Actividades didácticas: Coñece a Laxeiro

Unha experiencia pedagóxica levada adiante en colaboración co colectivo educativo na que participan anualmente unha media de 3.000 estudantes de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos.

Que son as nosas actividades didácticas?

Coñece a Laxeiro é unha iniciativa que a Fundación Laxeiro leva desenvolvendo desde o ano 2002. Unha experiencia que, baseada nas obras de Laxeiro que se atopan na Colección permanente, establece liñas de coñecemento da arte do século XX dun xeito transversal, no que, ademais de contidos artísticos, o alumnado recebe nocións de coñecemento do medio e lengua galega, nunha combinación de teoría e práctica, estudada para cada nivel educativo

Nestes dez anos de actividade continuada, as nosas actividades didácticas son xa un clásico na oferta educativa da provincia.

Autoavaliación e mellora continua

As actividades levan implementado un sistema de autoavialiación, mediante unha sinxela enquisa que se lle entraga ao profesorado ao final da actividade. Deste xeito, é posible para nós detectar posibles carencias ou novas demandas do colectivo educativo que contribúen a que a actividade experimente un cambio continuo e unha mellora permanente.

Agasallos para todos

Todo o alumnado e profesorado participante na actividade, leva para casa, totalmente de balde, unha bonita carpeta decorada a partir dunha das obras da Colección permanente, a titulada Os deuses.

As aventuras de Laxeiro. Ademais os rapaces de Educación Primaria, levan un divertido libro para colorear titulado As aventuras de Laxeiro, ilustrado por Federico Fernández, Premio Nacional de Ilustración.

Como participar

Para participar neste programa, é imprescindible poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro, chamando ao teléfono 986-43 84 75 en horario de 9.00h. a 14.00h. ou mediante correo electrónico: info@laxeiro.org

Esta actividade é totalmente gratuíta.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo