Concerto: As partículas da felicidade. Angélica V. Salvi – Miguel Carvalhais

vertixe2015cartel (1)

O xoves, 26 ás 19.00h. o festival VertixeVIGO15 visitará a Fundación Laxeiro.
A arpista Anglélica V. Salvi e o artista elecrónico Miguel Carvalhais ofrecerán un concerto para arpa preparada e electroacústica no que, baixo o título “As partículas da felicidade” interpretarán o seguinte

PRGRAMA
KAIJA SAARIAHO. Fall (1991)
ERIC CHASALOW. What is danced (and what is not) (2002)
MARIA JOSÉ BELENGUER. As partículas da felicidade (2012)
FUZZY. B-movies (1997)

O dúo Propón un programa ecléctico no que se poderán escoitar composicións próximas ao jazz pero tamén á música experimental ou a música cinematográfica reflectindo as infinitas posibilidades sonoras da arpa electroacústica. Indagar os estados de felicidade foi a premisa baixo a cal María José Belenguer se embarcou na obra que dá título ao concerto. O estadounidense Eric Chasalow dilucida a relación entre o son e o xesto a través da pregunta: “que é danza e que non o é?” Tamén á danza pertence Fall quinta parte do ballet Maa, escrito en colaboración coa coreógrafa Carolyn Carlson. A compositora finesa Kaija Saariaho explora a experiencia da travesía e do cambio. Maa en finés significa terra, territorio ou país. O ecléctico compositor danés Jens Vilhelm Pedersen, máis coñecido polo pseudónimo de Fuzzy conduciranos coa súa divertida obra B-Movies a través dos estereotipos sonoros empregados nas películas de terror da serie B.

OS INTÉRPRETES

Angélica V. Salvi é unha das arpistas europeas máis activas na procura de novos horizontes sonoros para o seu instrumento. Naceu en Salamanca (España). Completou os seus estudos de arpa clásica no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Maria Rosa Calvo Manzano, estudou Jazz na Universidade de Arizona con Carrol McLaughlin e realizou dous Masters no Real Conservatorio de La Haya con Ernestine Stoop e Anne La Berge especializándose en música contemporánea, experimental e improvisada. Ten colaborado con compositores como Takayuki Rai, Guus Janssen, Kate Moore e Joseph Waters, improvisadores como Butch Morris, Evan Parker, Han Bennink ou Steve Hubback e diversos ensembles de música contemporánea como Insomnio (Utrech), Modelo 62 (La Haya), BrokkenFabriek (Amsterdam), RPM Electro Travelling Band (La Haya), DAMU collective (La Haya) e Remix (Oporto). Actualmente é profesora de arpa no Conservatorio de música de Oporto, forma parte do colectivo FMFX (Holanda),Vertixe Sonora Ensemble (Galicia) e Pedra Contida (Oporto). Colabora con Eventless Plot (Thessalonica), Nova Orquestra Futurista do Porto, Kulter (Amsterdam), Jazz ao Centro (Coimbra), Eureka Discos (Córdoba), Cronica label (Oporto) e Sonoscopia (Oporto), ao tempo que desenvolve unha intensa actividade de creación e interpretación en diversos proxectos multidisciplinares.

 

Miguel Carvalhais é Profesor Auxiliar na Universidade de Oporto. Artistas polifacético, ten colaborado co Laboratório de Deseño, Centro de Estudos de Deseño e Arte e co Instituto de Investigación para o Deseño, Media e Cultura, Colabora co artista Pedro Tudela no @c project dende o ano 2000 e tamén traballa coa plataforma multimedia Lia en  performances e instalacións audiovisuais. En 2003 comeza a traballar no proxecto Crónica label, en música electrónica e experimental, ademais de investigar sobre diferentes aspectos da creación artística na era dixital e nos sistemas de computación, tema sobre o que trata a súa tese doutoral. As súas preocupacións sitúanse no centro dos cambios acaecidos no mundo da creación artística despois da chegada da revolución dixital, sintetizando no seu traballo, labores de deseño gráfico e dixital, composición musical, deseños sonoro e unha profunda reflexión sobre os procesos creativos dos últimos tempos.

 

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo