Últimas novas publicadas

Proxecto incendios. Miguel Mosquera

A Fundación Laxeiro presenta este proxecto de Miguel Mosquera (Ourense, 1953), no que se fai eco da vaga de incendios que asolaron o sur de Galicia en outubro de 2017. O artista chama á reflexión sobre esta problemática que parece definir un aspecto da relación da poboación co territorio.

Colección permanente, sete novas incorporacións

A Fundación Laxeiro presenta sete incorporacións á Colección permanente,procedentes de coleccións privadas que, pola súa singularidade, e o carácter inédito dalgunha das obras, completan un percorrido fascinante pola traxectoria de Laxeiro ao longo de máis sesenta anos de carreira.

Acción Laxeiro. Un proxecto de Xurxo Lobato

A Fundación Laxeiro remata o Ano Laxeiro con esta exposición que documenta a acción que Laxeiro levou a cabo, en 1987, na compostelá Galería Trinta, na que, o día da inauguración dunha exposición súa, pintou en directo a obra titulada Aparición, un magnífico óleo sobre tea de 176 x 146 cm.

Laxeiro e a arte da súa época. MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, quere culminar o ano Laxeiro, que finaliza en abril de 2023, coa exposición titulada “LAXEIRO e a arte da súa época”, unha mostra de produción propia comisariada polo director do Museo, Miguel Fernández-Cid.

Premio Laxeiro 2023: Xesús Alonso Montero

O padroado da Fundación Laxeiro, na Reunión Anual Ordinaria do 30 de novembro de 2022, acordou, por aclamación, outorgar o Premio Laxeiro 2023 a Xesús Alonso Montero

Un poema para Laxeiro

Un poema para Laxeiro. Barreiro / Pulido

A Fundación Laxeiro continúa coas súas actividades no marco do Ano Laxeiro, con motivo do acordo da Real Academia Galega de Belas Artes de dedicar a Laxeiro o Día das Artes 2022. Neste caso, cun proxecto expositivo no que dous artistas vinculados ao pintor, como José M. Barreiro (Forcarei, Pontevedra, 1940) e Antón Pulido (Amoeiro, Ourense, 1944), réndenlle homenaxe nunha exposición conxunta.

Laxeiro descoñecido II. Obras inéditas de segunda época

Dentro das actividades programadas no Ano Laxeiro, con motivo do acordo da Real Academia Galega de Belas Artes de dedicar a Laxeiro o Día das Artes 2022, a Fundación Laxeiro ofrece a segunda achega da serie titulada Laxeiro Descoñecido, que continúa mostrando unha pequena parte do traballo de investigación e localización de obra que a Fundación Laxeiro vén desenvolvendo dende o seu inicio.

Laxeiro, sempre Laxeiro, un documental de Emilio J. Fernández financiado polo concello de Lalín e a Xunta de Galicia

Un retrato do home e do artista, realizado por Emilio J. Fernández, a través de diversas entrevistas e documentación sobre o pintor

Xornada: Laxeiro, revisando a nosa arte

Un acxhegamento á obra de Laxeiro dende tres ópticas diferentes

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo