A exposición “En tránsito” de María Galán viaxa a Oporto

Ficha técnica:

título: En tránsito

Artista: María Galán

Comisario: Javier Pérez Buján

Data de inauguración: sábado, 20 de xuño, 16.00h

Lugar: Casa das artes. r/Rubén A. 210, Oporto

Data de clausura: 5 de xullo

 

María Galán leva o proxecto En tránsito á Casa das Artes de Oporto, Portugal. A exposición que se puido ver na Fundación Laxeiro do 30 de xaneiro ao 5 de abril, amósase agora na Casa das Artes de Oporto con novas obras (como proxecto en proceso que é) que reflicten a paisaxe portuguesa.

 

A reflexión que María Galán fai neste traballo sobre a paisaxe, supón unha interesante revisión do xénero,  dende o Romanticismo ata os nosos días.

Máis información sobre o proxecto

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo