Ficha técnica:
Antón Cabaleiro, obra 2001-2005
Ed. Fundación Laxeiro
Textos: Cabaleiro, A., Vozmediano, E.
Idiomas: galego, castelán e inglés
nº. páx: 154 páxinas
nº de imaxes: 78 cuatricromía
Medidas: 15 x 23 cm.
Encadernación en rústica con gardas
ISBN: 84-933-756-2-4
PVP: 20 €
amigos platino: 14 €
amigos ouro: 17 €
Gañador da Bolsa Fundación Laxeiro á creación artística, co proxecto titulado Coexistencias pacífidas, Antón Cabaleiro (Santiago de Compostela, 1977) realizou o que foi o seu primeiro proxecto expositivo individual para o que se editou esta publciación que recolle, ademais das obras da exposición, toda a produción do artista no período 2001-2005, seguindo coa política de difusión da obra dos artistas emerxentes, a Fundación Laxeiro aposta pola edición de publicacións que mostren de forma detallada e ampla, o seu universo creativo. A publicación vai acompañada dun texto crítico de Elena Vozmediano que aporta claves para entender o traballo do artista compostelano que actualmente reside en Nova York. A publicación convértese así nun libro de consulta exaustiva para coñecer a obra de Cabaleiro.