Corintia de Elena Lapeña

A Fundación Laxeiro inaugura a primeira exposición individual en España de Elena Lapeña (Madrid, 1964) que, co título Corintia, mostra o seu traballo fotográfico máis recente.

Ver catálogo da exposición

ver reportaxe na CRTVG

 

O PROXECTO

 

Este proxecto arranca de unha reflexión sobre o natural e o artificial que, ao longo da historia, se solapa como dous aspectos complementarios que conforman a contorna na que habitamos. Corintia convida á reflexión sobre as estruturas simples da natureza, á vez que ofrece tamén unha reflexión sobre as estruturas construtivas realizadas por o ser humano.

 

Como a mesa autora afirma no catálogo da exposición:

 

Esta colección intenta describir formas primixenias da arte creadas por a natureza, nunha viaxe do revés ou de retorno, natura artem fingit; (…). Formas realizadas coa lei do mínimo esforzo, simplicidade, xeometría, sinxeleza e profusión de detalles, renacemento e barroco[1].

 

É a partir deste bucle sen principio nin fin, como a artista comeza a traballar na serie fotográfica que agora mostra, reunida baixo o título Corintia, na Fundación Laxeiro, despois de ser exposta en 2012, nos Open atelliers de Westelijke, Eilanden, en Amsterdam.

 

O propio título da exposición, Corintia, é unha chamada a toda a tradición artística occidental que, dende a antigüidade, frecuentemente busca na natureza os modelos arquetípicos da beleza. O número áureo, formulado xa por Euclides hai 2.300 anos, existente en certas formas naturais, instáurase, xa na Grecia clásica, como uno dos patróns de beleza universais.

 

A montaxe foi resolta dispoñendo as fotografías, impresas sobre papel, nos panos do  espazo expositivo, sen marco, directamente colgadas sobre a parede, acentuando así a delicadeza das imaxes que se nos presentan como flores e plantas moi ampliadas, con respecto ao seu tamaño real, nunha visión de conxunto na que contrasta a rotundidade de cada imaxe, coa lixeireza do soporte e a súa forma de ser mostradas.

 

A OBRA

 

A visión construtiva da realidade e a auto-xeración de estruturas naturais atopa nas plantas unha beleza espontánea, sinxela e, ao tempo, sofisticada. Unha beleza na que o accesorio non ten cabida, a pesar do caprichoso que ás veces parece o resultado.

 

dáse nestas formas un encontro entre beleza e necesidade que o home ven imitando ao longo da historia da arte e que a artista propón á inversa, como unha imitación que a natureza fai da arte. Un xogo conceptual que ten que ver cunha idealización da natureza a través da xeometría, un rescate do caos natural mediante o illamento de cada un dos motivos das súas fotografías, seguindo as pautas que os artistas do Renacemento empregaron para imitar á natureza.

 

Contemplando esta obra, é inevitable lembrar ao artista alemán Karl Blossfeldt que, no seu libro titulado As formas orixinais da arte, publicado en 1928, capturaba fotograficamente imaxes de motivos vexetais para explicar aos seus alumnos certas estruturas básicas empregadas na arte e o deseño. Unha publicación que pronto transcendeu o ámbito académico para se converter nunha referencia indiscutible da estética contemporánea.

 

Elena Lapeña recolle este legado, agora cunha intención totalmente artística, e propónnos unha mirada lenta, pausada, unha mirada contemplativa, non exenta de melancolía e chea de poesía, que concilia de forma maxistral esa oposición entre arte e natureza, mediante recursos totalmente racionais, como a procura da simetría ou a tensión compositivas, o illamento do motivo, mediante a utilización de fondos planos e a captación frontal da imaxe, para destacar elementos que teñen máis que ver co mundo das ideas, como o pensamento matemático, que co aparente caos da natureza.

 

Conecta así cunha tradición fotográfica que, dende Man Ray, atravesa todo o século XX, consistente na captación das formas puras en elementos da realidade, como bodegóns e anatomías que ela, igual que Robert Mapplethorpe nos anos oitenta, leva ao mundo botánico. Coñecedora dos achados de autores como John Ruskin que, seu belísimo libro titulado As pedras de Venecia, publicado en 1853, fai unha reflexión sobre a relación entre a natureza e a arquitectura, Elena Lapeña captura a beleza das plantas para poñela ao servizo do pensamento.

 

O resultado non pode ser máis afortunado. A presentación de flores e plantas que a cotío atopamos na nosa contorna, adquiren nestas fotografías de Elena Lapeña unha nova entidade. A ampliación e o illamento posibilítannos unha contemplación nova, un redescubrimento do xa visto, que, sen dúbida, enriquece a nosa experiencia contemplativa.

 

A ARTISTA

 

Artista polifacética, Elena Lapeña utiliza técnicas e linguaxes diversos para cada un dos seus proxectos. Pintura, vídeo, instalación e fotografía vanse combinando así na súa produción artística, sempre ao servizo dunha forma de entender o mundo a medio camiño entre a realidade e a ficción.

 

 

A súa relación coa realidade hai que entendela, por tanto, dende unha mirada poética que nos descubre o enigmático naqueles aspectos da nosa vida cotiá que frecuentemente pasan desapercibidos para a maioría de nós. É quen de mostrarnos camiños de evasión no, aparentemente máis insignificante da nosa contorna. Intersticios de fuga que van conformando unha visión poliédrica das cousas, frecuentemente moito máis complexas do que aparentemente parecen. Transcende así a mirada superficial, rápida e simplificadora coa que o noso cerebro debe operar para desenvolvernos con eficacia no mundo material e descúbrenos outros camiños, quizais menos prácticos, pero, indiscutiblemente moito máis ricos.

 

 

Viaxeira incansable, Elena Lapeña recolle experiencias e obxectos nos seus múltiples periplos: Alemaña, Bulgaria, Gran Bretaña, Holanda, Serbia, Turquía, Canadá, Cuba, Chile, Colombia, Venezuela ou Vietnam, son algúns dos seus destinos de viaxe, nos que a artista recompila obxectos cargados de significado e experiencias que sabe procesar e incluír no seu traballo artístico sen referencias explícitas aos lugares, pero enchidos da carga emotiva e vivencial que estas viaxes lle proporcionan.

 

 

Esta mirada poética, que ás veces pode raiar nun certo realismo máxico, maniféstase en toda a súa produción, dende su obra pictórica, en traballos como sobre el aire que expuxo n’A Habana en 1998, ou el calor de un cuadro en el bolsillo, de 2004, como nas súas pezas audiovisuais, como Ice Ver, mostrada en 1998 no Círculo de Bellas Artes de Madrid, ou La taza de té está escondida en el ciprés, que se puido ver no Australian Video Festival, en 1989 e, por suposto na súa obra fotográfica anterior a Corintia, como a serie, Equilibristas, mostrada en Vigo, na Galería Abel Lepina, en 1999. Merece una especial atención a obra titulada Aire de esfinge, exposta en 2011 na Sala X de Pontevedra, unha instalación interactiva que, en ton lúdico propuña unha viaxe no tempo, mediante un enxeñoso e complexo mecanismo mecánico – óptico co que despregaba de forma brillante, todo o seu potencial creativo.

 

 

TRAXECTORIA

 

Artista, investigadora e profesora de debuxo va Facultade de Belas artes da Universidade de Vigo. Doutora en Belas Artes por a Universidade Complutense de Madrid coa tese El temperamento melancólico (1994). É autora de artigos como Patinando en un rasguño (2012), Del faro a la ventana (2007), Del espejo de Claude Lorrain a otros extensores sensoriales (2006), Una pala de nieve o el calor de un cuadro en el bolsillo (2004).

 

 

Exposicións individuais

 

Corintia. Fundación Laxeiro, Vigo, 2013.

Corintia, Bickerswerf 43, Open Ateliers, Westelijke Eilanden, Ámsterdam, 2012.

Colección de plantas, INCUDEF, Casa de las 100 ventanas, Coro, Venezuela, 2009.

Sellos botánicos, Casa de la Poesía del Estado de Falcón, Coro, Venezuela, 2009.

Dibujo siempre, Casa de las Tradiciones, Santiago de Cuba, 2001.

Equilibristas, Galeria Oriente, Santiago de Cuba, 1999.

Sobre el aire, Centro Provincial de Artes Plásticas y Diseño, La Habana, 1998.

 

Exposicións colectivas

 

22 PMR, Centro Torrente Ballester, Ferrol, España, 2012.

Miniaturas, Académie Royale des Beaux Arts, Liège, Francia, 2011.

Gallerie de la Faculté F.L.U., Belgrado, Serbia, 2011.

Facultade de Artes Visuais, P.U.C. de Campinas, Brasil, 2011.

Université de Québec, Pabellón Benjamin-Suite, Tríos_Riviéres, Canadá, 2011.

Aire de Esfinge, Sala X, Pontevedra, 2011.

Feria Internacional de Gráfica Contemporánea Estampa 06, Madrid, 2006.

Galería Borrón, Cambados, Pontevedra, 2005.

Arte en Pontevedra, Pazo de Congresos, Pontevedra, 2004.

Clónicas, Casa das Artes, Vigo, 2004 .

XII Bienal Internacional de Arte Vila Nova de Cerveira, Portugal, 2003.

Provisión de desvelos y vigilias, Pazo da Cultura, Pontevedra 2002.

TR3S, Galería Abel Lepina, Vigo, 1999.

Träume aus der feuchten Erde, Kulturmodell, Passau, Alemania, 1997.

Mare tenebrarum, Casa de Cultura, Zamora, 1996.

9 with something, Edinburgh College of Art, Edimburgo, Escocia, 1995.

Antiguo “Museo Español de Arte Contemporáneo”, Madrid, 1993.

La taza de té está escondida en el ciprés, The Australian Video Festival, Australia, 1989.

Ice-Ver, Círculo de Bellas Artes, Madrid, 1989.

Bienal de Escuelas de Arte, Amberes, Bélgica, 1989.

Giralunas, Video Arco 88, Madrid, 1988.

La casa del reloj, Madrid, 1988.

Circuitos de artes plásticas y fotografía, C. R. C. Comunidad de Madrid, 1988 (itinerante)

Un espacio rectificado como una raya de tiza, C. Cultural El Foro, Pozuelo de Alarcón, Madrid, 1988.

Première Biennale des écoles d’Art d’Europe, Toulouse, Francia. 1987.

Museo de Salamanca, Patio de Escuelas, Salamanca, 1986

Museo de Salamanca, Patio de Escuelas, Salamanca, 1986

 

CATÁLOGO

 

A exposición complétase coa coidada edición dun catálogo que recolle a totalidade da serie Corintia e acompáñase de textos da propia artista, e das autoras Giulia Caneva e Linnea Scardanelli, quen analizan o traballo de Elena Lapeña dende diferentes ángulos.

 

O catálogo está editado en galego, castelán, italiano e inglés e supón para Elena Lapeña, a culminación do proceso de creación desta serie de obras fotográficas, cuxa orixe se sitúa en 2010, recollendo, por unha banda, liñas de investigación xa latentes en traballos anteriores e plasmando novas perspectivas que conforman parte das inquedanzas actuais da artista.

 

Catacterísticas:

 

Textos: Elena Lapña, Giulia Caneva, Linnea Scardanelli

Idiomas: galego, castelán, italiano, inglés

Reproducións: 25 fotografías a toda cor

Nº de páxinas: 56

Encadernación: Rústica

Tirada: 500 exemplares

Edición: Fundación Laxeiro

ISBN: ISBN: 978-84-935616-9-7

Depósito Leg al: VG-792-2013

 

PROGRAMACIÓN DA FUNDACIÓN LAXEIRO

 

Con esta exposición, a Fundación Laxeiro pecha o ano 2013. Un ano no que, a pesares da complicada situación económica, a Fundación Laxeiro foi quen de levar adiante con éxito, unha completa oferta de actividades.

 

Cun orzamento bruto de 136.000 euros, ao que contribuíron o conelllo de Vigo con un 63%, a Xunta de Galicia, cun 20%, a Deputación de Pontevedra, con un 10%, Industrias Proa con un 2% e os amigos da Fundación Laxeiro con algo máis dun 5%, participaron nas actividades da Fundación Laxeiro, que foron gratuítas na súa totalidade, un total de 15.000 usuarios.

 

As actividades levadas a cabo, concretáronse en:

 

  • Exposicións temporais, unha combinación, como é habitual, de propostas que abordaron diferentes aspectos da Vanguarda Histórica, como este ano foi el caso da exposición titulada Colmeiro, debuxos de mocidade (unha exposición que mostrou os inicios do proxecto programático de Manuel Colmeiro), con proxectos que teñen que ver coa arte contemporánea en Galicia, como foi o caso de Mesa de traballo, ensamblaxe e colaxe en Galicia, a segunda achega do Ciclo Panorama, e que, a través da obra de quince artistas, ofreceu un repaso á creación que se fai en Galicia a partir das técnicas da ensamblaxe e o colaxe. A Fundación Laxeiro continuou tamén coa súa colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra, materializándose en 2013, na exposición individual titulada Espiñas coroadas do artista Lito Portela e seguiu, por terceiro ano consecutivo, profundando no seu programa de intercambio de artistas galegos e valencianos, dentro do Ciclo Entre mares, realizado en colaboración con Collblanc, espai d’art de Castelló, coa exposición titulada Traballos verticais, do escultor valenciano de orixe galego, Juan Ortí, e a exposición celebrada en Collblanc titulada De lo social y lo personal que mostrou obra máis recente do galego Tono Carbajo.

 

  • Investigación, Ademais houbo espazo na Fundación Laxeiro para a investigación, continuando co servizo permanente de catalogación e expertización de obra de Laxeiro.

 

  • A reflexión tivo tamén o seu espazo neste 2013, coa exitosa organización das Xornadas tituladas A arte ten xénero?, dirixidas por a experta en cuestións de xénero Dolores Ruiz, realizadas en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade Vigo.

 

  • Divulgación, coas actividades didácticas que, co título xenérico Coñece a Laxeiro, achegou á Colección permanente a un total de 2.500 escolares de todos os niveis educativos y que, neste 2013, cumpriu a súa décima edición.

 

Dentro deste apartado de divulgación, no podemos deixar de mencionar o labor levado a cabo co grupo de voluntariado cultural da Fundación Laxeiro que, en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado, levou a cabo diversas visitas guiadas á Colección permanente e ás exposicións temporais, ademais de achegarse ao estudo de algún dos artistas participantes nas exposicións programadas.

 

Non podemos deixar de mencionar tamén a concesión do Premio Laxeiro que, na súa décima edición, foi outorgado, por unanimidade del Padroado, ao artista Jorge Castillo (Pontevedra, 1933)



[1] Lapeña Martínez, E. Corintia en: VV.AA. Corintia Vigo: Fundación Laxeiro, 2013 (páx. 27)

 

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo