Fundación Laxeiro

Obradoiro: A arte do sexo, sexualidade, creación e xénero

Días 13, 15, 15 de novembro, de 18.15h a 20.45h. Inscrición gratuíta, prazas limitadas por rigorosa orde de inscrición en: https://bubela.uvigo.es/curso/3139

Unha conversa con Paulo Bruscky, por Jorge Blasco

o artista brasileiro manterá unha conversa co comisario e investigador Jorge Blasco que xirará en torno ao concepto de Xeroperformance, as tecnoloxías xerográficas e a revisión do concepto de autoría

Xa o fixo. Xabier Correa Corredoira rematou o seu diálogo pictórico con Laxeiro

Xabier Correa Corredoira cumpriu coa súa promesa. Realizou en dous días, o luns, 16 e o martes, 17 de outubro, a súa persoal versión do Trasmundo que Laxeiro pintara en 1946

Acción pictórica: Xabier Correa Corredoira interpreta a obra Trasmundo que Laxeiro pintara en 1946

Xabier Correa Corredoira dialogará con Laxeiro a través dunha acción pictórica na que interpretará o Trasmundo, unha das obras máis emblemáticas de Laxeiro, pintada en 1946.

Falece o artista vigués Pedro Solveira

Falece aos 85 anos o artista vigués Pedro Solveira. Dende a Fundación Laxeiro lamentamos esta perda e sumámonos á dor da súa familia

Deixounos Carlos Álverez, propietario da taberna Eligio

O pasado venres, 11 de agosto falecía Carlos Álvarez, propietario da taberna “Eligio” en Vigo, un local de referencia na vida cultural da cidade dos anos sesenta, setenta e oitenta e unha persoa entrañable, xenerosa e discreta

Laxeiro en tres tempos. Fundación Exponav, Ferrol

A obra de Laxeiro visita Ferrol da man da Fundación Laxeiro. A cita será o venres, 14 de xullo na Fundación Exponav. A mostra poderá visitarse ata o 10 de setembro.

O retrato de Sibilia. Unha lectura dramatizada sobre a obra de Maruja Mallo

A Asociación Cultural O Castro e a Revista Galega de Teatro presentan unha obra que homenaxea a figura de Maruja Mallo

Laxeiro en conversa. Un diálogo con artistas galegos contemporáneos

Afundación presenta este proxecto en colaboración coa Fundación Laxeiro no que se ofrece un diálogo múltiple entre a obra do Laxeiro máis experimental dos anos sesenta, coa obra de vinte e dous artistas galegos, pertencente ás coleccións Afundación, ABANCA, datadas a partir dos anos oitenta.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo