20 de febreiro. Xantar homenaxe a Laxeiro e Premio Laxeiro 2015

O vindeiro 23 de febreiro, Laxeiro cumpriría 107 anos e, como ven sendo habitual, o Padroado da Fundación Laxeiro sumarase aos amigos, admiradores e colegas do Mestre no xantar que, no restaurante Toñi Vicente (antigo Puesto Piloto) e, ao redor dun lacón con grelos, nos reúne para lembrar a memoria de Laxeiro e compartir unhas horas en agradable compaña. Este ano, por coincidir o día 23 en luns, adiantaremos a comida ao VENRES, 20 DE FEBREIRO DE 2014,  ás 14:30 horas.

 

XII PREMIO LAXEIRO

Antes de comezar o xantar, darase a coñecer o nome da persoa ou institución premiada co Laxeiro 2015, que será elixida na reunión que o Padroado da Fundación Laxeiro celebrará ese mesmo día pola mañá. Con este galardón a Fundación Laxeiro recoñece toda unha traxectoria de traballo a prol da nosa cultura.

 

RESERVAS

ver o menú

O restaurante Toñi Vicente lémbranos que o aforo é limitado e que as inscricións se realizarán por rigorosa orde de reserva, polo que vos pregamos que non o deixedes para última hora, coa fin de podervos ofrecer o servizo e calidade que merecedes. O restaurante Toñi Vicente vai facer, novamente, o esforzo de manter o prezo de 35 € por persoa, como en anos anteriores. Pregámosvos que, para centralizar as reservas e o pagamento, as realicedes a través da Fundación Laxeiro para que, como moi tarde, o 18 de febreiro, o restaurante poida saber exactamente o número de persoas participantes.

 

Por esta razón pregámosvos que, se estades interesad@s en asistir, contactedes coa Fundación Laxeiro antes do 18 de febreiro, indicando o nome de quen realiza a reserva e os nomes e número de comensais, mediante as seguintes vías:

 

Correo electrónico: info@laxeiro.es                     Teléfono 986 43 84 75 (horario de 10:00 a 14:30h)

 

OPCIÓNS DE PAGAMENTO

 

  • Ingreso en conta:

Titular: Fundación Laxeiro

Entidade: ABANCA

IBAN: ES4020805000693040268491 (indicando no concepto: 23-F seguido do teu nome)

 

  • Cargo en conta mediante recibo bancario. Para o que precisamos os datos bancarios de cada

comensal. (nome, enderezo, iban, etc.)

 

 

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo