As partículas da felicidade. Subimos algunha imaxes do concerto

As obras de Laxeiro, pertencentes á Colección permanente dialogaron coa música de Kaija Saariaho, Eric Chasalow, María José Belenguer e Fuzzy, nunha magnífica interpretación de Angélica V. Salvi e Miguel Carvalhais que interviron as partituras orixinais con sons electrónicos, ofrecendo novas lecturas de obras interpretadas nunha velada irrepetible que, baixo o título As partículas da felicidade, foi unha das propostas da III Edición do festival VertixeVigo15.

IMG_9320 (1) IMG_9324 IMG_9326 IMG_9331 IMG_9332

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo