Luís Seoane. 13 estampas da traizón. 80 anos da súa publicación

A Fundación Laxeiro inaugura a exposición titulada 13 estampas da traizón. 80 anos da súa publicación. Un proxecto producido pola Fundación Luís Seoane que, despois de verse na súa sé n’A Coruña, viaxa agora a Vigo onde se poderá visitar ata o 24 de febreiro.

Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa

A Fundación Laxeiro presenta unha exposición na que, por primeira vez se poden ver todas as viñetas humorísticas que Laxeiro publicou na prensa, en concreto nos xornais El pueblo gallego e Faro de Vigo, nos anos 1928, 1929 e 1930. Co gallo da exposición, a editorial Laiovento, publica o libro homónimo, no que reproduce a totalidade das viñetas (corenta e nove) acompañadas ademais con textos asinados por Manuel Igrexas, Félix Caballero e Javier Pérez Buján.

Laxeiro sobre papel. Museo Municipal de Ourense, ata o 4 de febreiro

O museo Municipal de Ourense, mostra ata o 4 de febreiro, unha escolma de corenta o cinco debuxos de Laxeiro, a meirande parte, datados nas décadas dos anos trinta e corenta, a través dos que se pode ver a súa evolución estilística e o seu especial talento para o debuxo

Xa o fixo. Xabier Correa Corredoira rematou o seu diálogo pictórico con Laxeiro

Xabier Correa Corredoira cumpriu coa súa promesa. Realizou en dous días, o luns, 16 e o martes, 17 de outubro, a súa persoal versión do Trasmundo que Laxeiro pintara en 1946

Laxeiro en tres tempos. Fundación Exponav, Ferrol

A obra de Laxeiro visita Ferrol da man da Fundación Laxeiro. A cita será o venres, 14 de xullo na Fundación Exponav. A mostra poderá visitarse ata o 10 de setembro.

Laxeiro en conversa. Un diálogo con artistas galegos contemporáneos

Afundación presenta este proxecto en colaboración coa Fundación Laxeiro no que se ofrece un diálogo múltiple entre a obra do Laxeiro máis experimental dos anos sesenta, coa obra de vinte e dous artistas galegos, pertencente ás coleccións Afundación, ABANCA, datadas a partir dos anos oitenta.

Sistemas dinámicos de Samuel Castro

O artista Samuel Castro (A Coruña, 1981) presenta “Sistemas dinámicos” na Fundación Laxeiro, a súa primeiroa exposición individual en Vigo, en la que propón unha reflexión sobre as diferentes concepcións do Tempo, baseada na idea do cambio permanente ao que a arte non é allea.

Mutación inducida, Silverio Rivas

O escultor Silverio Rivas (Ponteareas, 1942) presenta Mutación inducida na Fundación Laxeiro, unha serie de traballos de pequeno formato que dan unha visión moi diferente da obra do artista, coñecido principalmente pola súa escultura pública de carácter monumental.

Laxeiro sobre papel

Como froito do traballo de investigación que a Fundación Laxeiro leva desenvolvendo durante todo o ano, este verán poderá visitarse unha exquisita exposición formada por trece pezas inéditas sobre papel, a maioría dos anos trinta.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo