Destacado
LA CUEVA DE LOS SUEÑOS a+luz

Círculos de confusión. Valentín González. 26 de maio-25 de xuño

Por primeira vez, o fotógrafo Valentín González (Xixón, 1955), presenta o seu traballo en Galicia. Baixo o título Círculos de confusión, reúne unha selección de trinta obras que ilustran o percorrido creativo emprendido por este singular artista, hai máis de vinte anos.

Alrededores del bosque de Nemi 2, 2005. Acrílico sobre tea.

Exposición “Anomia” de Rosa Úbeda. 13 de maio – 10 de xullo de 2016

Rosa Úbeda (Pontevedra, 1958) presenta na Fundación Laxeiro de Vigo a exposición individual titulada Anomia, un proxecto no que a través dunha selección de obras de diferentes épocas, a artista propón un percorrido pola sintaxe da súa linguaxe pictórica, caracterizada pola mestura de códigos sen máis regras que a súa persoal forma de comunicar. A artista non expoñía en Vigo de forma individual, dende 2005.

invitación

Presentación do libro “La luz estremecida” de Pedro Burgos Montero

A editorial Discursiva presenta na Fundación Laxeiro a súa última publicación, un poemario titulado “La luz estremecida” con haikus de Pedro Burgos Montero e ilustracións de Amelia Palacios. A cita srá na Fundación Laxeiro, o venres, 29 de abril ás 20.00h

IMG_0476 (medios)

Amancio Prada, Premio Laxeiro 2016

O galardón foi entregado ao artista polo Presidente da Fundación Laxeiro e Alcalde de Vigo, Abel Caballero, na comida homenaxe a Laxeiro que se celebrou o 19 de febreiro no restaurante Puerta 98 de Vigo

Grabado Orozco Foto 02 internet

Comida Homenaxe a Laxeiro – 13ª Edición Premio Laxeiro

Fai a túa reserva! Venres, 19 de febreiro, 14.30h. Restaurante Puerta 98 (antigo Puesto Piloto). Alcabre, Vigo. Cuberto: 35€. Reservas: tlf: 986-43 84 75, info@laxeiro.es antes do 16 de febreiro

imaxe: La Voz de Galicia. Eduardo Pérez

Falece o escritor Xosé Neira Vilas, Premio Laxeiro 2010

Falece o escritor Xosé Neira Vilas, autor entre outros de Memorias dun neno labrego e Premio Laxeiro 2010

recorte

As partículas da felicidade. Subimos algunha imaxes do concerto

Subimos algunhas imaxes do concerto que o 26 de novembro de 2015, deron Angélica V. Salvi e Miguel Carvalhais na Fundación Laxeiro, dentro da terceira edición do Festival VertixeVigo15.

vertixe2015cartel (1)

Concerto: As partículas da felicidade. Angélica V. Salvi – Miguel Carvalhais

vertixeVIGO15 recala na Fundación Laxeiro cun programa de arpa e electrónica que fará incursións no mundo do jazz, a música experimental, a música para danza e as bandas sonoras de serie B

oroza-en-madrid recorte

Carlos Oroza. In memoriam

O sábado, 21 de novembro faleceu o xenial poeta viveirense, aos 93 anos, deixando tras de si unha obra irrepetible na que a palabra falada foi sempre a protagonista da súa poesía

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo