Comida Homenaxe a Laxeiro – 13ª Edición Premio Laxeiro

O vindeiro 23 de febreiro, Laxeiro cumpriría 108 anos e, como ven sendo habitual, o Padroado da Fundación Laxeiro sumarase aos amigos e amigas, admiradores, admiradoras e colegas do Mestre, na comida que nos reúne no restaurante Puerta 98 (antigo Puesto Piloto) para recordar a memoria de Laxeiro e compartir unhas horas en agradable compañía, ao redor dun lacón con grelos. Por razóns de calendario, este ano a comida celebrarase o VENRES, 19 DE FEBREIRO DE 2016, ás 14:30 horas.

MENÚ

Esta reunión non estaría completa sen ti, polo que te animamos a que compartas con nós estes momentos de recordo e homenaxe a unha das personalidades máis destacadas do mundo da arte e tamén un amigo entrañable, próximo e xeneroso.

XIII PREMIO LAXEIRO. Antes de comezar a comida, darase a coñecer o nome da persoa ou institución premiada co Laxeiro 2016, elixida na reunión do Padroado da Fundación Laxeiro. Con este galardón a Fundación Laxeiro recoñece toda unha traxectoria de traballo na potenciación e o enriquecemento da nosa cultura.

Premio Laxeiro en edicións anteriores: Francisco Fernández del Riego (2004);Obra Social Caixanova (2005); Xaime Isla Couto (2006); Isaac Díaz Pardo (2007); Carlos Oroza (2008); Antón Lamazares (2009); Xosé Neira Vilas (2010); Carme Kruckenberg (2011); Luis Mª. Caruncho (2012); Jorge Castillo (2013); Luz Pozo (2014); Silverio Rivas (2015)

RESERVAS. O restaurante Puerta 98 lémbranos que o aforo é limitado e que as reservas se realizarán por rigorosa orde de inscrición, polo que vos rogamos que non o deixedes para última hora, coa fin de poder ofrecervos o servizo e a calidade que vos merecedes. Como en edicións anteriores, o restaurante vai manter o prezo de 35 euros por cuberto. Rogámosvos que fagades as reservas e o pago, a través da Fundación Laxeiro para que, como moi tarde, o 16 de febreiro, o restaurante poida saber exactamente o número de persoas participantes.

Por esta razón rogámosvos que, se pensades asistir, contactedes coa Fundación Laxeiroantes do 16 de febreiro, indicando o nome de quen realiza a reserva e os nomes e número de comensais, mediante as seguintes vías:

Correo electrónico: info@laxeiro.es

Teléfono: 986 43 84 75 (de luns a venres en horario de 10:00 a 14:30h)

 

OPCIÓNS DE PAGO

Ingreso en conta:

Titular: Fundación Laxeiro

Entidade: ABANCA

IBAN: ES4020805000693040268491 (indicando no concepto: 23-F seguido do teu nome)

Cargo en conta:

Mediante recibo bancario. Para o que necesitamos os datos bancarios de cada comensal. (nome, enderezo, IBAN, etc.)

 

SORTEO DUN EXEMPLAR DO CATÁLOGO UNIVERSAL. Como xa ven sendo habitual, con cada reserva realizada, e como mostra do noso agradecemento polo voso inquebrantable apoio e cariño a Laxeiro, entregarase un resgardo numerado que ofrecerá a posibilidade de participar no sorteo dun exemplar do Catálogo Universal de Laxeiro que se efectuará na sobremesa.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo