767

18.01.2001 – 17.02.2001
En colaboración coas Fundacións Granell e Seoane e co Museo de arte contemporánea Unión Fenosa

ARTISTAS PARTICIPANTES NA SEDE DA FUNDACIÓN LAXEIRO:
MODESTO FERNÁNDEZ, PAULA MARIÑO, SABELA MARTÍN, BELÉN PADRÓN, GERMÁN PINTOS, MERCEDES VICENTE

7 6 7 é un proxecto no que se vencellan catro institucións galegas que apostan por un apoio ós novos creadores galegos. Trátase do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa e a Fundación Luis Seoane da Coruña, a Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela e a Fundación Laxeiro de Vigo.

Estas catro institucións decidiron participar conxuntamente na exposición 7 6 7. Un proxecto de exposición colectiva con vocación de ubicuidade no que os artistas integrantes do GRUPO 20, ocupan os espacios de Santiago (Fundación Eugenio Granell), A Coruña (Fundación Luis Seoane) e Vigo (Fundación Laxeiro), contando coa colaboración do Museo de Arte contemporánea Unión Fenosa.

O GRUPO 20 nace da coincidencia de vinte artistas xoves nun taller que o prestixioso pintor Juan Genovés impartira en Unión Fenosa no verán do ano 1999. Os alumnos pronto sintonizaron e o tempo foi facendo que comenzaran a traballar en equipo. Unha colaboración que lles une máis pola súa forma de traballar para facer exposicións colectivas, que polos seus propios descursos estéticos. Esta fórmula conxunta de traballo pronto da os seus froitos na exposición que co título Dez + Dez organizou a Casa da Parra en Santiago no ano 2001.

A convivencia entre individualidades ás veces tan diferentes artísticamente, foi contaxiosa, de tal xeito que provocou nas institucións citadas vías de colaboración que posibilitaron a exposición que hoxe presentamos.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo