Paulatinamente iremos colgando a catalogación completa de obras de Laxeiro que foron incluídas nas nosas exposicións. O feito de ter catalogada con detalle tódala obra de Laxeiro, permítenos ofrecer ao noso público a posibilidade de acceder ás imaxes e a unha completa ficha técnica das obras que foron utilizadas nas diversas exposicións levadas a cabo nestes anos sobre diferentes aspectos da produción artística do mestre.
Para empezar, xa están dispoñibles as obras das exposicións:
Colección permanente da Fundación Laxeiro. Formada por 64 obras de tódalas épocas que Laxeiro doou á cidade de Vigo, esta colección exhíbese de forma permanente durante todo o ano na sede da Fundación Laxeiro en Vigo e nela desenvólvense actividades didácticas e visitas guiadas baixo reserva. Ver máis información sobre a Colección permanente aquí. Publicación da exposición
Laxeiro nas coleccións privadas. Comisaria: Lourdes Martínez Sapiña. Fundación Laxeiro, 20/07/09 – 06/09/2007. Un proxecto no que a comisaria seleccionou obras pouco coñecidas ou inéditas da obra de Laxeiro, co fin de amosalas ao público e dalas a coñecer. Ver máis información sobre Laxeiro nas coleccións privadas aquí.
Laxeiro, cosmoloxías. Comisario: Javier Pérez Buján. Capela de Santa María, Lugo. Un proxecto que consistiu na selección de obras nas que Laxeiro retrataba personaxes singulares, ás veces de ficción, ás veces reais e que, no seu conxunto van trazando unha determinada visión do mundo a partir dun particularísimo mapa humano. Ver más información sobre Laxeiro, Cosmoloxías aquí. Publicación da exposición
O Laxeiro informalista na Colección Alcalde-Varela. Comisario: Javier Pérez Buján. Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 2008. Tomando como base a importante colección da familia Alcalde Varela, de Boiro, A Coruña, a Fundación Laxeiro organizou esta exposición, dentro dos actos conmemorativos do centenario do nacemento de Laxeiro. Como indica o título, a exposición centrouse no aspecto informalista da obra de Laxeiro. Ver más información sobre O Laxeiro informalista na Colección Alcalde – Varela aquí. Publicación da exposición
Laxeiro en Buenos Aires. Comisario: Javier Pérez Buján. MNBA, Museo Nacional de Bellas Artes. Buenos Aires. 2006. Unha exposición que revisou en catro apartados, o impacto que a experiencia arxentina causou na obra de Laxeiro. Lonxe de incluír as obras máis emblemáticas do período arxentino, a exposición estivo formada por obras pouco coñecidas e, nalgúns casos, inéditas. Destacan pezas das coleccións do MALBA, o MNBA e o Centro Galego de Bos Aires. Ver máis información sobre Laxeiro en Buenos Aires aquí. Publicación da exposición
Os Laxeiros de Lalín. Comisario: Javier Pérez Buján. Fundación Laxeiro, Vigo, 2000. Por primeira vez púidose ver en Vigo o legado que Laxeiro deixara ao Concello de Lalín. Ver máis información sobre Os Laxeiros de Lalín, aquí. Publicación da exposición
Colección Museo Quiñones de León. Estas obras, xunto coas que forman a Colección permanente da Fundación Laxeiro, completan o legado que o artista deixou á cidade de Vigo.
Laxeiro, el carnaval de las formas. Comisario: Javier Pérez Buján. Instituto Cervantes, Lisboa, 2003. Unha exposición que mostraba a parte máis experimental da obra de Laxeiro. Ver máis información sobre a exposición aquí. Publicación da exposición
Laxeiro: debuxos inéditos I. Comisario: Javier Pérez Buján. Fundación Laxeiro, 2002, Museo Ramón María Aller, 2003. Esta foi a primeira achega da serie que, co título xenérico “Laxeiro: debuxos inéditos” mostrou durante varias edicións traballos sobre papel localizados pola Fundación Laxeiro dutante o seu traballo de catalogación e experticación. Ver máis información sobre a exposición aquí. Ver Catálogo da exposición
Laxeiro: debuxos inéditos II. Comisario: Javier Pérez Buján. Fundación Laxeiro, 2003. Máis información sobre a exposición aquí. Ver catálogo da exposición
Laxeiro: debuxos inéditos III. Comisario: Javier Pérez Buján. Fundación Laxeiro, 2005. Máis información sobre a exposición aquí. Ver catálogo da exposición
Laxeiro: debuxos inéditos IV. Comisario: Javier Pérez Buján. Fundación Laxeiro, 2006-2007. Ver catálogo da exposición