Día Internacional dos Museos

Dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) invita aos museos do mundo enteiro a celebrar o Día Internacional dos Museos, creado para promover o interese polas actividades destes equipamentos culturais. O lema para o DIM 2014 é Os vínculos creados polas coleccións dos museos, que pretende facer unha revisión da relación do museo co público. O museo ten unha responsabilidade como conservador e transmisor do patrimonio cultural do territorio e neste contexto é no que se insire o Día internacional dos Museos.

 

A Fundación Laxeiro, como parte da Rede municipal de museos, sumarase a esta celebración cunha programación especial na fin de semana do 16 ao 18 de maio, datas nas que se ampliarán os horarios do seguinte xeito:

 

  • Sábado 17.- De 11.00h. a 14.00h. e de 18.00h. a 01,00h. (Noite Europea dos Museos)
  • Domingo 18.- De 11.00h. a 14.00h. e de 18,00 h. a 21,00h.

 

As actividades programadas consistirán na proxección ininterrompida da obra titulada Trasmundo do artista Diego Santomé. Unha videocreación en monocanle que está inspirada na obra de Laxeiro do mesmo título, pintada en 1946, unha das máis salientables da súa carreira, e que forma parte da Colección permanente. As dúas pezas poderán verse ao mesmo tempo: a obra pictórica, colgada na colección permanente e o vídeo reproducido nun monitor ao carón da peza de Laxeiro.

 

O público infantil tamén terá o seu lugar nas actividades programadas pola Fundación Laxeiro para ese día, coa proxección das ilustracións que conforman o libro titulado As aventuras de Laxeiro realizadas polo Premio Nacional de Ilustración Federico Fernández, cun sinxelo texto de Javier Pérez Buján, que relata en clave infantil, a apaixonante vida do pintor.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo