CONVOCATORIA DE PRENSA

05.10.2010

DATA. Mércores, 13 de outubro
HORA. 12.00h.
LUGAR. Fundación Laxeiro: R/Policarpo Sanz, nº 15, 3º. Vigo
Tlf/fax: 986-43 84 75 fundacion@laxeiro.es

 

Presentación da publicación

Os pasos perdidos

Pertencente á exposición do mesmo nome que se clausura o vindeiro

domingo, 17 de outubro

Asistirán

·          Xesus López Carreira. Presidente Delegado da Fundación                                          Laxeiro. Concelleiro de Cultura
·         Antonia Blanco Pesqueira. Vicerreitora do Campus de Pontevedra
·         Ignacio Pérez – Jofre. Editor da publicación e comisario da exposición
·         Miguel Cuba. Deseñador da publciación e artista participante na mostra
·         Carlos García-Suárez Otero. Director Xeral, Fundación Laxeiro
·         Javier Pérez Buján. Director Artístico, Fundación Laxeiro

Dentro da liña de colaboración existente entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo, terá lugar a presentación de dúas publicacións, consistentes nos catálogos titulados Facer e deixar de facer e Os pasos perdidos. Ambas publicacións corresponden a dúas exposicións do mesmo nome, programadas naFundación Laxeiro, co financiamento da  Universidade de Vigo. No acto tamén se materializará a doazón da obra tituladaPalé restaurado do artista Eduardo Outeiro (A Coruña, 1981). Unha peza que formou parte da exposición Facer e deixar de facer e que o artista doa á Fundación Laxeiro, pasando a formar parte dos seus fondos, que xa contan con obras doutros artistas emerxentes galegos como: Guillermo Aymerich, Antón Cabaleiro, Amaya González Reyes, Álvaro Negro, Diego Santomé, Belén Uriel e Mar Vicente; ademais de outros creadores máis veteranos como Jorge Castillo, Carmen Chacón, César Galicia, Ángel Garraza, Paco Pestana e Tom Carr.

O aspecto anovador desta liña de colaboración entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo, concrétase en dous puntos principais:
– Os proxectos expositivos sempre parten dunha combinación entre investigación e a creación artística

– Sempre provocan un traballo en equipo, primeiro na reflexión sobre o tema elixido e máis tarde, na organización da exposición e a edición do catálogo.

Este carácter anovador quizais sexa o máis salientable para os artistas partipantes, xa que provoca dinámicas novas de reflexión / acción que introducen cambios no proceso creativo.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo