Bolsas Feima-Fundación Laxeiro á Creación Artística.

01.06.2008- 01.11.2008
Convocatoria 2008
1º Premio:
3.000 euros
3.000 euros para producción de obra
2.000 euros adquisición de obra.
exposición do proxecto
catálogo

2 premios adquisición obra. 2.000 euros C/U
Convocatoria patrocinada pola Fundación Feima

BASES
BOLSAS FEIMA – FUNDACIÓN LAXEIRO Á CREACIÓN ARTÍSTICA

1. Convócanse axudas á creación artística destiñadas a artistas plásticos nados ou residentes en Galicia, menores de 36 anos ó final do prazo da presente convocatoria.

2. TIPOS DE BOLSAS E CONTÍAS
2.1. As Axudas constarán dos seguintes apartados:
2.1.1. Un gañador da Bolsa que será destinatario de:
2.1.1.1. Un premio de 3.000 euros.
2.1.1.2. Unha axuda de 3.000 euros para producción de obra
2.1.1.3. Exposición do proxecto gañador en:
2.1.1.3.1. A sede da Fundación Laxeiro en Vigo.
2.1.1.3.2. A sede da Fundación Feima en Madrid.
2.1.1.3.3. Adquisición de obra por importe de 2.000 euros
2.1.1.3.4. Edición dun catálogo no que se recollerá a totalidade da
Súa producción ata o momento.

2.1.2. Haberá 2 proxectos finalistas a cuxos autores se premiará con sendas bolsas adquisición de obra, por importe de 2.000 euros cada un.

3. FORMA DE PAGAMENTO
3.1. DOTACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO GAÑADOR
3.1.1. O pagamento da dotación económica da bolsa farase efectivo do seguinte modo:
3.1.1.2. 50% no momento da comunicación pública da identidade da persoa seleccioada.
3.1.1. 3. 50% restante no momento da inauguración da exposición do proxecto presentado, obxecto da concesión da presente axuda.

3.2. AXUDA Á PRODUCCIÓN

3.2.1. Os pagamentos de axuda a producción realizaranse previa presentación de facturas xustificantes de gasto necesario para realizar obra correspondiente ó proxecto gañador que formará parte da exposición a realizar.

3.3. ADQUISICIÓN DE OBRA

3.3.1. Os pagamentos correspondentes a Adquisición de obra, realizaranse unha vez que a Organización elixa as obras que desexa adquirir.

3.4. Os pagamentos efectuaranse a través de transferencia bancaria á conta que determine a persoa beneficiaria, ou cheque nominal e estarán suxeitos á normativa fiscal que lle corresponda, para o que será obrigado para os beneficiarios, presentar factura na que se especifique o concepto, o importe e o comprador.

4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Para optar a esta Axuda, os aspirantes deberán presentar a seguinte documentación, antes do 01 de novembro de 2008, na sede da Fundación Laxeiro, R/Policarpo Sanz, 15, 3º. 36201 Vigo, especificando no sobre “Bolsas á creación artística”.

4.1. Administrativa

4.1.1. Datos de identificación e contacto: nome, apelidos, nome artístico, enderezo
completo, teléfono de contacto e correo electrónico.
4.1.2. Acreditación de ter nacido ou ser residente na Comunidade Autónoma Galega.
4.1.3. Fotocopia compulsada do DNI ou pasaporte e, no caso de extranxeiros,
deberán presentar o permiso de residencia en España, así como acreditación que documente a súa residencia en Galicia.
4.1.4. Escrito de aceptación expresa das presentes bases
4.1.5. Acreditación documental mediante certificacións das correspondentes
administracións ou declaración xurada de estar ó corrente nas obrigas tributarias e de Seguridade Social.
4.2. Artística.
4.2.1. Currículum profesional, artístico e académico, onde se indiquen os estudos e outras
actividades desenvolvidas (exposicións, premios, publicacións, bolsas, etc.).
4.2.2. Memoria pormenorizada do traballo artítisco que pretende realizar, con especificación
dos seus fins, medios e prazos de execución en soporte escrito, fotográfico ou informático.
4.2.3. Documentación fotográfica sobre dez obras do artista solicitante, consistente en
fotografías a cor en soporte diapositiva ou papel (tamaño 18×24 cm.) ou en soporte dixital, con indicación exacta das características das obras que contengan: título, data, técnica e dimensións ou duración, en caso de traballos videográficos, así como o seu valor económico
4.2.4. O proxecto presentado deberá adecuarse ás características da Sala de Exposicións
temporais da Fundación Laxeiro (Sala B. Terceiro Piso da Casa das Artes de Vigo, R/Policarpo Sanz, 15, 3º)
4.2.5. Toda a documentación referida nos apartados 3.1. e 3.2. deberá presentarse nunha
carpeta tamaño A4. Ademais, o apartado 4.2.1; y el texto do apartado 4.2.2.; en word.
5. Deberes do/a gañador/a
5.1. A persoa gañadora exporá o seu proxecto na sede da Fundación Laxeiro, dentro da súa
programación de exposicións temporais, ó seguinte ano ó da concesión da axuda, coa conseguinte edición do catálogo da mesma.
5.2. A persoa gañadora doará unha obra das expostas, así como os dereitos de exhibición e comunicación
pública, á Fundación Laxeiro, elixida polo Xurado ou Comisión de seguemento, para que pase a formar parte dos seus fondos.

6. COMPOSICIÓN E COMPETENCIAS DO XURADO

6.1. O Xurado estará presidido polo Sr. Presidente da Fundación Laxeiro ou en quen delegue e
se comporá ademais por varios membros elexidos pola Fundación Laxeiro e a Fundación Feima; entre os que figurará a persoa gañadora da Bolsa na súa edición anterior. Ademais de artistas, especialistas, críticos/as ou expertos/as de recoñecida solvencia no eido da arte contemporánea. Como Secretario actuará un dos membros do Xurado que será elexido na primeira reunión que se realice. O Xurado, ao emitir o seu fallo, elexirá de entre os seus membros unha comisicón para o seguemento dos traballos do/a artista gañador/a, para seleccioar a obra que cederá o/a beneficiario/a da Axuda e para cumplir as demais funcións que se lle asignan nas presentes bases.

6.2. O Xurado terá a facultade de declarar deserta esta convocatoria se estimara que ningún
dos proxectos presentados fora adecuado.

6.3. A decisión do Xurado será inapelable

7. CONSIDERACIÓN ÚLTIMA

6.1. A participación na presente convocatoria, implica a aceptación de todas e cada unha das súas bases.

En Vigo, a 1 de xuño de 2008.

Javier Pérez Buján
Director da Fundación Laxeiro

+ Bolsas

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo