A.R. PENCK. Pinturas

6.07.2002 – 01.09.2002
Sala B. Fundación Laxeiro
Comisario: Javier Pérez Buján
En colaboración coa Galería Fernando Santos, Oporto. Portugal
Primeira exposición individual en Galicia deste destacado membro dos Novos salvaxes alemáns.

Por primeira vez en Galicia púdose ver unha individual do artista alemán A.R. Penck.

Composta por nove acrílicos sobre tela dos anos 1999 e 2001, con medidas que van desde os 50 x 50 cm. Hasta 1’60 x 1’20 cm, esta exposición mostra como as constantes do discuro de PENCK que o colocaron no panorama artístico mundial do último tercio do século XX, seguen estando presentes na súa producción máis recente. Os seus famosos pictogramas antropomorfos que el difiníu como standars e o seu estilo compositivo, caracterizado por un certo “horror ó valeiro”, e fortes contrastes cromáticos seguen sendo o sinal de identidade do artista xermano.

Ralf Winkler (Dresde, 1939), de nome artístico A.R.Penck, forma parte do grupo de artistas alemáns chamado Novos Salvaxes que nos anos 80 conforma, xunto coa Transvangarda Italiana e os movementos norteamericanos da Bad Painting, Pattern & Decoration e cos pintores novos figurativos con base en Nova York, as primeiras tendencias da postmodernidade artística, caracterizadas por unha revitalización de xéneros tradicionais como a pintura e a escultura, e pola volta á figuración e ós contidos narrativos, expresivos e subxectivos.

Na Alemaña únense a tradición expresionista, a crítica socio-histórica achegada por Joseph Beuys e a deconstrucción dos recursos formais da pintura; neste contexto, Penck presenta unha imaxe esquematizada e expresiva, feita de pictogramas nos que conflúen o primitivismo de raíz antropolóxica, o mundo da cibernética e a estética do grafitti.

Na súa obra vense reminiscencias de Dubuffet e Torres-García, e encóntranse paralelismos con contemporáneos como Haring e Basquiat. Certos momentos da obra de Laxeiro teñen unha evidente afinidade coa de Penck; non é estraño, pois, que ámbolos dous artistas resulten ser referentes fundamentais para o movemento Atlántica, que renovou a plástica galega nos anos 80, conxugando a procura das raíces culturais propias coa apertura cara a un panorama artístico internacional.

Comisariada polo director da Fundación, Javier Buján, o catálogo da exposición vai acompañado dun interesantísimo e extenso texto do crítico portugués Eduardo Paz Barroso, no que o autor fai un percorrido por todala traxectoria de Penck e contextualiza a súa obra no panorama cultural alemán e europeo.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo