A Fundación Laxeiro edita Cartografía do presente, Colección de arte contemporánea Fundación Laxeiro

27.10.2011

A publicación recolle as obras que forman a colección de arte contemporánea da Fundación Laxeiro, formada por 18 obras.

Con motivo da exposición celebrada entre o 18 de setembro e o 10 de xuño de 2011, a Fundación Laxeiro edita este libro que cataloga a todalidade das pezas que forman a súa Colección de arte contemporánea, obras dos autores Guillermo Aymerich, Antón Cabaleiro, Tom Carr, Jorge Castillo, Carmen Chacón, César Galicia, Ángel Garraza, Amaya González Reyes, Elena Mendizábal, Álvaro Negro, Mónica Ortuzar, Eduardo Outeiro, Paco Pestana, Diego Santomé, Belén Uriel, Miguel Vázquez e Mar Vicente. Todos eles artistas que colaboraron en diversos proxectos durante once anos de actividade da Fundación Laxeiro. Esta catalogación de obras, vai acompañada por un texto crítico de Javier Pérez Buján, director artístico da Fundación Laxeiro e comentarios de cada obra, asinados por: Guillermo Aymerich, Ignacio Barcia, David Barro, Pilar Corredoira, Vanesa Díaz, Pablo Giménez, Emilia Guimeráns, Juan Fernando de Laiglesia, Juan Carlos Meana, Elena Mendizábal, Eva Mendoza, Carlos López Bernárdez, Paco Pestana, Marcela Santorum, Anxos Sumai, Elena Vozmediano e Ángel Calvo Ulloa. Podes reservar o teu exemplar poñéndote en contacto coa Fundación Laxeiro.

Podes ver a ficha técnica do libro e o seu precio no seguinte enlace: Cartografía do presente

 

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo