A selva de Alicia. Armindo Salgueiro

23.02.2000-02.04.2000
Sala B. Fundación Laxeiro
Comisario: Antón Castro

Con esta exposición, comisariada polo patrono da Fundación e profesor da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, D. Antón Castro, a Fundación Laxeiro iniciaba a súa andaina programática, xusto un ano despois da súa constitución como entidade con personalidade xurídica propia.

Armindo Salgueiro, un xove e prometedor artista de Lalín, podía así amosa-lo seu intersantísimo traballo na cidade de Vigo co apoio da Fundación. Unha proposta que significou a presentación pública da Fundación Laxeiro e un espaldarazo importante na traxectoria do artista Armindo Salgueiro.

A exposición de Armindo Salgueiro, significou un claro posicionamento dos criterios a seguir pola Fundación Laxeiro en canto á elección das exposicións para a súa programación: propostas de arte contemporáneo que polas súas características formais ou polo propio concecpto da exposición, difícilemente tiñan cabida noutros espazos expositivos, tentando así cobrir aspectos desatendidos na oferta cultural, tanto institucional como privada, da cidade de Vigo.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo