Comezan as actividades didácticas na Fundación Laxeiro

02.09.2011

Escolares de Ed. Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos.
Luns e mércores en horario de mañán.
Reservas: info@laxeiro.es tlf: 986-43 84 75
Programa patrocinado pola Deputación de Pontevedra

Comeza o curso tamén na Fundación Laxeiro, reanudando as actividades para escolares que, co título xenérico “Coñece a Laxeiro” van destinadas a Centros educativos da Comunidade Autónoma.

Para participar, os centros deben contactar coa Fundación Laxeiro no tlf: 986-43 84 75 en horario de mañá ou enviando un correo electrónico a info@laxeiro.es. As prazas cóbrense de contado, polo que recomendamos aos interesados que non se demoren nas súas reservas. A actividade é totalmente gratuita e os rapaces e rapazas participantes reciben un agasallo que, este curso, terá ademais unha sorpresa.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo