A exposición “Os pasos perdidos” prorroga a súa data de clausura até o 17 de outubro

20.09.2010

Exposición: Os pasos perdidos
Comisario: Ignacio Pérez – Jofre
Artistas: Begoña Ante, Ronda Bautista, Miguel Cuba, Patricia Duarte, Elena Fernández Prada, Juan Loeck, Ignacio Pérez-Jofre
Colabora: Universidade de Vigo 

Elena Fernández. Sen título, 2010

Debido á boa acollida da exposición “Os pasos perdidos” que actualmente se pode ver na Sala B da Fundación Laxeiro, cuxa clausura estaba planificada para o 26 de setembro, a Dirección da Fundación Laxeiro decidiu prorrogar a mesma até o 17 de outubro. Dentro deste período procederase a presentar o catálogo realizado para a exposición, nun acto público no que contaremos co Comisario, o director do grupo de investigación e parte dos artistas participantes. A data e hora será comunicada nesta páxina.

Os pasos perdidos é o resultado do proxecto de investigación Mapa psicoxeográfico do campus de Pontevedra no que, partindo da observación en diversos percorridos levados a cabo polo Campus de Pontevedra, os artistas / investigadores participantes realizaron as diferentes obras que conforman a mostra. Os pasos perdidos segue un método que poderíamos encadrar dentro dos postulados do movemento Situacionista que a principios dos anos sesenta propoñía unha visión da paisaxe, do entorno xeográfico, en relación coa subxectividade de cada individuo, cuestionando así a idea de paisaxe como xénero categorizado pola tradición cultural e ampliando este concepto a partir da reivindicación da psicoloxía individual, nun intento  por “desinstitucionalizar” (política, académica ou económicamente) determinadas construccións culturais e artísticas, como neste caso, acontece coa idea de paisaxe.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo