Actividades didácticas

Coñece a Laxeiro é unha experiencia de familiarización coa obra deste artista imprescindible da nosa Vangarda histórica e, da súa man, cos descubrimentos máis significativos da arte do século XX, deseñada para rapaces e rapazas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Coñece a Laxeiro está pensada como unha actividade formativa transversal que, ademais de coñecementos plásticos, aporta nocións de coñecemento do medio e coñecemento da nosa cultura e a nosa lingua.

 O alumnado, apoiado por unha serie de fichas didácticas adaptadas por idades, fai en primeiro lugar unha visita guiada á Colección permanente, formada por un total de 64 obras do xenial artista, que van dende os anos trinta ós anos oitenta, e que contempla tanto a súa faceta de debuxante como a de pintor, o que a converte na máis importante colección institucional de obra de Laxeiro.

Nas nosas instalacións contamos ademais cun obradoiro, o Espazo azul, onde os rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primaria aprenden xogando. O alumnado dos ciclos superiores, contará cun Soporte audiovisual como complemento á visita ás salas, de maneira que poidan comprender a importancia que tivo a obra de Laxeiro e os seus contemporáneos para a arte galega.

 Coñece a Laxeiro compleméntase co Guión do profesor que posibilita preparar ó alumnado antes da actividade e seguir traballando na clase a figura de Laxeiro durante, polo menos, dúas semanas.

A actividade é totalmente gratuíta e ademais conta con regalos como unha preciosa carpeta decorada cunha obra da Colección permanente para cada participante e, para os profesores de Educación Infantil e o alumnado de Educación Primaria,  un precioso libro para colorear, no que se conta a vida de Laxeiro, ilustrado polo Premio Nacional de Ilustración, Federico Fernández.

Para participar nestas actividades, só ten que marcar o tlf: 986-43 84 75 en horario de 10:00 a 14:00 h.  e reservar unha data ou dirixirse a info@laxeiro.es

Coñece a Laxeiro é unha actividade patrocinada polo Concello de Vigo e a Fundación Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo