Arquitecturas. José L. Loureiro

24.05.2002 – 30.06.2002
Instalación. Sala B. Fundación Laxeiro
Comisaria: Susana Cendán

José L. González Loureiro, 1943. Sedes (Narón) A Coruña. Presenta en Vigo, na sede da Fundación Laxeiro a instalación que, co título Arquitecturas é un achegamento do pintor ó mundo das tres dimensións, cunha proposta na que imaxina unha cidade de proporcións desmesuradas (as alturas dalgún dos edificios rondan os 1.000 metros) inda que actualmente tecnolóxicamente posible, según o propio artista.

Arquitecturas preséntase como dí Susana Cendán, a comisaria da mostra: “en contra do natural entendemento da cidade como unha obra do tempo, como unha inmensa colaxe na que a historia vai imprimindo progresivamente a súa pegada, a megacidade de Loureiro nace sen a fatigosa carga de pensar no xa existente, como unha nova Brasilia onde o arquitecto pode proxectar libremente partindo da nada. (…). Proxectar desde a ausencia constitúe a mellor das opcións para construír un futuro máis esperanzador no que a viaxe iniciática ás entrañas da urbe, sexa máis unha invitación ó coñecemento que ó rexeitamento”.

Con esta exposición, Loureiro o pintor, o traballador minucioso do lenzo, das dúas dimensións, os pinceis, os pigmentos, as texturas, a cor…; ós seus case sesenta anos, inicia un camiño novo, preto do escultórico, do arquitectónico, producto de todala súa traxectoria e resposta á vez, ás inquedanzas e problemas foramis e narrativos ós que o artista leva buscando resposta desde os seus primeiros traballos.

Se na súa primeira época, a paisaxe foi protagonista da súa obra, con Arquitecturas, Loureiro adéntrase na paisaxe urbana dun xeito imaxinativo, case lúdico, coa licencia do artista plástico, collendo o mellor do traballo arquitectónico, a faciana máis creativa e, aventurándose nun novo camiño na súa traxectoria: as tres dimensións.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo