEIRO] Expón na galería Torques (Santiago de Compostela). Pinta A familia do marquesado de Romea.
[GALICIA] III Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. Mobilizacións polo prezo do leite e a autoestrada.Crise de Ascón. Legalización da AN-PG. Rompente: O silabario da turbina.
[ESPAÑA] Apróbase a Constitución. Pactos da Moncloa. Atentado contra dirixentes etarras.
[INTERNACIONAL] Acordos de Camp David. Asasinato de Aldo Moro. Insurrección sandinista en Nicaragua. Primeiro bebé probeta. Morre Paulo VI a quen sucede Xoán Paulo I e Xoán Paulo II.

1979

[LAXEIRO] Expón nas Galerías Adro (A Coruña) y Felipe Santullano (Madrid).
[GALICIA] V Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. Morren Luís Seoane, Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro e Álvarez Blázquez. Aprobado o Proxecto de Estatuto de Autonomía. O galego entra no ensino regrado. Reaparece o Seminario de Estudos Galegos.
[ESPAÑA] Mostra 1980, na Galería Juana Mordó, Madrid. Primeiro número da revista Cimal. A UCD trunfa nas xerais. Primeiras eleccións municipais en democracia. Aprobados os Estatutos vasco e catalán. Aprobado o Estatuto dos Traballadores.
[INTERNACIONAL] Xurde a Transvangarda italiana. Vietnam invade Camboxa. A URSS intervén en Afganistán. Revolución sandinista en Nicaragua. Proclamación da Rep. Islámica de Irán. M. Tatcher, Primeira Ministra. Elección da primeira Asemblea Europea. IBM lanza o PC. Aparece o compact-disc. J. F. Lyotard: A condición postmoderna.

1980

[LAXEIRO] Carpeta de gravados de Laxeiro. IV Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. Atlántica´80 (Baiona).
[GALICIA] Referendo do Estatuto de Autonomía. Constitución da INTG. Movilizacións contra o Decreto de Bilingüismo. C. Casares: Ilustrísima.
[ESPAÑA] Exposición Madrid D.F (Museo Municipal de Madrid). Referendo autonómico en Andalucía. O PSOE presenta moción de censura contra Suárez. Nova Lei antiterrorista.
[INTERNACIONAL] A Bienal de Venecia mostra o neo expresionismo. Exposición de graffitis en Nova Iork. Nace o sindicato polaco Solidarnosc. Morre Tito. Aparece a videoconferencia.

1981

[LAXEIRO] Legado Laxeiro á cidade de Vigo. Érase unha vez Laxeiro, homenaxe do colectivo Atlántica (Vigo). Expón na Galería Citania (Santiago de Compostela)
[GALICIA] VI Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. Atlántica (Centro Cultural de la Villa. Madrid). Primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia: Albor, presidente da Xunta. Fundación de Esquerda Galega, liderada por Camilo Nogueira. Morre Cunqueiro.
[ESPAÑA] Traslado do Guernica a Madrid. Exposición Otras figuraciones. Demisión de Suárez, Calvo Sotelo, presidente. Golpe de Estado, 23 –F. Envenenamento por aceite de Colza.
[INTERNACIONAL] A CEE ampliada a dez membros. Síntese dun xen humano. Mitterrand, presidente de Francia; R. Reagan, de EE.UU. J. F. Lyotard: A condición postmoderna.

1982

[LAXEIRO] Expón na Galería Kandinsky (Madrid). Participa na V Bienal Nacional de Arte (Pontevedra).
[GALICIA] Expulsión dos deputados do BN-PG-PSG. V. Freixanes gaña o Blanco Amor de novela, na primeira convocatoria, con O triángulo inscrito na circunferencia. Fundación do Bloque Nacionalista Galego. Ferrín: Amor de Artur. M. Lourenzo: Fedra.
[ESPAÑA] Nace a feira de arte ARCO. España ingresa na OTAN. Apróbase a LOHAPA, que limita as autonomías. Primeira maioría absoluta do PSOE; Felipe González, presidente. Elevada taxa de desemprego.
[INTERNACIONAL] Guerra nas Maldivas. García Márquez, Nóbel de Literatura. Primeira implantación en humanos dun corazón artificial. Morre Briesniev.

1983

[LAXEIRO] Participa na exposición Pintores en Madrid (Museo Español de Arte Contemporáneo). Creación do Museo Laxeiro, en Vigo.
[GALICIA] VII Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. Atlántica (Pazo de Xelmírez, Santiago de Compostela) Mobilizacións contra os depósitos nucleares na Fosa Atlántica. Folgas xerais en Vigo e Ferrol. Creación do Consello da Cultura Galega. Lei de Normalización Lingüística.
[ESPAÑA] Xeralización das Autonomías. Casos Banca Catalana e RUMASA. Decreto Lei de Reconversión Siderúrxica. J.L. Garcí, Oscar por Volver a empezar. [INTERNACIONAL] R. Reagan ameaza coa Guerra das Galaxias. Guerra no Salvador. Os Verdes entran no Parlamento alemán. Identificación da Sida.

1984

[LAXEIRO] Expón na Galería Abel Lepina (Vigo). Presenta a carpeta de serigrafías Xentes da Romea.
[GALICIA] VI Bienal de Arte de Pontevedra. Imaxes dos 80 dende Galicia (Santiago de Compostela). Grave crise industrial, mobilizacións obreiras. Nace Coalición Galega. C. Reigosa gaña o Xerais de Novela na súa primeira convocatoria, con Crime en Compostela. A. Conde publica Xa vai o griffón no vento.
[ESPAÑA] Aparece a revista Baudes. Decreto de Reconversión Naval. CIU gaña as autonómicas en Cataluña. J. Pujol presidente da Generalitat.
[INTERNACIONAL] Chernienko presidente do PCUS. O IRA pon unha bomba no Congreso do Partido Conservador. Asesinato de Gandhi. Nace o primeiro bebé probeta, a partir de embrión conxelado. W. Wenders: París,Texas.

1985

[LAXEIRO] A Bienal de Pontevedra adícalle unha mostra antolóxica. Adxudícanlle a Medalla de Honor da Bienal.
[GALICIA] VIII Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. A toda tela (Vigo). Fernández Albor reelixido presidente da Xunta. Nace a Compañía da Radio e Televisión de Galicia. Carlos Casares, director de Galaxia.
[ESPAÑA] Adhesión de España á CEE. Ardanza, Lehendakari.
[INTERNACIONAL] Gorbachov, secretario do PCUS. Detectado o burato de ozono na Antártida.

1986

[LAXEIRO] Participa na mostra Renovación e Vangarda en Galicia (1923-1933) en Pontevedra. Medalla do Concello de Lalín.
[GALICIA] VII Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. Imaxes dos 80 dende Galicia (Santiago de Compostela). Nace a Mesa pola Normalización Lingüística. Edítase a Gran Enciclopedia Gallega. Suso de Toro: Polaroid.
[ESPAÑA] Maioría absoluta do PSOE. Fraga renuncia á presidencia de Alianza Popular.
[INTERNACIONAL] A Documenta 8 de Kassel mostra a recuperación da estética xeométrica e construtiva. A exposición da galería Ileana Sonnabend, en Nova Iork, da a coñecer a posmodernidade. Desastre nuclear en Chernobil. Clonación dun embrión da ovella Dolly. Voo do cometa Halley. Estación orbital Mir.

1987

[LAXEIRO] Expón na Galerías Trinta (Santiago de Compostela) e Balboa (Madrid) e na colectiva: Visao da arte galega. Fundación Gulbenkian (Lisboa).
[GALICIA] Crise de goberno na Xunta provocada polo vicepresidente Barreiro Rivas. Asemblea do BNG en O Carballiño. Ferrín: Bretaña Esmeraldina. Casares: Os mortos daquel verán.
[ESPAÑA] Bomba de ETA en Hipercor. Morre o dirixente etarra Txomin en Arxelia.
[INTERNACIONAL] Comeza a Perestroika. Complétase a Europa dos 12. Comeza a Intifada en Palestina.

1988

[LAXEIRO] Exposición Laxeiro en Arxentina (1952-1970), Kiosco Alfonso ( A Coruña). Galería Pardo Bazán (A Coruña). Galería Androx (Vigo). Pedrón de Ouro.
[GALICIA] Moción de censura contra Albor, Fernández Laxe, presidente. Comeza o retorno de emigrantes.
[ESPAÑA] Inicio de fusións de Bancos. Folga xeral. J. Anguita á fronte do PCE.
[INTERNACIONAL] Bush, presidente de EE.UU. Finaliza a guerra Irán-Irak.

1989

[LAXEIRO] Exposición Laxeiro, 1952-1970, mostra inaugural do Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). Galería Van Dyck (Xixón). Galería Trinta (Santiago de Compostela). E na colectiva: Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo, Casa Dom Hugo (Porto). Morre Lala. Realiza as Vidreiras do Parlamento de Galicia.
[GALICIA] Inaugúrase o Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). Manuel Fraga obtén a maioría absoluta, presidente da Xunta. Creación das Universidades de Vigo e A Coruña. CXTG e INTG preséntanse xuntas ás eleccións sindicais. Chano Piñeiro: Sempre Xonxa. D. X. Cabana: Galván en Saor. M. Rivas: Ningún cisne.
[ESPAÑA] Terceira maioría absoluta do PSOE. Alianza Popular pasa a denominarse Partido Popular. Tregua de ETA. Asesinato do deputado de Herri Batasuna, Muguruza. Camilo José Cela gaña o Nóbel. Muere Dalí.
[INTERNACIONAL] Crise na URRS. Cae o muro de Berlín. Cambios na Europa do leste. Represión en TianaNmen. Independencia de Namibia. Cae Ceaucescu, en Romanía. Morre Jomeini.

1990

[LAXEIRO] Expón nas galerías Calpurnia e Esse (Ourense) e xunto a Alfonso Sucasas na Fundación Caixa Galicia (A Coruña). Medalla de ouro do Concello de Vigo. Deseña unha vaixela para Sargadelos e o libro Galicia de Cela/Vaqueiro.
[GALICIA] Forte crise económica en sectores produtivos: ASTANO, Barreras, LARSA…
[ESPAÑA] José María Aznar, presidente del PP. O PNV renova o mandato no País Vasco.
[INTERNACIONAL] Reunificación de Alemania. Independencia das Rep. Bálticas. L. Walesa, presidente de Polonia. Irak invade Kuwait e EE.UU. ocupa Panamá. Democratización de numerosos réximes da África subsahariana.

1991

[LAXEIRO] Expón en Galería Dársena (A Coruña), Medio século de arte galega (Lisboa). Deseña a botella do viño Amadeus.
[GALICIA] Forte depresión económica. Primeiras detencións de narcotraficantes. X. Cid Cabido: Días contados. R. Vidal Bolaño: Saxo tenor.
[ESPAÑA] Alfonso Guerra demite como vicepresidente do Gobierno. Adolfo Suárez abandona a política. Novas fusións de bancos.
[INTERNACIONAL] Desaparición da URSS. B. Ieltsin, presidente de Rusia. Guerra en Croacia e Golfo Pérsico. O apartheid é abolido por lei en Sudáfrica. Disolución do COMECON e do Pacto de Varsovia.

1992

[LAXEIRO] Carpeta de grabados En torno a la pintura. Participa en Arte galega en CaixaGalicia, Fundación Caixa Galicia (Santiago de Compostela).
[GALICIA] Plano Forestal. Catástrofe ecolóxica ocasionada polo Mar Egeo. Alta taxa de desemprego.
[ESPAÑA] Conmemoracións do V Centenario da descuberta de América. Expo en Sevilla. Olimpiadas en Barcelona.
[INTERNACIONAL] A Galería Saatchi presenta os Young British Artists. Clinton, presidente en EE.UU. Guerra en Bosnia. Tratado de Maastrich. Recoñecemento das repúblicas emanadas da antigua URSS. Aparece a fotografía dixital.

1993

[LAXEIRO] Participa en ARCO’03 (stand Galería Trinta). Trazos e Camiños, Xacobeo 93 (Santiago de Compostela). Catro renovadores da arte galega, Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). Mural Un berro por Belas Artes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra. Creación da Bienal Pintor Laxeiro, Lalín.
[ESPAÑA] Maioría absoluta do PP. Cesión do 15% do IRPF ás CC.AA. Fortes investimentos no ano Xacobeo. Estancamento económico, tres millóns e medio de parados. O PSOE gaña as eleccións. Intervención do Banco de España en Banesto: caso Mario Conde.
[INTERNACIONAL] Creación da Unión Europea. Prodúcense reformas en China. Conversas de paz en Sudáfrica, Oriente Medio e o Ulster. Partición de Checoslovaquia. Publicación do primeiro mapa físico do conxunto do xenoma humano.

1994

[LAXEIRO] Expón en la Galería Abel Lepina ( Vigo); con Torres na Sala de Cultura de Pontevedra; Castillo- Laxeiro, Galería Alameda, Vigo.
[GALICIA] Fortes mobilizacións de labregos e traballadores. Nace a CIG. Unidade Galega intégrase no BNG.
[ESPAÑA] Folga Xeral. O PP gaña as eleccións europeas.
[INTERNACIONAL] Matanza nun mercado de Saraxevo. Guerra en Chechenia. Revolta Zapatista. Mandela presidente de Sudáfrica. O IRA declara unha tregua. Posta en marcha das zonas de libre comercio europeas. Atentados en Arxelia. Masacres en Ruanda. Grave crise financeira en México.

1995

[LAXEIRO] Participa en la muestra itinerante Colección de arte gallego Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia. Arte e soliedaridade, Casa das Artes, Vigo.
[GALICIA] Inaugúrase o Museo de Arte Contemporánea Unión FENOSA, A Coruña). Morre o pintor Manolo Torres. Decreto sobre o galego no ensino. Conflito de pesca no Canadá. Quinto centenario da USC. Ano da música e literatura Bravú. Lois Pereiro: Poesía de amor e enfermidade; Manuel Rivas: Que me queres, amor? Premio Julio Camba de xornalismo.
[ESPAÑA] Javier Solana, secretario xeral da OTAN. Ceuta e Melilla aproban os seus Estatutos autonómicos. Indurain gaña o seu quinto Tour. Cela gaña o Cervantes.
[INTERNACIONAL] Isaac Rabin asasinado. Acordos de Dayton sobre Bosnia. Austria, Finlandia e Suecia adhírense á UE. Chirac presidente de Francia. Asasinato de Rabin. Primeiro coñecemento completo do código xenético dunha bacteria. Apróbase a Lei Helms-Burton.

1996

[LAXEIRO] Antolóxicas na Sala Conde Duque (Madrid) e no Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela). Morre Luisa Villamarín, en marzo. Falece en Vigo, o 21 de xullo.
[GALICIA] Pintura galega. Pintores nacidos entre 1900-1910, Fundación Camilo José Cela (Padrón). Mobilizacións contra a cota láctea; actuacións desmedidas da policía. Manifestacións sindicais en defensa das liberdades. O BNG acada dous deputados en Madrid. Casares sustitúe a Filgueira na presidencia do Consello da Cultura Galega. Pilar Pallarés: Livro das devoracións; Xurxo Borrazás: Eu é. C. Casares: Deus sentado nun sillón azul.
[ESPAÑA] Aznar presidente do Goberno. Impulso das liberalizacións e privatizacións.
[INTERNACIONAL] Os Talibáns controlan Afganistán. Ieltsin reelixido. Primeiras elleccións palestinas. Caso das vacas tolas.

Exposicións individuais

1934
Facultade de Filosofía e Letras. Santiago de Compostela

1935
Galería R/Michelena. Pontevedra

1945
Sala Casino. Vigo
Galería Estilo. Madrid

1947
Sala Estudio. Bilbao
Asociación de Artistas da Coruña. A Coruña
Sala Velázquez do Teatro Fraga. Vigo
Sala do Padroado de Turismo. Santiago de Compostela

1948
Sala Velázquez do Teatro Fraga. Vigo
Lóstrego. Taberna El Capitán. Vigo
Sala Casino. Vigo

1950
Sala Velázquez do Teatro Fraga. Vigo

1952
Mostra de debuxos en Los Martes Bohemios de la Boca. Bos Aires

1954
Sociedad Iberoamericana. Bos Aires.

1955
Exposición inaugural da sala de exposicións do Centro Lucense. Bos Aires

1957
Sala Velázquez. Bos Aires

1964
Galería Prisma. Madrid
Sala Lascaux. Bos Aires
Sociedad Estímulo de Bellas Artes. Bos Aires
Galería Boado. Bos Aires
Sala Velázquez. Bos Aires

1965
Sala Lascaux. Bos Aires
Asociación de artistas de A Coruña. A Coruña

1966
Galería Quijote. Madrid

1968
Galería Biosca. Madrid

1970
Retrospectiva, Art Gallery International. Bos Aires
Galería Grosvenor. Madrid

1971
EDAF. Sala de arte Jorge Juan. Madrid

1972
Galería Sargadelos. Barcelona
Galería Torrado. Barcelona

1973
Galería Orfila. Madrid

1974
Galería Mestre Mateo. A Coruña
Galería Grosvenor. Madrid

1975
Galería Columela. Madrid
Sala Caja de Ahorros Municipal de Vigo. Vigo

1976
Galería Torques. Santiago de Compostela
Galería Orfila. Madrid
Galería Birger. Bos Aires

1977
Galería Giannini. A Coruña

1978
Galería Torques. Santiago de Compostela

1979
Galería Adro. A Coruña
Galería Felipe Santullano. Madrid.

1981
Érase uha vez Laxeiro. Homenaxe do Colectivo Atlántica. Casa da Cultura. Vigo
Galería Citania. Santiago de Compostela

1982
Galería Kandinsky. Madrid

1984
Galería Abel Lepina. Vigo

1985
Laxeiro, 1934–1985. VIII Bienal Nacional de Arte. Deputación Provincial de Pontevedra. Pontevedra

1987
Galería Trinta. Santiago de Compostela
Galería Balboa. Madrid

1988
Laxeiro en Argentina (1952-1970), Kiosko Alfonso. A Coruña
Galería Pardo Bazán. A Coruña
Galería Androx. Vigo

1988-1989. Artistas Galegos na Colección Caixavigo. Itinerante, Museo Municipal de Ourense, Museo do Pobo Galego en Santiago, Kiosko Alfonso da Coruña

1989
Laxeiro, 1952-1970. Exposición inaugural do Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.
Galería Van Dyck. Xixón
Galería Trinta. Santiago de Compostela

1990
Galería Calpurnia. Ourense
Galería Esse, Ourense

1991
Galería Dársena. A Coruña

1994
Galería Abel Lepina. Vigo

1996
Laxeiro. Centro Galego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela
Laxeiro. Sala Conde Duque. Madrid

2000
Os Laxeiros de Lalín. Fundación Laxeiro. Vigo
Laxeiro, obra gráfica. Fundación Laxeiro. Vigo

2001
Laxeiro, el eterno retorno. Fundación Laxeiro.
Convento de San Francisco, La Habana, Cuba.
Laxeiro, obras da Colección permanente de Vigo. Fundación Laxeiro/Caixanova. Itinerante: Ferrol, Lalín, Santa Uxía de Ribeira.
Laxeiro, debuxos inéditos I. Fundación Laxeiro. Vigo

2002-2003
Laxeiro, 1930-1980. Fundación Laxeiro/Caixanova. Itinerante: Pontevedra, Ourense, A Estrada, Verín, Ponteareas, Lugo, Vilalba, Viveiro, Vilagarcía, Noia, Marín, Culleredo

2003
Laxeiro, el carnaval de las formas. Fundación Laxeiro. Instituto Cervantes, Lisbora, Portugal
Laxeiro, un artista de vocación atlántica. Fundación Laxeiro. Centro Atlántico de Arte Moderno. Las Palmas de Gran Canaria
Laxeiro, debuxos inéditos II. Fundación Laxeiro. Vigo
Laxeiro, debuxos inéditos I. Fundación Laxeiro.
Museo Ramón María Aller. Lalín

2005
Laxeiro, debuxos inéditos III. Fundación Laxeiro. Vigo

2006
Laxeiro en Buenos Aires. Fundación Laxeiro.
Museo Nacional de Bellas Artes. Bos Aires.
Laxeiro, debuxos inéditos IV. Fundación Laxeiro. Vigo

2007
Laxeiro, debuxos inéditos V. Fundación Laxeiro. Vigo

2008
Laxeiro, debuxos inéditos VI. Fundación Laxeiro. Vigo Laxeiro, la lógica de lo irracional. Fundación P. Barrié de la Maza.Vigo-Coruña
O Laxeiro informalista na colección Alcalde-Varela. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela
Laxeiro ilustrador. Fundación Laxeiro. Vigo
O primeiro Laxeiro. Museo de Pontevedra. Pontevedra.

Exposicións colectivas

1933
Barraca Resol. Santiago de Compostela

1946
Laxeiro e Virxilio Blanco. Santiago de Compostela

1951
Artistas gallegos. Galería Velázquez. Bos Aires. (con I. Díaz Pardo, Carlos Maside, J. Minguillón, M. Pesqueira, M. Prego e A. Faílde)

1959
Galería Windsor. Montevideo. (con Seoane e Nóvoa)

1962
Cincuenta anos de pintura figurativa española. Galería Charpentier. París

1967
Nueve pintores gallegos. Galería Quijote. Madrid.
Galería Toisón. Madrid

1973
Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. Pontevedra

1974
Arte gallego. Galería Cid. Madrid

1976
Galería Kandinsky. Madrid

1982
Biena Nacional de Arte de Pontevedra. Pontevedra

1983
Pintores en Madrid. Museo Español de Arte Contempráneo. Madrid

1986
Renovación e Vangarda en Galicia (1923-1933). Deputación de Pontevedra. Pontevedra
Artistas Gallegos en la Colección de la Caja de Ahorros Municipal de Vigo. Vigo

1987
Visao da arte galega. Fundación Gulbenkian. Lisboa, Portugal
La pintura en las Cajas de Ahorros Confederadas. Cajacanarias.

1989
Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo. Casa D. Hugo. PortoPortugal

1990
Laxeiro-Sucasas. Fundación Caixa Galicia. A Coruña

1991
Medio século de arte galega. Semana de Galiza. Lisboa, Portugal

1992
Arte gallego en Caixa Galicia. Fundación Caixa Galicia. Santiago de Compostela
Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela

1993
ARCO’03. Madrid. Stand Galería Trinta
Trazos e Camiños. Xacobeo 93. Santiago de Compostela
Catro renovadores da arte galega. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela

1994
Torres – Laxeiro, Sala de Cultura. Pontevedra

1995
Colección de arte gallego Caixa Galicia. Fundación Caixa Galicia. Itinerante. Ourense, A Coruña, Vigo
Arte e soliedaridade. Casa das Artes. Vigo

1996
Pintura galega. Pintores nacidos entre 1900-1910. Fundación Camilo José Cela. Iria Flavia, Padrón.

1997
Colección de arte gallego Caixa Galicia. Museo de Bellas Artes. Valencia
Autorretrato, o pintor e a súa imaxe. Itinerante. Ourense, Vigo, Lugo, A Coruña.
Galicia, 1900-1990. Galicia terra única. Hospital da Caridade, Ferrerias da Armada. Ferrol.

1999
Colección Permanente. Fundación Laxeiro. Vigo (Permanente)

1999
Camiñantes. Xacobeo. Xacobeo 99, Xunta de Galicia. Itinerante

2000
Últmas adquisicións Colección Caixa Galicia. Café Moderno. Pontevedra
Un século de arte no Deza. 1900-2000 lembranzas de Colmeiro a Laxeiro. Museo Municipal R. Mª Aller. Lalín.

2002
Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega. Centro Torrente Ballester. Ferrol; Pazo da Cultura. Pontevedra

2005
Os pensionados da Deputación de Pontevedra. II (1940-1969). Caixanova. Pazo da Cultura de Pontevedra
Laxeiro o Manancial da vida. Fundación Caixa Galicia. Vigo
A Galicia moderna. Centro galego de arte contemporánea. Santiago de Compostela

2005-2006. Do Romanticismo ós anos vinte. Centro Cultural Caixavigo. Vigo
Tino Grandío. Pintando coas brumas. Museo de Belas Artes da Coruña. A Coruña.

2006
Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e identidade nacional. Fundación Luis Seoane. A Coruña.
Espazo Colección Caixanova. Centro Social Caixanova. Vigo (Permanente)

2008
De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a pintura galega de posguerra. Fundación Laxeiro, itinerante. Casa das Artes. Vigo; Parlamento de Galicia, Santiago de Compostela
Debuxando a Laxeiro. Fundación Caixa Galicia. Pontevedra
Laxeiro e amigos na Colección Caixanova. Museo Ramón María Aller. Lalín

Obras en coleccións

Biblioteca Francisco Fernández del Riego. Vigo
Caixanova. Vigo
Centro Galicia. Bos Aires. Arxentina
Centro gallego. Bos Aires. Arxentina
Concello de A Coruña
Concello de Lalín
Concello de Vigo
Deputación Provincial de A Coruña
Deputación Provincial de Lugo
Deputación Provincial de Ourense
Deputación Provincial de Pontevedra
Fundación Caixa Galicia. A Coruña
Fundación Feima. Madrid
Fundación Laxeiro. Vigo
Fundación María José Jove. A Coruña
Fundación Vicente Risco. Allariz. Ourense
Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña
Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside. Sada, A Coruña
Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa. A Coruña
Museo de Arte Moderno de Buenos Aires (MAMBA). Bos Aires, Arxentina
Museo de Belas Artes de A Coruña. A Coruña
Museo de Pontevedra. Pontevedra
Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela
Museo Municipal de Arte Contemporáneo de Madrid. Madrid.
Museo Nacional de Bellas Artes (MNBA). Bos Aires, Arxentina
Museo Provincial de Lugo
Museo Quiñones de León. Vigo
Museo Ramón María Aller. Lalín
Museo Municipal de Bellas Artes Castagnino, Rosario. Santa Fe. Arxentina
Museo Ramoneda, Jujuy. Argentina Senado. Madrid
Universidade de Vigo. Vigo
Unviersidade de Santiago. Santiago de Compostela
Xunta de Galicia. Santiago de Compostela

Autores: Beatriz de San Ildefonso e Antón Mascato

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo