Airas ensemble en concerto, sábado, 14 de xaneiro, 19.00h

AIRAS ENSEMBLE EN CONCERTO

 SÁBADO, 14 DE XANEIRO, 19.00h

Entrada gratuíta ata completar aforo

 PROGRAMA

Jesús Bal y Gay
Divertimento para cuarteto de maderas

Allegro moderato

Allegro vivo

———-

Darius Milhaud
La Cheminée du roi René op.205

Cortège
Aubade
Madrigal – Nocturne

O Airas ensemble é un quinteto de vento, formado por solistas galegos, procedentes da NDR Radiophilharmonie Hannover, Bilbo Orkestra Sinfónika, European Chamber Players, Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra 430 de Vigo.

O proxecto nace en 2011, co propósito de difundir a música camerística de vento, principalmente do século XX, tratando de mostrar as posibilidades sonoras dos instrumentos de vento e conseguindo así unha interesante variedade de estilos e resultados tímbricos que, ás veces combinan con outros instrumentos como o piano, como sucedeu recentemente coa colaboración co pianista Enrique Bagaría, gañador do Premio María Canals de Barcelona.

Habituais dos principais ciclos de música de cámara nacionais e internacionais, é na música do século XX onde esta formación se atopa máis cómoda, debido á ampliación das posibilidades sonoras dos seus respectivos instrumentos.

A gravación da composición de Bal y Bay peza do compositor galego, supón unha auténtica primicia, debido a que é a primeira vez que se rexistra fonográficamente, a partir da partitura manuscrita do autor, que se conserva na Residencia de Estudiantes de Madrid, debido a que a peza permanece sen editar.

ELENCO

Roberto  Baltar (Oboe).

Julia Estévez (Frauta).

Alfredo Varela (Trompa).

Beatriz López (Clarinete).

Santiago López (Fagot).

 

O concerto terá lugar nunha das salas que albergan a Colección permanente da Fundación Laxeiro.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo