Ciclo de cine: O fantástico de andar por casa

14.10.2002- 18.10.2002

Produce: Fundación Laxeiro
Directora: Elena Fernández de Prada
14-18 de outubro de 2002
Autidotio Centro Cultural Caixanova
Colabora: Alianza Francesa, Caixanova

O FANTÁSTICO DE ANDAR POR CASA

Presentación
“Cine fantástico de autor”
Cando falamos de cine de ciencia ficción no seu sentido máis popular, a todos nos veñen á mente títulos como “Godzilla”, “A guerra das galaxias”, “Viaxe á lúa”, “Blade Runner” ou “Nosferatu”. Mundos futuros e fenómenos paranormais cheos de espectaculares e custosos efectos especiais. Isto ten pouco que ver co París que Godard converte en Alphaville, cidade do futuro dominada por unha misteriosa máquina Alpha 60, da que só vemos un ventilador cun sinxelo pero inquietante xogo de luces e voces distorsionadas. Esta particular e caseira visión do xénero fantástico permítenos meternos no denominado “cine de autor” dos anos sesenta fronte do “cine de productor” ou comercial, asociado ás produccións máis custosas da industria cinematográfica.

Directores como Godard, Resnais e Chris Marker en Francia, Buñuel entre México, Francia e España, Pasolini en Italia ou Dreyer en Dinamarca, compoñen un mosaico suficientemente significativo e case coetáneo do chamado novo cine, que transforma as convencións cinematográficas clásicas, con setenta anos de tradición.

Fracturas, saltos, distanciamento, interpretación da representación, posta en escena co menor grao de implicación posible. A intención non é facer un estudio pormenorizado dos recursos estilísticos de cada autor pero si aproximarnos a eles e ás inquedanzas dunha época que sentará as bases do cinema moderno. Todos eles descobren outra faceta do realismo, aquela que resulta de contemplar as cousas desde un novo punto de vista e propoñen unha particular visión e ampliación do que chamamos cine fantástico.

PROGRAMA
Luns 14/ Outubro
La Jetée, 1962. Cris Marker. Francia
Lemmy Caution contra Alphaville, 1965. Godard. Francia
Martes 15/ outubro
Teorema. Pier Paolo Pasolini. Italia
Mércores 16/ outubro
Vampyr. Dreyer
Xoves 17/ Outubro
El angel exterminador. Buñuel. España
Venres 18/ Outubro
Providence, Alain Resnais. Francia

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo